"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Falta de reacción aos estímulos normais por aletargamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Inglaterra (Devon), Reino Unido, incorporada a Torbay.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colar ríxido de metal en forma de semicírculo, sen chegar a pecharse, que usaban os pobos prerromanos. Característico da ourivaría castrexa, documéntanse desde comezos da Idade do Bronce. A maioría das pezas atopadas teñen un peso similar, arredor do medio quilo, pero hainos que se distinguiron polo seu tamaño, como o de Burela, de case dous quilos. A súa tipoloxía é moi variada e pódense ditinguir pola súa decoración, a súa forma xeral ou os remates. Segundo a distribución espacial, distínguense cinco tipos básicos aínda que pode haber variacións: ártabro, que é propio do N de Galicia e presenta aramios enrolados e remates en periña; astur-norgalaico, que se situou no N de Galicia e Asturias, cos aramios máis enrolados e os remates de dobre escocia; nororiental, da área oriental galega, lisos, e con vara de sección cuadrangular con remate en periña; flaviense, da zona de Chaves, con vara de sección cuadrangular e romboidal e remates en dobre escocia;...

    2. Xoia que ten esa forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado e teólogo. Converso do xudaísmo, fíxose dominicano e foi provincial da orde en Castela (1417). Teólogo papal no Concilio de Basilea (1432) e mestre do Palacio Pontificio (1435), foi cardeal (1439) e bispo de Cádiz (1440), Ourense (1442-1445), León (1463) e Sabina e Poggio Mirteto (1463). Escribiu unhas corenta obras, vinte e sete das cales foron editadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador de orixe castelá. Franciscano, foi provincial da orde en México. Publicou Monarquía indiana (1615), en defensa dos indios, fonte principal para coñecer a cultura totonaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi prior no convento segoviano de Santa Cruz e en 1474 converteuse no confesor dos Reis Católicos, participando no seu consello. Reorganizou a Inquisición e, a instancias dos monarcas, foi nomeado polo Papa Sixto IV inquisidor xeral de Castela e dos estados da Coroa de Aragón, chegando a ser Gran Inquisidor de España en 1487. Ditou uns regulamentos draconianos para os cárceres e tribunais inquisitoriais. De fondas crenzas católicas, convencido da necesidade da unificación relixiosa da Península Ibérica, empregou toda a súa influencia sobre os Reis Católicos para lograr a expulsión dos xudeus en 1492. Utilizou a Inquisición para perseguir os falsos conversos, considerados inimigos do Estado e da Igrexa, e outra serie de delitos como a herexía, a bruxaría, a bigamia ou a usura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de presión que equivale a 101.325/760 Pa. OBS: Tamén se denomina milímetro de mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rebanda de pan torrado.

    2. Rebanda de pan mollada en leite e ovo ou en viño tinto, fritida e con azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comediógrafo e guionista, irmán de Ramón Torrado Estrada. Foi xornalista de La Voz de Galicia na década de 1920. En 1929 instalouse en Madrid e estreou Crack, a súa primeira obra de teatro. Tras a Guerra Civil iniciou a súa actividade cinematográfica da man de Cesáreo González, produtor de Suevia Films. Desde ese intre, alternou a súa actividade como guionista de filmes, moitos deles dirixidos polo seu irmán, coa creación de exitosas obras de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guionista e realizador cinematográfico, irmán de Adolfo Torrado Estrada. Dedicouse inicialmente á pintura que evolucionou da pintura tradicional cara ao cartelismo. Finalizada a Guerra Civil e instalado en Madrid, iniciou a súa relación co cine ao colaborar na adaptación cinematográfica de Manolenka, unha obra teatral do seu irmán e Leandro Navarro. En 1940 participou na versión cinematográfica doutra obra do seu irmán, El famoso Carballeira (1940), primeiro filme en que Cesáreo González actuou como produtor. A finais dese ano fundou a produtora Suevia Films-Cesáreo González, onde Ramón debutou como director na curtametraxe Tres maletas y un lío (1942), e nese mesmo ano rodou Campeones, unha longametraxe de tema futbolístico que obtivo un grande éxito xa que contou con destacados deportistas da época. Na segunda metade da década de 1940 a produtora levou a cabo unha serie de filmes cunha idea idílica de Galicia, pensada sobre todo para os galegos emigrados...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina que se emprega para torrar o café.

