"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Que é moi nobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Participou na Conferencia de Paz de París (1919) e na fundación da ONU (1945). Ocupou diversos ministerios entre 1945 e 1951. Da súa produción destacan The League of Nations at Work (1926), The Private Manufacture of Armaments (1936), The Arms Race: A Programme for World Disarmament (1958) e The Way to World Disarmament-Now! (1963). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1959) por intentar o desarmamento total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena. Foi responsable de diversos espectáculos presentados entre 1926 e 1929 pola Agrupación Dramática Gallega de Vigo, creados con textos de Armando Cotarelo, Manuel Lugrís Freire e Leandro Carré Alvarellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico francés. Tras os seus comezos no teatro clásico, participou tanto en comedias como en dramas dirixidos por Hitchcock, Malle ou Tavernier. Dos seus filmes destacan La Pointe Courte (1956), Zazie dans le Metro (1960), Topaz (1969), Tendre poulet (1973), Le juge et l’assasin (1976), Cinema Paradiso (1989), Soleil (1997) e Ripoux 3 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de notable.

    2. Persoa ou cousa notable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • orde de Avís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. Asumiu a secretaría da Federación Comarcal Campesina de San Pedro de Nós, a máis importante organización cenetista campesiña durante a Segunda República, desde a súa creación en 1932 ata a Guerra Civil Española. Agochado desde o comezo da contenda nos arredores da capital coruñesa, fuxiu na compaña doutros correlixionarios por mar a Asturias a finais de 1936 e alí ocupou o cargo de capitán axudante no Batallón 219 Galicia, que estaba composto maiormente por libertarios galegos. Desapareceu tras a caída do norte en mans franquistas (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Colaborador de diversos xornais e revistas, como Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, caracterizouse pola súa sensibilidade lírica. Publicou os libros de poemas Silencio (1932) e El sueño desanclado (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de núbil.

    2. Idade apta para contraer matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á reacción en que un nucleófilo ataca a un composto electrofílico ou electrófilo.

    2. Aplícase ao reactivo que cede electróns nas reaccións químicas.

    3. nucleófilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Roma (715-673 a C). Segundo a tradición, sucedeu a Rómulo por designación do Senado. Atribuíronselle todas as institucións relixiosas de Roma e a fixación das normas do dereito sagrado e do calendario, que distingue entre días fastos e nefastos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de numerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de observable.

    2. Propiedade dunha variable de estado que fai que o seu valor nun instante determinado poida ser estimado a partir das oportunas medidas de saída, nun sistema de control.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de obxectable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III?) Virxe e mártir. Foi unha das 11.000 virxes que, segundo a lenda, foron compañeiras de santa Úrsula. Puido morrer a mans dos hunos en Colonia á volta da súa peregrinaxe a Roma e os seus restos foron trasladados a Bélxica no s XIII. Represéntase con coroa na cabeza, unha frecha na man e cobre as súas irmás cun manto. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no xermánico Odilo, diminutivo de Odo, procedente da voz aud ‘posesión, riqueza’. Presenta a variante Odilón/Odila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forzas militares creadas de acordo co artigo 43 da Carta do Atlántico. A ONU nunca dispuxo de forzas militares propias, pero desde 1948 recorreu a efectivos militares facilitados voluntariamente por máis de 60 países. Estas forzas son denominadas cascos azuis pola cor do casco ou boina que empregan. Os seus vehículos van pintados de branco, co distintivo UN. Segundo o artigo 42 da Carta de Nacións Unidas, o Consello de Seguridade pode emprender a acción que sexa necesaria, con forzas terrestres, navais e aéreas, para manter ou restablecer a paz e a seguridade internacional. Nas misións que cumpren, as tropas ao servizo da ONU só poden empregar a forza, de xeito moi limitado, para a autodefensa. Unicamente interveñen en guerras cando o Consello de Seguridade llo encomenda a un grupo de nacións, habitualmente lideradas por EE UU. Foron os casos de Corea (1950-1953), o Golfo Pérsico (1991) e a antiga Iugoslavia (1995). Desde 1988 efectivos españois participan nas diversas campañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos opilións.

    2. Arácnido da orde dos opilións.

    3. Orde de arácnidos, que teñen entre 1 e 20 mm e presentan opistosoma asentado e claramente segmentado, ademais de patas motoras moi longas e finas, ao igual que os seus pedipalpos. A súa adaptación ecolóxica é amplísima e pódense considerar cosmopolitas, aínda que son preferentemente higrófilos. Son carnívoros e comprenden case 2.200 especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. Coñecido como Max Ophüls, os seus filmes reflicten un grande interese por diversos aspectos do romanticismo alemán e mostran unha técnica pictórica case barroca. Dirixiu Liebelei (Amoríos, 1933), La signora di tutti (1934), Werther (1938), Letter From an Unknown Woman (1948), La ronde (1950), Madame de... (1953) e Lola Montès (1955). Recibiu un premio honorario en Berlín polo conxunto da súa carreira (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de polinización en que a diseminación do pole se efectúa por aves, xeralmente pequenas, como os colibrís.

    VER O DETALLE DO TERMO