"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Serie de 16 lagos situados na aba nororiental de Mala Kapela, cordilleira dos Alpes Dináricos, en Croacia. Dentro dunha conca de 7,2 km de lonxitude, están dispostos en chanzos, polo que a auga dun pasa a outro formando fervenzas ou rápidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas rodófitas de cor vermella, co talo aplanado, que permanecen fixadas ao substrato por un disco basal e con extremos moi ramificados que lle dan aspecto de peite. En Galicia destaca P. cartilagineum, de cor parda vermella e de ata 25 cm de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ploceidos.

    2. Ave da antiga familia dos ploceidos.

    3. Antiga familia de aves paseriformes, actualmente incluídas na familia dos paséridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade biótica acuática formada por organismos, principalmente algas filamentosas, adheridos ao substrato pola base e máis ou menos ramificados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz con que se expresa o ruído que fai algo que cae ou choca contra outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número de dotacións cromosómicas que ten un organismo. Pode ser haploide (unha soa dotación), diploide (dúas dotacións), triploide (tres) ou poliploide (máis de tres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Prahova, Romanía, situada nun rico campo petrolífero ao N de Bucarest (251.981 h [estim 1999]). A súa economía baséase nas refinarías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sudafricano. Formado en Inglaterra, regresou ao seu país de orixe despois da Primeira Guerra Mundial. Cultivou diversos xéneros, como a novela, as pequenas narracións, a poesía, os libros de memorias e mesmo libretos de ópera. Mostrouse crítico e satírico coa sociedade, tanto na súa primeira novela Turbott Wolfe (1925), como en The Case is Altered (1932) e The Invaders (1934), ou nas escolmas de poemas Collected Poems (1961) e Message in Code (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. Aínda que se atopa raramente en estado natural e é relativamente escaso, localízase en depósitos extensos, feito que facilita notablemente a súa explotación. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). A obtención do metal ten lugar coa transformación dos minerais no óxido (PbO) e coa súa redución posterior con carbón. O refinado do metal efectúase mediante un proceso electrolítico. O metal ten unha cor branca azulada característica, con brillo metálico, e é moi brando, dúctil e maleable. É un mal condutor da electricidade pero un bo absorbente do son, das vibracións e, pola súa elevada densidade, da radiación γ. O chumbo natural está constituído por catro isótopos naturais estables, 204 Pb (1,48%), 206 Pb (23,6%), 207 Pb (22,6%) e 208 Pb (52,3%); tamén se coñecen 17 isótopos radioactivos. Malia o valor do seu potencial...

      2. acetato de chumbo(II) [Pb(CH 3 COO) 2 ]

        Sólido cristalino branco, soluble en auga e glicerol e pouco soluble en alcohol, que funde a 280°C. Forma un trihidrato, chamado azucre de chumbo, que se emprega na preparación de sales insolubles de chumbo, como mordente na tinguidura do algodón, como impermeabilizante, na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

      3. arseniato de chumbo(II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]

        Cristais brancos insolubles en auga que funden con descomposición a 1.042°C. Emprégase como insecticida.

      4. dióxido de chumbo [PbO 2 ]

        Sólido cristalino marrón, altamente oxidante, soluble en ácido acético e insoluble en auga, que funde con descomposición a 290°C. Emprégase como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

      5. nitrato de chumbo(II) [Pb(NO 3 ) 2 ]

        Cristal branco, moi tóxico e oxidante, soluble en auga e alcohol, que se descompón a 470°C. Emprégase na preparación doutros sales, como mordente, oxidante, na preparación de explosivos e como pigmento.

      6. óxido de chumbo(II)

        litarxirio.

      7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]

        Cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa, solubles en ácido acético quente, benceno e cloroformo, que funden a 175°C. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

    1. Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

    2. Bala dunha arma de fogo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Acadou o recoñecemento internacional a través dunha serie fotográfica sobre o Sáhara (1957), México (1965) e India (1970). Fotografou as paisaxes e os habitantes do S de Europa cun estilo directo, elaborado e cun alto grao de subxectivismo. Publicou Le Voyage Mexicain (1979), Chronique de Retour (1987), Das Tal-La Vallée (1994), Los años almerienses con cámaras juguete, 1987-1994 (1996) ou El jardín de polvo (2003). Recibiu o Premio Nacional de Fotografía de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Plotino ou ás súas doutrinas.

