"van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica italiana. Accedeu á dirección cinematográfica despois de producir documentais históricos para a RAI. Os seus filmes máis destacados son: Il portiere di notte (O porteiro da noite, 1974), La pelle (A pel, 1981), Berlin affaire (Asunto en Berlín, 1985), Francesco (1988) e Dove siete? Io sono qui (Xestos de amor, 1993). Tamén dirixiu obras teatrais e escenificacións de óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, historiador e avogado. Foi síndico do concello de Madrid (1831) e censor político de teatros (1832-1856). Publicou, entre outras obras: Lequeitio en 1857 (1858), Diálogos políticos y literarios y discursos académicos (1859), Historia de España (1860-1863) e Memoria sobre el fuero de Madrid del año 1202 (1892). Foi membro da Academia de la Historia (1841) e da Academia de Ciencias Morales y Políticas (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da orde das malvais, de follas alternas, flores pentámeras reunidas en cimas umbeliformes e froitos alados. Propio do S de América, caracterízase por presentar un tronco en forma de pipa que almacena auga e substancias nutritivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista de cine, filla de Emilio Cecchi. Traballou para Luigi Zampa en Vivere in Pace (Vivir en paz), Vittorio de Sica en Ladri di biciclette (Ladrón de bicicletas) e para Luchino Visconti en Bellissima (Belísima), Senso (Sentido), Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns), Il Gattopardo, Ludwig e L’innocente (O inocente). Escribiu o guión I picari (Os pícaros, 1987) e Il male oscuro (O mal escuro, 1990), de M. Monicelli e de Occi ciorni (1987), de N. Mikhalkov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda, construída a finais do s XVI sobre un templo anterior do que xa existían referencias documentais do s X. No ano 1594 o patrón de Cervaña, o señor Fernández-Deza, patrocinou a construción do novo templo ao que lle engadiu unha capela de planta cadrada destinada a albergar os panteóns desta liñaxe. Aínda que a igrexa carece de interese artístico, destaca a decoración plateresca da capela-funeraria así como o altar e o retablo que conserva no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao concello de Cervantes ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cervantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Román que dá nome ao concello de Cervantes por ser onde está a capital municipal, a vila de San Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca dos Ancares, situado na provincia de Lugo no límite oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Navia de Suarna, ao L co de Candín (O Bierzo), aos S cos de Valcarce e Balboa (O Bierzo), Pedrafita do Cebreiro e As Nogais, e ao O cos das Nogais e Becerreá (Os Ancares). Abrangue unha superficie de 277,6 km 2 cunha poboación de 1.844 h (2007), distribuídos nas parroquias de Ambasvías, Castelo, O Castro, Cereixedo, Donís, Dorna, Lamas, O Mosteiro, Noceda, O Pando, Quindous, A Ribeira San Pedro de Cervantes, San Román de Cervantes, San Tomé de Cancelada, Vilapún, Vilaquinte, Vilarello, Vilasante, Vilaspasantes e Vilaver. A capital é a vila de San Román, na parroquia de San Román de Cervantes, situada a 42° 52’ de latitude N e 7° 32’ de lonxitude O, 161 ao L de Santiago de Compostela e 54,5 km ap SL de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Becerreá e á diocese de Lugo.
    Xeografía física
    O termo municipal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue as parroquias de Liber, Pando, Quintá de Cancelada, Sevane, Veiga, Vilachá, Vilaíz e Vilamane, do concello de Becerreá, e todas as do concello de Cervantes agás a de Vilaquinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que procede do topónimo homónimo. Pola terminación -antes o nome de lugar parece ser de orixe étnica.

    2. Liñaxe procedente do lugar homónimo e que emprega tamén a forma Cervatos. Descende do cabaleiro galego Nuño Alonso, alcaide de Toledo a comezos do s XII. Estendeuse pola Península durante a Reconquista e unha das ramas pasou a México, onde se enlazou con ilustres familias. As súas armas levan, en campo de sinople, dúas cervas de ouro, postas en pao, a de arriba coa cabeza levantada e a outra coa cabeza baixa, en actitude de pacer. Algúns traen, en campo de azul, dúas cervas de ouro, postas en pao; bordo de goles, con oito aspas de ouro (ou sinople). Algunha variante emprega, en campo de goles, un cervo de prata. Outros ostentan, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, cunha cruz sumada á súa copa. Os de México e Nafarroa levan, en campo de sinople, dúas cervas de ouro, postas en pao, a de arriba coa cabeza levantada e a outra coa cabeza baixa, en actitude de pacer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e cronista. Estudiou en Salamanca e exerceu como profesor na Universidad de Osuna. Emigrou a México onde foi cronista da capital, cóengo e reitor da Universidad de México. As súas ampliacións e traducións de Fernán Pérez de Oliva, Luís Mexía e Luís Vives publicáronse en 1546 baixo o título de Obras que Francisco Cervantes Salazar ha hecho, glosado y traducido. É tamén autor da Crónica de la Nueva España (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi o cuarto fillo do cirurxián Rodrigo de Cervantes e de Leonor de Cortinas e, segundo algunhas hipóteses, de posible ascendencia galega polos seus apelidos. En 1551 trasladouse a Valladolid coa familia, onde estaba a corte naqueles anos, na busca de posibilidades económicas. Posteriormente, marcharon a Madrid onde Cervantes estudiou gramática con Juan López de Hoyos. En 1569 instalouse en Roma como camareiro do cardeal Giulio Acquaviva e alí permaneceu ata que se incorporou ao terzo de Miguel de Montcada. En 1571 loitou como soldado na Batalla de Lepanto, na que quedou inútil da man esquerda. Non obstante , en 1572 incorporouse ao terzo de Lope de Figueroa e participou en diversas accións mediterráneas. Durante os anos posteriores estivo en Sardeña, Lombardia, Sicilia e Nápoles, onde coñeceu as innovacións da literatura italiana. De volta a España, os turcos prendérono e estivo cativo en Arxel entre 1575 e 1580; unha vez libre tomou parte nas campañas de Portugal e Orán. Desempeñou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clotilde Cerdà i Bosch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Miguel de Cervantes Saavedra, á súa obra ou aos seus personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cervantesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio crítico da vida e da obra do escritor Miguel de Cervantes Saavedra. O interese pola vida e obra de Cervantes fundaméntase na fama universal de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, un dos libros máis estudiados na historia da literatura. Non se pode falar con propiedade de cervantismo no s XVII; non obstante no s XVIII xa aparece un estudo erudito e crítico arredor desa idea, convertido nun clásico e comparado coa obra de Homero e Virxilio. En 1773 Gregorio Maians e Siscar publicou a primeira gran biografía de Cervantes como encabezamento da edición castelá de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha de Tonson (1738). A primeira edición con notas foi a castelá de John Bowle (1781). Son tamén notorias as achegas de Saint-Evremond, Addison e Schlegel. O s XIX coñeceu o entusiasmo romántico pola figura do Quixote (edición crítica de Diego Clemencín, 1833-1839; e Juan Eugenio Hartzenbusch, 1863-1864). Destacados son os traballos de Juan Valera (1864),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudioso de Cervantes e da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO