"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación xurdida en Bos Aires no ano 1909, dirixida por Fortunato Cruces, quen introducía varios relatos narrativos. Reproducíase algún poema de Rosalía e un cadro de costumes dialogado de Laureano Guitián Rubinos titulado Unha noite na casa do tío Farruco do Penedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anuario editado a partir do ano 1763 en Gotha (Turinxia) baixo a protección da duquesa de Saxonia-Gotha. Recolle o estado persoal dos membros de todas as casas soberanas de Europa e, máis tarde, do mundo. Posteriormente ampliouse cunha relación dos altos funcionarios político-administrativos dos estados mundiais.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1865 editada por Soto Freire e continuadora do Almanaque de Galicia. Colaboraron nel Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e outros escritores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe nada en Bos Aires o 6 de febreiro de 1898 como complemento de El Eco de Galicia (1892). Cesou no ano 1927. Fundada e dirixida por Manuel Castro López, contaba coa colaboración de Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Xesús R. López, Lence Santar, Leiras Pulpeiro e Murguía, xunto á participación artística de Asorey e Álvarez de Sotomayor, entre outros. Incluíanse textos en prosa sobre historia, costumismo e sociedade, traducións ao galego de textos bíblicos de Pérez Ballesteros e poesías de Curros, Pondal e Noriega Varela, entre outros. Ademais de partituras, fotografías, reprodución de cadros e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe saída no ano 1909, dirixida e redactada por Adelardo Novo e Casimiro Fernández. Aparecían nel poesías de Francisco Añón, Rosalía, Curros Enríquez, Bieito Losada, García Ferreiro e Adelardo Novo, xunto a unha balada do mestre Chané. Informaba sobre persoeiros galegos en Cuba, agrupacións musicais, a historia das principais institucións galegas na emigración e ofrecía datos sobre as Sociedades de Instrución, cunha conclusión sobre o traballo dos galegos en Cuba nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1909 na cidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero insectívoro semellante a unha rata grande, duns 60 cm de longo. Ten pelame abundante e negro, amarelo na cabeza, o fociño prolongado nunha trompa e as unllas anteriores longas, para cavar. Vive nos bosques da illa de Cuba.
-
PERSOEIRO
Economista. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas pola Universidade de Deusto. Ingresou no PSOE en 1974. Deputado socialista dende 1977. Sendo Ministro de Traballo realizou a primeira reforma da Seguridade Social e como Ministro de Administracións Públicas promoveu un modelo estable de financiación das Comunidades Autónomas. Foi presidente e portavoz do grupo socialista (1994-1996) e dende o 34° Congreso do PSOE (1997) é secretario xeral do partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie forestal de 746 ha, que en 1978 cambiou a declaración de sitio natural de interese nacional, que ostentaba dende 1935 pola de parque natural. A vexetación actual provén principalmente das repoboacións principiadas en 1910 con piñeiros, acacias, cipreses e cedros, e de pequenas manchas de vexetación autóctona. A presenza no parque de gandería cabalar en liberdade permite a celebración cada ano de curros e de rapas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo á personalidade en relación co medio exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aloestesia referida á man.
-
-
Medida agraria que varía entre catro e seis áreas segundo os lugares.
-
Na medida de grans, coas formas tego-tega, equivale a vinte e catro netos en Ourense e a trece ou dezaseis litros, segundo o tipo, noutras zonas de Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo etilénico. A súa nomenclatura sistemática segue as regras das dos grupos alquilo, pero no nome do alqueno correspondente o sufixo -eno é substituído polo sufixo -enilo, e a posición do dobre enlace vén indicada mediante un número.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos hidrocarburos acíclicos que teñen nas súas moléculas un enlace dobre. As súas propiedades son as xerais dos compostos da serie olefínica ( olefina). Os alquenos, de fórmula xeral CnH2n, denomínanse substituíndo no nome do alcano correspondente ao sufixo -ano polo sufixo -eno e indicando, se cómpre, a posición do dobre enlace cun número, o máis pequeno posible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común das plantas do xénero Physalis.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Castelló de la Plana, na Comunitat Valenciana (3.508 h [1996]), segregado do de Vila-real (1985). Ten campos cheos de laranxeiras e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Licor de mesa, moi agradable e excitante, elaborado con canela e que se colorea con quermes.
-
Produto farmacéutico no que intervén o quermes e substancias excitantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orientación cara á Meca para onde deben mirar os musulmáns ao pregar. Nas mesquitas está indicado polo mi ḥ rāb.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza da indumentaria mourisca con forma de capa, a miúdo de la branca, empregada tamén como cobertor de cama, de mesas ou doutros obxectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das resinas poliéster. Na súa preparación ademais de poliois e poliácidos ou os seus anhídridos, interveñen tamén aceites ou ácidos graxos. As resinas alquídicas prepáranse quentando a mestura dos ingredientes nunha atmosfera inerte ata conseguir un peso molecular elevado e unha baixa acidez, mais sen chegar á xelificación. Segundo cal sexa a insaturación dos ácidos graxos empregados, as resinas alquídicas clasifícanse en secantes e non secantes. As secantes, en presenza de osíxeno, forman, a temperatura ambiente, películas sólidas e coherentes: a súa autooxidación convérteas irreversiblemente nun polímero insoluble e infusible. Nas non secantes a insaturación é insuficiente para dar lugar á reticulación. Por razón das cantidades de ácidos graxos e de anhídrido ftálico que conteñen, as resinas alquídicas clasifícanse en curtas, medias, longas ou moi longas de aceite, e as súas propiedades (solubilidade, reticulación, características das películas que forman, etc) e aplicacións...