"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi profesor na Ecole Normale Supérieure (1894-1897) e, desde 1910, na Faculté des Sciences de París. En 1895 descubriu que os electróns constitúen a carga negativa dos raios catódicos. Fixo experimentos sobre os raios X e sobre o movemento browniano. Determinou o número de Avogadro e demostrou a orixe da enerxía solar como unha transformación do hidróxeno en helio. Entre as súas obras destaca Les atomes (1913) e Les éléments de la physique (1931). En 1926 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De orixe francesa, especializouse no traballo en barro cocido. Na catedral de Sevilla realizou a decoración dos tímpanos das portadas do Perdón, da de Palos e da de Campanillas. En 1526 encargáronlle a realización do Descendemento para o retablo da capela de Mondragón na catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libretista francés. Instalado en París, a súa asistencia a representacións de ópera italiana fíxolle concibir o proxecto de cultivar o mesmo xénero en Francia. En 1659 encargouse da representación da Pastorale d’Issy, con música de R. Cambert, con quen deu os primeiros pasos da ópera francesa. Xunto con Cambert fundou a Acadèmie de Musique de París, inaugurada con Pomone (1671).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Fillo de Johan Rodrigues de Valadares e Teresa Anes Marinho, e activo a finais do s XIII segundo consta na documentación da chancelaría de Sancho IV, dubídase sobre o seu parentesco cos tamén trobadores Martin e Osoir’Anes Marinho. Puido ter certa relación con Johan Vasquiz de Talaveira e, en tempos de Afonso X, con Johan Airas. Incluso puido seguir activo no reinado de Fernando IV, a quen acompañaría na conquista de Alxeciras. Da súa obra consérvase unha cantiga de amor, “Boa ssenhor, o que me foy miscrar”, dirixida contra todos aqueles que pretenden dispoñer a señor contra o amado, e que se presenta como un contrafactum ou resposta a outra cantiga de amigo elaborada por Johan Airas. Ambas as dúas composicións repiten a fórmula silábica e o esquema estrófico e rítmico. No seu contido, onde se amosa innovador, como no emprego de ‘dizedor’, identificado con ‘intrigante’, presenta un léxico pouco utilizado noutras composicións de características semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita e ilustrada por Antoine de Saint--Exupéry (1943), que fala con suposta inxenuidade das terribles contradicións da humanidade. Conta a historia dun aviador perdido no deserto que se atopa cun neno, que di ser o príncipe dun pequeno planeta, e que non para de facerlle preguntas estrañas. No libro plásmase o valor da amizade, o heroísmo como meta e a responsabilidade como conduta moral. Carlos Casares publicou en 1972 a tradución ao galego desta obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ponteareas. Construída en 1671, sufriu reformas posteriores. Ten planta de cruz latina, cunha soa nave e tres capelas. A nave cóbrese con bóveda de canón e arco de medio punto rebaixado, e as capelas laterais con bóveda de canón e de cruzaría. Destacan varios retablos barrocos, así como as pinturas murais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense, irmán de William Henry Pickering. Foi catedrático na Harvard University e director do seu observatorio astronómico. Realizou traballos de fotometría estelar e inventou o fotómetro de dobre imaxe. Introduciu as técnicas fotográficas na observación astronómica. Comezou o Henry Draper Catalogue, que actualmente contén uns 400.000 astros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo, irmán de Edward Charles Pickering. Foi profesor na Harvard University. Estudou a Lúa e dirixiu numerosas expedicións para observar as eclipses totais de Sol . A partir de 1894 dirixiu a instalación do observatorio de Flagstaff, en Arizona. En 1898 descubriu o noveno satélite de Saturno, Febe, e dous anos despois outro, Temis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista italiano. Traballou sobre todo en Milán, onde reformou o Palazzo Reale en estilo neoclásico (1769-1778), proxectou o Palazzo Belgioioso (1777) e o Teatro alla Scala (1776-1778). Urbanizou a Piazza dell’Arcivescovado (1780), proxectou a Via Santa Radegonda (1783) e varios xardíns públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘neno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista portugués. Coñecido como Vitorino Nemésio, doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Letras de Lisboa, da que tamén foi reitor. Creador da Revista de Portugal (1937), en que apareceron destacadas figuras modernistas e vangardistas, foi director do xornal O Dia (1975). A súa primeira obra poética foi Canto Matinal (1916). O recordo das Açores e a memoria da infancia son os dous polos que centran a súa poesía, especialmente no libro Nem toda a noite a vida (1950). Destacado ensaísta e investigador, explorou o mundo do conto en Paço do Milhafre (1924) e a novela en A casa fechada (1937) e Mau tempo no canal (1944). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Portugal (1965) e o Premio Montaigne (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se localiza na pementeira (Piper nigrum). É un dixestivo e un excitador gástrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida natural que teñen os aquenios e as flores dos crisantemos Chrysanthemum cinerariaefolium e Ch. coccineum. Obtense a partir de flores secas e pulverizadas, ou ben por síntese química. A piretrina e os insecticidas derivados (piretroides) son pouco estables ao aire libre, á humidade e aos medios básicos, e son rapidamente degradados despois da súa aplicación. Non presentan practicamente toxicidade respecto dos mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso, que forma parte do Rodope, situado ao SO de Bulgaria, entre o río Mesta e o curso superior do Struma. A cumio máis alto é o Vihren con 2.915 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘alto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Doutorouse en Roma (1900) para despois trasladarse a Madrid e naturalizarse español (1904). Catedrático de Parasitoloxía e Patoloxía Tropical na Universidad de Madrid (1911), foi xefe do servizo central de desinfección e da sección de parasitoloxía do Instituto Nacional de Higiene (1907). Dirixiu a loita contra as enfermidades de transmisión en Guinea (1909) e contra a malaria (1920). Foi elixido deputado nas Cortes Constituíntes da Segunda República (1931) e exiliouse tras a Guerra Civil a Francia, Arxentina e Cuba. Foi membro da Real Academia de Medicina (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anchura excesiva do nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platirrinos.

    2. Mamífero primate da infraorde dos platirrinos.

    3. Infraorde de mamíferos, da orde dos primates, que se caracteriza por presentar o nariz coas ventás separadas e mirando cara a adiante, tres premolares e sen tubo auditivo óseo. Coñécense co nome de monos do Novo mundo e agrupa a superfamilia dos ceboideos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concirne ou compete a varias nacións.

    VER O DETALLE DO TERMO