"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte posterior e inferior da cabeza.
-
GALICIA
Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e historiador, sobriño do padre Sarmiento. Escribiu Memoria para la historia de la vida exterior e interior de Fr. Martín Sarmiento, beneditino e Historia de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oceanógrafo e naturalista francés. En 1930 ingresou na Academia Naval Francesa e foi oficial da Mariña ata 1956. En 1943 inventou e patentou, xunto co enxeñeiro Émile Gagnan, o escafandro autónomo denominado Aqualung. Ideou tamén un somerxible bipraza e un dispositivo para filmar baixo a auga. Trala Segunda Guerra Mundial creou, xunto co comandante Philippe Tailliez e Frédéric Dumas, unha unidade de investigación subacuática. A bordo da nave oceanográfica Calypso, explorou dende 1950 os océanos e dirixiu numerosas campañas científicas, tecnolóxicas e cinematográficas. Fundou o Groupe d’Études et de Recherches Sous-marines (Toulon, 1946) e a Office Française de Recherches Sous-marines (Marsella, 1952), chamada dende 1968 Centre d’Études Marins Avancés. En 1973 fundou a Cousteau Society, que dirixiu ata a súa morte. Entre 1957 e 1988 dirixiu o Museo Oceanográfico de Mónaco. Realizou máis dun centenar de documentais cinematográficos submarinos. Coa súa primeira longametraxe,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional de las Montañas de Covadonga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia total ou parcial da bóveda cranial, con exteriorización das meninxes e do cerebro (meningoencefalocele).
-
PERSOEIRO
Compositor francoflamengo. Membro da capela de Carlos V, foi cóengo de Saint Aubin, Termonde e Béthune. Da súa produción destacan as chansons, misas, lamentacións e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa pouco desenvolvida fisicamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura propia da heráldica francesa que representa unha ameixeira silvestre con raíces, froitos e pólas, semellante a un candelabro de sete brazos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da química que estudia os procesos químicos a baixas temperaturas.
-
-
Relativo ou pertencente aos criptobránquidos.
-
Anfibio da familia dos criptobránquidos.
-
Familia de anfibios urodelos integrada por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico e deprimido, que se caracteriza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. Unha especie notable desta familia é a píntega xigante xaponesa, que pode alcanzar os 160 cm de lonxitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de migración testicular con retención dos testículos dentro do abdome ou do conduto inguinal.
-
-
Que ou quen chora e se queixa con facilidade e normalmente sen un motivo aparente.
-
Que ou quen non presenta moito ánimo á hora de afrontar a vida.
-
Que ou quen é efeminado.
-
-
-
-
Golpe leve dado ou recibido na cabeza.
-
Avultamento ou inchazón que se forma na cabeza como consecuencia dun golpe.
-
-
-
Golpe producido por un encontrón.
-
Deformación na superficie dalgunha cousa producida por un choque ou un golpe.
-
-
Denominación popular que recibiu unha estatua que representa o mestre Mateo, a quen se lle atribúe a súa autoría, axeonllado e en actitude orante, situada no pé do parteluz central do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, mirando cara ao altar maior. É costume que os fieis que acoden en peregrinación batan coa testa tres veces nela, pois existe a superstición de que, dese xeito, se pode adquirir a sabedoría do mestre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
berberecho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo de orixe inglesa que se practica normalmente ao aire libre. No terreo de xogo colócanse catorce arcos a diferentes distancias que definen un itinerario. Os xogadores golpean unhas bólas de madeira cunha maza de mango longo para conseguir que atravesen todos os arcos do percorrido establecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade culinaria que se prepara cunha masa de tipo bechamel espesa, que contén algún alimento esmigallado (peixe, xamón, sémola, arroz, carne, etc), rebozada en ovo e pan relado, e fritida en abundante aceite moi quente. Adoita ter unha forma redonda ou ovalada e debe tomarse ao instante. Unha variante é o cromesquis que, en lugar de ser empanada, se compón de pasta Orly.
-
-
-
Primeira forma imperfecta dunha composición artística.
-
Debuxo elemental cos trazos esenciais dunha composición artística. En pintura é un debuxo de execución rápida e resumida, a medio camiño entre o bosquexo e a obra definitiva, que pode facerse directamente do natural para captar unha situación, unha escena ou unha paisaxe de invención persoal para materializar unha idea, ou ben, en debuxo técnico, para fixar as cotas que permitan debuxar posteriormente o plano definitivo; en escultura é un modelado preparatorio a medida reducida. Antes do romanticismo considerábanse como obras menores do artista, sen embargo, co paso do tempo considerouse a miúdo tan ou máis importante ca a obra definitiva.
-
-
Exposición das liñas básicas dunha idea ou proxecto.
-
Breve composición escrita, xeralmente en prosa, que recolle situacións concretas ou trazos particulares dos personaxes.
-
Representación cartográfica bidimensional rudimentaria, na que non se ten en conta a correcta proporción entre os elementos representados (escala), nin se especifican as referencias xeográficas (coordenadas ou puntos cardinais).
-
-
Tecido, órgano ou aparato do embrión que aínda non chegou a ter a estrutura ou forma definitiva.
-
esbozo embrionario/organoxenético
Grupo de células, separadas das outras células do embrión, que comeza o desenvolvemento dun órgano.
-
-
-
PERSOEIRO
Paleontólogo e teórico da evolución. Logo de licenciarse en Farmacia, iniciou a partir de 1933 unha intensa colaboración con Fernández de Villalta, que o levou a prospectar numerosos xacementos do Mioceno do Vallés-Penedés; froito deses traballos foi a revisión da estratigrafía empregada tradicionalmente e a introdución dos termos Vallesiano e Turoliano para referirse a dous pisos diferentes do Terciario. En 1952 publicou a súa tese de doutoramento, Los jiráfidos fósiles en España, que lle valeu o recoñecemento internacional, polo que entre 1952 e 1958 organizou os Cursillos Internacionales de Paleontología de Sabadell. Foi catedrático de Paleontoloxía nas universidades de Oviedo (1961) e Barcelona (1963-1972). En 1969 fundou o Instituto Provincial de Paleontología (despois Institut Paleontològic “M. Crusafont”), que dirixiu ata 1983. Paralelamente ás súas contribucións ao estudo dos mamíferos fósiles, dende 1948 realizou unha intensa tarefa de investigación e...
VER O DETALLE DO TERMO