"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Principio segundo o que a velocidade de saída dun líquido por un orificio que está situado nun nivel h baixo a superficie libre de líquido é a mesma que ten en caída libre desde unha altura igual, é dicir, v = √2 gh,---- da que g é a aceleración da gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi cálido ou abrasador.

    2. Zona da superficie terrestre situada entre os dous trópicos e dividida en dúas partes iguais polo Ecuador, que se caracteriza por ter un clima moi caloroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Seguidor de Miguel Anxo e con influencias de B. da Maiano, o seu estilo alternou entre o academicismo e o naturalismo. Traballou en Roma, en Londres (esculturas de Enrique VII de Inglaterra e Isabel de York, sepulcro de Enrique VIII de Inglaterra e Catarina de Aragón) e en Sevilla (1520), onde contribuíu á introdución das formas renacentistas (Virxe co Neno, San Xerome penitente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NO da capital provincial (10.281 h [2001]). Posúe agricultura de regadío, gandaría e industrias derivadas e metalúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político panameño. Formouse nas escolas militares de El Salvador, EE UU e Venezuela. Tenente coronel da Guardia Nacional, tomou parte no golpe militar que derrocou ao presidente Arnulfo Arias en 1968. Convertido en comandante da Guardia Nacional, exerceu un control pleno e ditatorial do Estado, gobernando por decreto e encarcerando e exiliando aos seus adversarios. O seu fillo, Martín Torrijos , secretario do Partido Revolucionario Democrático, asumiu a presidencia de Panamá en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Durante a restauración absolutista interveu en diversas conspiracións liberais e foi encarcerado. En 1824, restaurado de novo o absolutismo tras o Trienio Liberal, tivo que refuxiarse en Londres desde onde organizou unha expedición antiabsolutista. Vítima dunha trampa que urdiu o xeneral Vicente González Moreno, gobernador militar de Málaga, desembarcou en Fuengirola con 50 homes, onde foi capturado e fusilado cos seus compañeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e mosaicista. Cara a 1280 colaborou con Cimabue na decoración da igrexa alta de San Francisco de Asís. En Roma (1280-1295), foi o representante principal, xunto con P. Cavallini, da nova cultura figurativa. Destacan os mosaicos que fixo para a ábsida de Santa María Maggiore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (8.244 h [2001]). Destacan os cultivos de cereais, árbores froiteiras, hortalizas, trigo, millo, oliveiras, vide e arroz. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura, a de maquinaria agrícola, e a de construción. A tradicional actividade pesqueira perdeu importancia diante do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e arquitecto, fillo de Eduardo Torroja Caballé. Profesor na Escuela de Ingenieros de Madrid desde 1939, especializouse en estruturas de formigón. Creou novos tipos de cubertas para o Hipódromo de La Zarzuela (Madrid, 1935), con C. Arniches e M. Domínguez, e para o Camp de les Corts (Barcelona, 1943), de forma asimétrica. Construíu e calculou unha gran cantidade de pontes e acuedutos, das que destaca a ponte do ferrocarril de Tortosa. Publicou Teoría de la elasticidad (1945) e Filosofía de las estruturas (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de terra cuberto de herba que se levanta coa legoña ou co arado.

    2. Masa de terra compacta e maciza.

    3. Masa de certa substancia formada por grans miúdos, como o azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mos baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Costa del Sol (11.426 h [2001]). É un núcleo turístico en que tamén ten importancia a agricultura e a industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abraham ben Šĕlomó ibn Torrutiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato para medir o grao de rotación do globo ocular con relación ao eixe visual.

    2. Aparato que se emprega para determinar a torsión dunha barra metálica, existente entre os dous extremos, que se basea na medida do ángulo de deformación da barra por efecto do aparato de torsión aplicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de torcer ou torcerse.

      1. Deformación que experimenta un corpo que está sometido a dúas parellas de forzas, unha das que pode ser a reacción da outra, e actúan en sentidos contrarios e en dous planos paralelos, de maneira que cada sección do corpo sofre unha rotación respecto á outra sección próxima.

      2. ángulo de torsión

        Ángulo que forma unha sección recta dunha árbore ou dun eixo con relación a outra sección análoga, cando se aplica á árbore un aparato ou un momento de torsión.

      3. ensaio de torsión

        Ensaio en que unha probeta se somete a un esforzo de torsión para determinar a resistencia.

    2. Número de voltas que se dá nun fío ao fialo para evitar que as fibras se poñan unhas sobre outras. O sentido de torsión está definido mediante as letras S e Z. Cando se ve un fío vertical, coas espirais inclinadas igual ca a parte central da letra S, denomínase torsión S ou torsión dereita, e no caso contrario torsión Z ou torsión esquerda.

    3. alor numérico, definido para cada punto dunha curva, que vale cero nas curvas planas e que expresa canto se separa a curva considerada dunha curva plana nun contorno do punto considerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tronco do corpo humano.

    2. Tronco dunha estatua, especialmente cando carece de cabeza e de extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan con forma redonda e aplanada que case non ten miolo.

    2. Doce grande, redondo e plano, que se serve en porcións.

    VER O DETALLE DO TERMO