"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio da lingua mediante un glosógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra os movementos da lingua na linguaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial formado en xuño de 1998 para a xestión dun holding relacionado co mundo da comunicación. Presidido por Xavier Godó e dirixido por Carles Godó, en prensa escrita, o holding dispón dos diarios La Vanguardia e Mundo Deportivo, así como das revistas Vanguardia Dossier, Magazine, Què Fem?, Qué Más!, Escape, Interiores, Historia y Vida, La Revista dels Súpers, Club e Guia del Treball. Dentro do ámbito radiofónico, xestiona unha cadea de radiofórmula (RAC 105) e unha convencional (RAC 1), dispón do 50% de Antena 3 Radio e participa cun 20% en Unión Radio. Ademais, posúe unha licenza de radio dixital en España. En Internet está presente con La Vanguardia Digital, Mundo Deportivo On-line, Los Clasificados.com, e no proxecto Viápolis, entre outros. No campo da produción audiovisual conta con GDA, e desde o 23 de abril de 2001 coa canle local Citytv. No eido da publicidade dirixe Publipress. Ademais do seu mecenado en actos culturais,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Ferreira de Pantón. Formada por varios corpos erixidos en diferentes épocas, a súa planta ten forma de L. Conserva dous patios e unha capela integrada no edificio da que sobresae o campanario na fachada principal. Nesta, presenta unha solaina do s XVIII e dous escudos coas armas dos López de Lemos, Valcárcel, Breganzos e Enríquez, e coas dos Saco, Ribadeneira, Quiroga e Valboa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que serve para determinar graficamente ángulos sobre un plano, sen indicar o seu valor en graos.
-
GALICIA
Escritor. Catedrático de Literatura Norteamericana da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da Asociación Española para el Estudio de los EE UU (SAAS), da súa produción destacan La novelística de Carson Mc Cullers (1986) e El mundo novelesco de Carson Mc Cullers: soledad, amor e identidad (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro e xornalista. Emigrou a Cuba e permaneceu na illa ata 1898, ano en que regresou a Galicia. En 1899 marchou a Montevideo e Bos Aires. Durante anos percorreu as selvas e os desertos de Paraguay e Bolivia. En La Habana fundou os periódicos El Duende, La Nación, El Noticiero Ilustrado e El Brujo, e en Bos Aires, Correo de Galicia. Foi redactor de La Patria, El Combate, El Asimilista, La Lucha, El Orden e La Voz de Cuba, e colaborou con La Voz de Galicia. Publicou El Álbum de un guerrillero. Páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898 (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e avogado. Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, fundou e dirixiu a revista Alba. Da súa produción destacan obras como Raíz de las horas (1951), Os namoros (1961), El ágape de Dios. Historias para un cántico (1964), Poesía gallega contemporánea (1954), Antología de la poesía gallega contemporánea (1959), Por entre el arpa y la saudade (1965) e Teatro galego (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea celebrada en Gotha (22-25.5.1875) na que se uniron ás dúas correntes do movemento obreiro alemán: a do Partido Obreiro Socialdemócrata e a da Asociación Xeral de Obreiros Alemáns. O partido socialista unificado recibiu en 1890 o nome de Partido Obreiro Socialista de Alemaña (Sozialdemokratische Partei Deutschlands). O programa de Erfurt (1891) deulle un sentido marxista ao programa articulado en Gotha.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de grans ou sementes dunha planta, especialmente dos cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cor vermella escura que se extrae da cochinilla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
esícula que se forma por tecido epitelial e que contén o óvulo ou célula xerminal da femia. Contrariamente ao que acontece no macho, no momento do nacemento o ovario ten un número determinado de folículos (400.000-500.000 na muller), que xa non aumenta máis. En cada ciclo menstrual madura un, que expulsa o contido -o óvulo- cara á trompa e á matriz. Os folículos non maduros atrófianse, de tal maneira que, ao chegar a menopausa, de-sapareceron case totalmente.
-
PERSOEIRO
Anatomista e fisiólogo holandés. Investigou o funcionamento e as secrecións do páncreas en cans e estudiou os órganos sexuais do coello, traballos cos que contribuíu a un mellor coñecemento da reprodución dos mamíferos. Autores posteriores deron o seu nome ao folículo ovárico descuberto por el.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obxecto máxico de virtudes milagreiras, ao que só tiñan acceso os iniciados que, tralo pertinente proceso de iniciación, acreditasen a perfección espiritual. A etimoloxía do termo (lat cratale) describe o graal como unha vasilla ampla e algo profunda, semellante á bandexa para peixes que aparece en Perceval ou Li contes del graal (1190?) de Chrétien de Troyes. Pola súa banda, o Parzival de Wolfram von Eschembach (1200-1212) móstrao como unha pedra luminosa, en tanto que as versións cristianizadas da lenda remataron por asimilalo á vasilla na que Xosé de Arimatea recolleu o sangue do Crucificado (no ciclo atribuído a Robert de Boron) ou co cáliz que Xesús tomou nas súas mans para instituír a Eucaristía o día da Última Cea (nos ciclos da Vulgata e da Post-Vulgata artúricas). As súas orixes seguen a ser escuras xa que, ao seu arredor, se creou unha lenda que acadou gran relevancia na Idade Media, produto da fusión do evanxeo apócrifo de Nicodemo, a historia de Xosé...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química.
-
Impresionar sinais, datos, imaxes ou sons sobre unha cinta, disco fonográfico ou magnético ou outro soporte magnético, para poderen ser reproducidos despois.
-
Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea.
-
Quedar algo fixado na mente ou no ánimo.
-
-
-
Cargar a alguén cun imposto.
-
Impoñer un gravame, especialmente sobre unha propiedade.
-
-
PERSOEIRO
Historiador da arte francés de orixe ucraína. Especialista en arte da Antigüidade e da Alta Idade Media, realizou estudios de iconografías. Fundou a revista Cahiers Archéologiques. Das súas obras destacan La peinture byzantine (1954), Le premier art chrétien (1966) e Les voies de la création en iconographie chrétienne (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo alemán. Marcou a transición do romanticismo ao realismo. As súas obras máis importantes son Scherz, Satire, Ironie und tiefere Bedeutung (Burla, sátira, ironía e significado profundo, 1822), Don Juan und Faust (1829) e Hannibal (1834).
VER O DETALLE DO TERMO