"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • faragullada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano italiana. Debutou en 1955 no Teatro Comunale de Modena, como Micaela en Carmen. No Covent Garden (1961) e na Scala de Milán (1962) debutou como Nanetta en Falstaff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos frinxílidos, ao que pertencen os pimpíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Cadea de illas baixas diante da costa sur e leste do mar do Norte, diante do litoral de Frisia e pertencentes aos Países Baixos (Frisias occidentais), a Alemaña (Frisias orientais e parte das setentrionais) e a Dinamarca (o resto das Frisias setentrionais).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas bulbosas, da familia das liliáceas, de ata 50 cm de alto, caracterizadas por presentar: de 5 a 10 follas lineares lanceoladas dispostas de xeito alterno; unha ou dúas flores campanuladas e pendurantes; e froitos en cápsula erecta de contorno hexagonal. As flores acadan entre 25 e 30 mm de longo, de cor púrpura acastañada -cun deseño axadrezado de liñas finas máis claras- por fóra e verdosa ou amarelenta por dentro, de tépalos internos máis amplos ca os externos e de bordo revirado. En Galicia está presente, en prados de montaña, a especie F. pyrenaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer froallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado a poñente de Casas-Ibañez e drenado por diversos afluentes do Júcar, que pasa ao S do termo municipal (1.842 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a cisterna romana de Fuente Grande e a casa do concello (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e relixioso. Os seus primeiros estudios lingüísticos defendían a unidade da lingua catalana. En 1910 redactou unha Gramàtica elemental de la llengua valenciana (1915), na que, como membro da Acadèmia de la Llengua Catalana, adoptou unha posición ecléctica fronte ás Normes ortogràfiques do Institut d’Estudis Catalans (IEC) e certas solucións ortográficas dialectais. En obras posteriores (Compendi de la gramàtica valenciana, 1921, e Vocabulario ortogràfic valencià-castellà, 1921) acentuou esta tendencia vulgarizante. En 1928 ingresou na Academia Española. As súas posicións gramaticais aínda variaron en Ortografia valenciana (1932), pero seguiu sen aceptar as normas do IEC. Tamén publicou, entre outras obras, Historia de la villa y condado de Cocentaina (1920), Temes pràctics per a l’ensenyança de la llengua valenciana (1926) e Los caballeros de apellido March en Cataluña y Valencia (1935)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘paraugas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco miúdo de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa cantábrica, no litoral da parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo, situada ao S da praia dos Castros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. fervellasverzas.

    2. Mamífero insectívoro da familia dos sorícidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Furelos, na parroquia de Furelos. Trátase dunha ponte do s XII de catro vans con bóvedas de medio punto e tallamares triangulares. Pertenceu ao Camiño de Santiago e menciónase no Liber Sancti Jacobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barril para conter líquidos, especialmente viño. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada fustalla cheira o viño que garda. Fustalla boa, lavada e limpa fai medio viño.”

    2. Conxunto de barrís ou toneis que se precisan para gardar a colleita de viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1872. Subtitulouse “Diario de noticias y anuncios”. Malia que nun principio se declaraba independente, co tempo converteuse en republicana. Contaba con obradoiros tipográficos propios e incluía, ademais de información xeral, crónica local e espectáculos. En 1873 pasou a denominarse Diario de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Pobra do Caramiñal a partir de 1903. Imprimiuse nuns obradoiros tipográficos instalados en Vilagarcía de Arousa e saía dúas veces por semana.

    VER O DETALLE DO TERMO