"Ada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • MONTES

    Monte (564 m alt) situado entre os concellos de Oímbra, Verín e Monterrei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Kashmir, dividida entre India, Paquistán e China (120.000 km2). É unha chaira ondulada atravesada polo río Indo e envolta polas cordilleiras do Indo e de Zāskār ao S, e o Karakorum ao N. A cidade máis importante é Leh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia resinosa amarga, suave, escura e aromática que flúe das follas e pólas de distintas especies de xaras. Emprégase en perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pisar no lagar.

    2. Cantidade que se pisa dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido co pseudónimo de R. S. Lago, colaborou en diversas publicacións, como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Hidromel. Da súa produción cómpre salientar a triloxía inédita A vida é literatura e o poemario Fontanela (2000), en que amosa a súa sensibilidade cara á súa terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá na cara coa palma da man.

    2. Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.

    3. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

      1. Tipo de baile brasileiro moi sensual.

      2. Música que acompaña este baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.

    2. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: lambedela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida ou bebida que se toma a calquera hora en pouca cantidade.

    2. Cousa de comer que ten un sabor moi rico como os pasteis, os xeados ou os caramelos.

    3. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.

    2. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de comer de sabor doce, como os caramelos ou os pasteis.

    2. Alimento de excelente sabor que habitualmente se toma fóra das comidas principais.

    3. Acción que realizan os nenos inquedos, xeralmente divertida, pero que pode molestar ou mancar a alguén ou a eles mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto artificial de luz que se produce pola combustión de elementos líquidos, sólidos ou gasosos de carácter inflamable ou mediante procedementos eléctricos. Antes da aplicación da electricidade, a luz artificial producíase por combustión dunha serie de substancias líquidas ou sólidas (aceite, cera ou resinas), aínda que ás veces se empregaban aparatos que producían luz por combustión, como luces de petróleo, de butano, de acetileno e, especialmente, de gas para o alumeado público. As lámpadas eléctricas, que son as máis empregadas, poden clasificarse basicamente en dous grandes grupos: lámpadas de incandescencia e lámpadas de descarga gasosa. A lámpada de incandescencia ou incandescente foi inventada por T. A. Edison en 1881 e é probablemente o foco luminoso que máis se emprega. Está constituída por un filamento de tungsteno, situado no baleiro ou nunha atmosfera dun gas nobre, que diminúe a tensión de evaporación á temperatura de funcionamento (2.500-3.000°C). O rendemento...

    2. Soporte en que se pode colocar un ou máis puntos de luz.

    3. Dispositivo eléctrico semellante a unha lámpada eléctrica que teñen as radios e as televisións no seu mecanismo interno.

    4. Luz constituída por un depósito onde vai un líquido combustible, xeralmente aceite, e unha mecha, somerxida no líquido cun cabo que sobresae, que unha vez acendido produce unha luz feble. É un aparato de iluminación en desuso, aínda que se segue empregando en igrexas ou criptas.

    5. Lámpada concibida para examinar a parte anterior do ollo, que mostra en sección mentres o resto queda en escuridade, ao ser atravesada por un raio plano de luz intensa. Combinada cun microscopio corneal, permite estudar con detalle as alteracións da conxuntiva, a córnea, o iris e o cristalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Couso de Salas (Muíños). O seu cumio acada os 780 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que portaba a luz diante dun emperador ou príncipe.

    2. Soporte ornamental en forma de columna terminada en brazos sobre os que se sustenta unha lámpada ou un facho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado cunha lanza.

    2. Ferida de lanza.

    3. Dor aguda e intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Noalla (Sanxenxo). Trátase dun pequeno templo construído no s XII que aproveitou elementos dunha construción anterior. Ten planta de nave única con ábsida semicircular. A nave está dividida en dous tramos. O arco de triunfo é apuntado e descansa en columnas pegadas. O retablo é barroco do s XVIII. A fachada principal caracterízase pola ausencia de decoración, só destaca un rosetón de catro lóbulos e o arco apuntado da porta. O derradeiro fin de semana de agosto celébrase a romaría da Nosa Señora da Lanzada, que antigamente duraba unha semana. A ela acoden os mariños a pedir protección, devotos que para afastar o mal varren cunha vasoira o chan inmediato ao altar, e mulleres con problemas de fertilidade que se dan un baño na praia á luz da lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico de 2,4 km de lonxitude, situada entre as puntas de Raeiras e de Lapa do Norte, en parte da costa das parroquias de San Vicente do Grove (O Grove) e Noalla (Sanxenxo). É un areal de gran fino e cor branca que está rodeado por unha ampla zona de dunas que o separa da estrada que bordea a costa. En 2002 deronlle a bandeira azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Pontevedra, situada na parroquia de Noalla (Sanxenxo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada na praia da Lanzada en Noalla (Sanxenxo). Foi construída por Sisnando, bispo de Iria Flavia cara a 960 para defender as terras de Santiago das incursións normandas e árabes. Foi propiedade da mitra compostelá e en tempos de Diego Xelmírez pertenceu tamén a dona Urraca en diversas ocasións. Durante a Idade Media foi escenario de loitas relixiosas e incursións árabes e foi derrubada durante as Guerras Irmandiñas. A pesar de que apenas se conservan restos, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento de época castrexa e romana situado en Sanxenxo, preto da ermida de Nosa Señora da Lanzada. Atopouse unha necrópole con catro niveis de ocupación: o superior de planta circular e realizado en cachotería; o seguinte con construcións de planta circular e cuadrangular e no que se atoparon pezas cerámicas e obxectos de bronce; un terceiro nivel con construcións de planta circular; e o cuarto no que se atoparon fragmentos de obxectos de cerámica. Os restos funerarios atopados corresponden a inhumacións dos ss III e IV segundo os obxectos cerámicos e metálicos encontrados.

    VER O DETALLE DO TERMO