    2. Seguidor de Plotino ou das súas doutrinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alexandrino. Fundador do neoplatonismo, viviu sobre todo en Roma, onde fundou un círculo de filosofía. Os únicos escritos conservados son notas ou ensaios en grego dirixidos aos seus discípulos, de carácter asistemático e exhortativo. Porfirio reuniu 54, que dividiu en seis grupos de nove, as Enéadas. O seu pensamento organizouse ao redor do concepto da dualidade da alma humana, que participa tanto do universo intelixible como da natureza sensible, da que procede por degradación. Na súa realidade superior, a alma é unha emanación do intelecto (Noûs), mentres que o intelecto participa dunha realidade superior, o Un, do que emana, e que está máis alá do ser e da intelixencia. No extremo oposto sitúase a materia, concibida como límite do afastamento do ser. Esta é a filosofía denominada matutina, diferente da vespertina, que introduce un elemento discordante, a ousadía, que fai que o intelecto se poña como hipótese fronte ao Un, e a ánima fronte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo de debuxo automático que actúa como periférico dun ordenador. Consiste nun taboleiro que fai de soporte da folla de papel, sobre o que unha ou máis plumas, agullas ou inxectores, montadas sobre un sistema de guías móbiles, seguen as instrucións recibidas do ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Plovdiv, Bulgaria, situada sobre sete outeiros, a ambas as dúas beiras do río Marica (340.638 h [2001]). É un centro agrícola e industrial. Durante a dominación romana foi capital da provincia de Tracia. Disputada na Idade Media por Bizancio, os búlgaros, os rusos e os croatas, caeu en 1364 en poder dos turcos. En 1885 integrouse no Reino de Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bulgaria (13.585 km2; 1.175.628 h [2001]). A súa capital é Plovdiv.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico alemán. Foi profesor nas universidades de Berlín, Halle e Bonn. Realizou investigacións sobre os gases enrarecidos (1865), a óptica dos cristais, os espectros de gases e os raios catódicos e a súa desviación polos campos magnéticos (1868). Destacou sobre todo polos seus traballos en xeometría analítica, onde introduciu unha noción orixinal de coordenadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma estándar para configurar automaticamente o hardware dun ordenador compatible cos modelos de PC, desenvolvida por Microsoft e por outras empresas na década de 1990. Cada tarxeta ou accesorio inserido nun ordenador contén información de identificación que pode ser lida pola BIOS e polo sistema operativo. Así, o ordenador pode ver todos os accesorios instalados e pode configurarse a si mesmo para utilizalos adecuadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pastel elaborado principalmente con manteiga, azucre, ovos, fariña, ron e pasas, entre outros ingredientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Produción da pel das aves formada de queratina, máis ou menos mineralizada, que aparece como unha papila dérmica e que unha vez rematou de medrar se converte nun órgano morto fixado á pel mecanicamente. En xeral, cobren a maior parte do corpo das aves e cada unha consta dun cálamo, fixado á epiderme, que se alonga no raque, a cada lado do que están as barbas, e estas teñen en cada banda as bárbulas, co extremo distal en forma de látego, o pennulum, e pode ter uns filamentos en forma de gancho que se unen ás bárbulas que teñen diante. Se faltan as barbas, a pluma redúcese a un filamento, o raque. Na base deste pode haber unha especie de barba, desprovista dos filamentos ganchudos, chamada hiporraque. Ademais das grandes plumas das alas e da cola, denominadas penas, e as cobertoiras, que recobren o corpo, está a penuxe, debaixo das cobertoras, formada por pequenas plumas desprovistas de filamentos con forma de gancho. Todas as aves realizan a muda, regularmente, unha vez ao ano,...

      2. Conxunto desas plumas.

      1. Pluma de paxaro, xeralmente de ganso que, oportunamente cortada, se mollaba repetidamente en tinta e que foi utilizada ata o s XIX como elemento de escritura, en substitución (cara ao s IV) do antigo estilo e do cálamo.

      2. Instrumento de escritura constituído por un mango, normalmente de madeira, na punta do que está fixada unha lámina metálica que se molla repetidamente con tinta. En 1884 L. E. Waterman patentou a primeira pluma estilográfica e tres anos despois nacía a fábrica Parker en Jannesville (Wisconsin). O depósito de tinta incorporado ao mango pode cargarse con diversos sistemas ou ben substituírse, ao baleirarse, por outro (cartucho de tinta).

      3. Pequena lámina de aceiro rematada en punta e cun corte lonxitudinal que, fixada a un mango, ou formando parte dunha pluma estilográfica, serve para escribir.

      1. Arte ou actividade de escribir.

      2. Estilo ou maneira de escribir.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fotogravado simple dun orixinal a base de liñas, trazos, etc, sen medias tintas, que se efectúa sen interposición de ningunha trama.

    2. Prancha que se obtén polo procedemento de fotogravado denominado pluma.

    VER O DETALLE DO TERMO