"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
MONTAÑA
Montaña dos Alpes suízos, situada no sector centroriental, nos Alpes Glarner. O seu cumio acada os 3.623 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto considerado por completo, sen excluír ningunha parte ou ningún elemento.
-
Aumenta o grao do que expresa o adxectivo ao que precede. OBS: Pode contraer coa segunda forma do artigo dando as formas tódolos, tódalas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
todo.
-
-
Que todo o pode.
-
Denominación por antonomasia para Deus. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
-
PERSOEIRO
Lingüista e crítico. Codirector da revista Poétique, introduciu no mundo occidental o formalismo ruso con Théorie de la littérature: Textes des formalistes russes réunis (1965). Escribiu Littérature et signification (1967), Grammaire du Décaméron (1969), Introdution à la litterature fantastique (1970), Ditionnaire encyclopédique des sciences du langage (1972), con O. Ducrot; Théories du symbole (1977) e Critique de la critique (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festa popular do calendario cristiá, que se celebra o 1 de novembro, para conmemorar a todos os xustos, canonizados ou non, que se atopan no ceo. En Roma ten como orixe a dedicación do Panteón, por Bonifacio IV (610), á Virxe e a todos os mártires (Sancta Maria ad martyres). Esta festa foi propagada por todo Occidente por Gregorio IV (827-844). Dentro do conxunto de costumes cristiáns a festa vai envolta de antigas prácticas populares e relixiosas, a miúdo mesturadas co día dos mortos, que se celebra ao día seguinte, pero que se inicia a tarde do día de Todos os Santos.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e político alemán. Encargáronlle a organización dos transportes (1933) e as fortificacións do Terceiro Reich e creou a Organisation Todt, que se ocupou da realización da rede de autoestradas alemás (1933-1938) e da edificación da liña defensiva Siegfried (1937-1940). Foi ministro de Armamento e Municións (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nube que anuncia unha treboada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra dura.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Toén, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Ourense situado no O da provincia de Ourense, no S de Galicia. Limita ao N co concello de Ourense, ao S co de Cartelle, ao L co de Barbadás e ao O co de Castrelo de Miño. Abrangue unha superficie de 58,3 km 2 cunha poboación de 2.649 h (2007), distribuída nas parroquias de Alongos, Feá, Moreiras, Mugares, Puga, Toén, Trelle e Xestosa. A capital é o lugar de Toén, situado 42° 19’ 14’’ N e 7° 57’ 03’’ O, a 12 km da capital provincial. Está adscrito á diocese e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Destacan dúas unidades ben diferenciadas: o val do Miño e os seus afluentes e a superficie de aplanamento que, cara ao S, se ergue a unha altitude superior aos 500 m. Trátase dunha morfoloxía contrastada froito da incisión da rede fluvial nas superficies de erosión. Os materiais que forman este espazo son sobre todo granitos e xistos moi duros, excepto a parte setentrional onde predominan as rochas sedimentarias. En... -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de psiquiatría que apareceu en Ourense en decembro de 1979. Editada polo Sanatorio Psiquiátrico Cabaleiro Goás de Toén e dirixida polo doutor Gómez Reino, foi unha das primeiras publicacións desta especialidade editada en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga unidade de medida de lonxitude que se empregaba en Francia e que equivale a 6,4 pés (1,949 m).
-
MACIZO
Macizo dos Dolomiti que domina a conca de Cortina d’Ampezzo. Os tres cumes que lle dan o nome son Tofana di Rozes (3.225 m), Tofana di Mezzo (3.243 m) e Tofana di Dentro (3.237 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete que corresponde á voz ‘cu’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caramelo duro e crebadizo ou brando, que contén leite, constituído por unha pasta obtida pola dispersión de pequenos glóbulos de graxa nunha solución sobresaturada de azucre.
-
PERSOEIRO
Cartógrafo e astrónomo. Entre 1783 e 1788 realizou o levantamento cartográfico das costas españolas. Realizou o “Plano de la ría de Pontevedra con las islas Ons y Onza” (1787), “Plano de la ría de Vigo” (1787), “Plano de las rías de Ferrol, Coruña y Betanzos” (1787), todos eles incluídos no Atlas marino de España, islas Azores y adyacentes (1765-1788); e a Carta esférica de la costa de Galicia (1789).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nódulo de ácido úrico e urato sódico e cálcico, que se forma principalmente nas rexións articulares e cartilaxinosas e é típico da gota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Requeixo de soia que se obtén pola precipitación do leite de soia con compostos cálcicos. Contén dun 6 a un 17% de proteínas e é rico en calcio.