"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bolboretas, da familia dos papilónidos, cunha eiruga verde con aneis transversais negros e puntiños vermellos, e un tentáculo que segrega unha substancia oleosa. Os adultos teñen unha coloración parda con manchas amarelas, azuis e vermellas, e as ás posteriores presentan ocelos. Pertence a este xénero a especie P. machaon, de entre 5 e 8 cm de envergadura, parasita de plantas apiáceas e común en Galicia.
-
-
Que é semellante a unha bolboreta.
-
Aplícase á corola dialipétala, cigomorfa, pentámera e de perfloración vexilar, que consta dun pétalo posterior grande, ou estandarte, de dous pétalos laterais, ou ás, e de dous pétalos inferiores ou internos, que son concrescentes ou conniventes e forman a carena. É característica das fabáceas.
-
fabáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
papilionáceo.
-
-
Relativo ou pertencente aos papiliónidos.
-
Insecto da familia dos papiliónidos.
-
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que se caracterizan polas súas grandes dimensións e as súas cores relucentes. A esta familia pertencen os xéneros Papilio, Iphiclides, Parnassius e Zerynthia, que se poden atopar en Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da papila óptica ou porción do nervio óptico visible co oftalmoscopio. Pode afectar só a un ollo ou aos dous. Provoca cegueira que, segundo sexa a causa e a gravidade da doenza, se pode recuperar ou non. OBS: Tamén se denomina neurite óptica.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto romano. Exerceu a avogacía e a maxistratura. Foi considerado príncipe dos xurisconsultos romanos, e a denominada lei de citas de Teodosio e Valentiniano III (426) confirmou a autoridade da fonte de dereito da súa doutrina. Das súas obras destacan as Responsa e as Quaestiones.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de comportamento sexual en que a realización ou a imaxinación, repetida ou exclusiva, de determinadas prácticas, consideradas inusuais ou extravagantes, é indispensable para atinxir a excitación sexual. As máis habituais son o exhibicionismo, o sadomasoquismo ou o travestismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza que se caracteriza por hemorraxias debidas a un déficit conxénito do factor V da coagulación.
-
-
Relativo ou pertencente á parahemofilia.
-
Que ou quen está afectado de parahemofilia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que, sen ser militar, ten estrutura ou disciplina militar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que deriva do trifenilmetano. Pertence ao grupo dos colorantes que se usan na tinguidura do algodón.
-
GALICIA
Compositor e teórico musical. Realizou diversos artigos sobre cuestións musicais e tamén se dedicou á docencia. Da súa produción destacan algunhas cancións galegas moi populares en romarías e festividades do antigo Reino de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora, condesa de Pardo Bazán. De familia nobre, trasladouse a Madrid en 1869, e alí entrou en contacto cos parladoiros literarios, o Ateneo e o mundo aristocrático, ademais de asistir con asiduidade ás sesións do Congreso. As súas viaxes por Francia, Inglaterra ou Italia foron moi enriquecedoras para a súa formación, e nelas coñeceu a diversos personaxes como os irmáns Goncourt e É. Zola. Foi unha muller cunha cultura literaria moi extensa, xa que leu con especial interese a autores da literatura europea da súa época como Juan Valera, Benito P. Galdós, Peray e Vitor Hugo, e sobre todo a un emerxente Émile Zola. A súa curiosidade intelectual estendeuse tamén a outros campos, como a filosofía e a ciencia. A súa produción literaria comezou coa publicación do libro de poemas Jaime (1876), dedicado ao seu fillo. Despois do éxito logrado con esta obra, o seu traballo literario centrouse na publicación de ensaios en revistas, feito que a colocou na vangarda da crítica literaria de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico italiano. Profesor de botánica en Florencia (1842-1877), foi o autor da primeira Flora Italiana (1848-1874). Colaborou con P. B. Webb e con A. P. de Candolle na publicación do Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabili (1824-1873), do que redactou o capítulo que corresponde ás coníferas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político republicano formado por E. Castelar en 1876 como Partido Demócrata e que adoptou a denominación de Demócrata Posibilista en 1879 para se diferenciar dos progresistas demócratas de Cristino Martos. Centrou o seu programa unicamente na consecución do sufraxio universal e na participación electoral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de pasible.
-
-
Home, nunha familia romana, que non ten outro ascendente masculino e que posúe pleno dereito como xefe da casa. Os seus poderes sobre os fillos (patria potestade), os bens e os escravos (mancipatio), eran case ilimitados. Era propietario do patrimonio familiar e efectuaba todos os actos xurídicos da familia.
-
Cabeza de familia.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Teórico do denominado nuevo cine español, realizou desde esta corrente Nueve cartas a Berta (1966, Concha de Plata en Donosti) e Del amor y otras soledades (1969). Posteriormente dirixiu Caudillo (1977), Los paraísos perdidos (1985), Madrid (1987) e Octavia (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao patrilinealismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de organización social que observan aquelas sociedades en que os fillos se integran automaticamente na liñaxe, clan ou estamento do pai, do que reciben tamén os principais elementos constitutivos da súa condición social.