    2. Electrodoméstico que serve para torrar rebandas de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL de Ciudad Real (2.888 h [2001]). Destaca a gandaría de la e a porcina, así como a industria alimentaria, principalmente a elaboración de viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento paleolítico situado en Torralba del Moral, preto de Medinaceli (Soria). Escavado en 1909 e en 1961, destaca pola fauna cuaternaria e pola industria lítica acheuliana, que demostra que era un lugar onde se cazaban e consumían os grandes mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto portugués. Activo entre 1529 e 1566, fixo a ábsida dos Jeronimos de Belem, a igrexa do convento dos dominicanos de Elvas, as de Santo Amaro e da Mitra, de Lisboa, e o claustro de Dos Felipes e a igrexa de Santa María de Conceição de Tomar, entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU (137.946 h [2000]). Formou parte da área urbana de Los Angeles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornar algo dourado ou queimado pola acción do lume ou da calor.

    2. Secar ou coller algo ou alguén unha cor dourada pola acción da luz ou da calor do sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Vigo 29.12. 1912) Pintor. En 1935 trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Co estoupido da Guerra Civil foi mobilizado e ao termo desta rematou os estudos. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo e, desde 1954, concorreu ás Exposicións Nacionais, onde obtivo unha terceira medalla en 1962. Cultivou o retrato, a paisaxe, incluída a urbana, o bodegón e as escenas populares. De estilo íntimo e ecléctico, evolucionou desde o realismo figurativo e pintou figuras moi escultóricas integradas na paisaxe, exaltando sentimentos de tenrura. A súa pincelada é firme, sen veladuras nin esfumados. As súas obras achéganse, partindo dun postimpresionismo cubista, aos modos fauves. Destacan, entre outras obras, Pintora e modelo (1952), Porto de Guixar (1965), Muller con muíño (1965), O Berbés (1973), Capea en Albarracín (1984-1985), Praia (1985-1987), Boi esfolado (1985),...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Construción de fabricación cilíndrica ou prismática, máis alta que ancha, illada ou sobresaíndo dunha edificación, feita para protexer unha cidade ou un castelo, para ver a gran distancia, para ter instaladas as campás, o reloxo ou con outros fins. Tivo sobre todo funcións defensivas, de atalaia ou de faro. Constituíu a miúdo a parte máis invulnerable do castelo e pasou a ser a parte máis luxosa, como a torre da homenaxe. A torre colocada coas mesmas finalidades en igrexas e conventos chamáse campanario, e a das mesquitas minarete. Coa creación dos burgos, pasou a ser o símbolo da cidade. Durante o Renacemento e o Barroco tivo un carácter máis decorativo.

      2. torre de babel

        Construción situada en Shinan (Babilonia) e levantada polos descendentes de Noé, que pretendían que alcanzase o ceo, feito de soberbia que provocou a ira de Iavé, quen interrompeu a construción confundíndolles as linguas.

      3. torre de control

        Construción feita nun aeroporto, de altura suficiente para dominar visualmente todas as pistas, as zonas de embarque ou as áreas de manobra, e poder observar o ceo libre de obstáculos, no que están reunidos todos os servizos de radionavegación e de telecomunicacións que permiten regular o tránsito dos avións e a zona ao seu redor.

      4. torre mestra

        torre da homenaxe.

    1. Construción de formigón, metálica ou de madeira que se emprega como soporte para o conxunto de condutores dunha liña de alta tensión mediante os illadores correspondentes.

    2. Cada unha das catro pezas do xogo do xadrez, dúas brancas e dúas negras, que ao inicio da partida están situadas nas cuadrículas correspondentes aos catro ángulos do taboleiro. Poden moverse en liña recta en todas as direccións.

    3. Formación do exército romano semellante á columna.

    4. Artefacto de guerra antigo en forma de torre, destinado a transportar guerreiros atacantes.

    5. IIlamento intelectual ao que se somete alguén, ignorando voluntariamente os problemas sociais ou políticos que o envolven.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado pola raíña rexente María Cristina en 1890 a Manuel Bárcena Franco (Vigo 27.8.1834-1908), alcalde de Vigo (1879) e senador pola provincia de Pontevedra. A través da sociedade Menéndez y Bárcena, posteriormente Banca Bárcena, dedicouse ao comercio de importación, á consignación de buques e á representación de compañías navieiras estranxeiras. Fundador da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo, foi representante consular de Reino Unido, Rusia, Alemaña, Bélxica e Dinamarca. Recibiu a Gran Cruz de Isabel La Católica. O título herdouno o seu primoxénito, Manuel Bárcena e Andrés-García , cónsul de Reino Unido en Vigo. O seu fillo e sucesor foi Manuel Bárcena de Castro (Vigo 1.6.1905-Redondela 1.11.1962), III conde de Torre Cedeira, que non tivo descendencia polo que o título pasou ao seu irmán Filipe Bárcena de Castro (?-Vigo 4.8.1984), IV conde de Torre Cedeira. En 1985 herdou o título o seu...

    VER O DETALLE DO TERMO