"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Adorno circular embutido nun paramento.

    2. Obra escultórica ou pictórica realizada nun marco de forma redonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Honshū, Xapón, de 360 km de lonxitude, que nace nos montes Nikkō e desemboca no Pacífico, ao N do cabo Inubō.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inmunólogo e xenetista xaponés. Estudou nas universidades de Kyoto e California (San Diego). En 1987 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina pola súa contribución ao coñecemento do sistema inmunolóxico humano, do que se estableceron os mecanismos xenéticos que determinan a resposta inmune e sinalou a especificación na formación de anticorpos e da reacción antíxeno-anticorpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de madeira que se usa para mazar o leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barril grande que se emprega para conter líquidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade de peso de valor moi variable segundo o país ou as localidades. A máis xeneralizada é a tonelada métrica (t), que equivale a 1.000 kg. Son tamén moi correntes a tonelada inglesa ou longa, que equivale a 2.240 libras ou 1.016,047 kg, e a tonelada americana ou curta, que equivale a 2.000 libras ou 907, 185 kg.

      1. Unidade de peso ou de capacidade que se emprega para medir o desprazamento dun barco.

      2. tonelada de arqueo

        Unidade de capacidade que equivale ao volume de 100 pés ou a 2,83 m 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olume ou capacidade dun navío.

    2. Cabida ou capacidade dun vehículo de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos toneis.

    2. Persoa que constrúe ou arranxa os toneis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflexión final de voz no grupo fónico a partir da última sílaba nunha frase enunciativa. Diferéncianse cinco tipos: a cadencia, a anticadencia, a suspensión, e as formas intermedias, a semicadencia e a semianticadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia semellante á tinta que empregan as impresoras e fotocopiadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular do Pacífico surcentral formado por un arquipélago de 150 illas e illotes (750 km2; 99.000 h [estim 2001]). A capital é Nuku’alofa.
    Xeografía
    O arquipélago está dividido en tres grupos: ao N as illas Vava’u, no centro as Ha’apai e ao S as Tongatapu e tres illotes illados. A maioría das illas son coralinas, pero 15 das máis occidentais son volcánicas, con volcanismo activo. O clima é tropical e a vexetación é de selva pluvial. Os tonganos desenvolveron cultivos comerciais para a exportación como cocos, bananas, sandías, vainilla e pasiflora, a carón dos cultivos habituais de subsistencia como mandioca, pataca doce, cítricos, taro, iñame, tomates e cacahuetes. A gandaría é escasa (porcos, vacas, cabras e cabalos) e a pesca é moi importante para a alimentación. A electricidade procede de centrais térmicas de petróleo, pero está sendo substituída por centrais mareomotrices. O sector manufactureiro produce pequena...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Tonga ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Tonga.

    1. Lingua malaio-polinesia do phylum áustrico que fala o pobo tonga. É oficial en Tonga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shaanxi, China, situada a uns 90 km ao N de Xi’an, á beira dun afluente do Wei He (280. 657 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión coreana nacionalista fundada en 1859 e que constitúe unha mestura de xamanismo, confucianismo, budismo e cristianismo, este último, no aspecto ritual. O seu fundador, Ch’oê, foi executado en 1864, como moitos dos seus sucesores, a causa das súas actividades terroristas. Ten uns dous millóns de adeptos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jilin, China, situada na rexión do Nordés (324.600 h [1990]). Está situada nas montañas de Changbai Shan. A abundancia de carbón e ferro na zona favoreceu a instalación dun gran complexo siderúrxico integral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo da costa oriental de República Democrática Popular de Corea, aberto ao mar de Xapón e situado entre os portos de Hŭngnam e Wŏnsan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do zizhiqu de Mongolia Interior, China, situada á beira do río Xiliao He, na chaira interior (255.129 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Anhui, China, situada á beira do Iang-Tsé, en Nanyi Hu, a uns 60 km augas abaixo de Wuhu (228.017 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do Oligoceno Inferior que, en parte, pode pertencer ao Eoceno Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é tónico.

    2. Estado normal de ton ou de tensión dun tecido ou órgano do corpo.

    3. Trazo fónico que serve para caracterizar a sílaba dunha palabra que se pronuncia con máis forza.

    VER O DETALLE DO TERMO