"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • RIOS

    Río da conca do Ulla, afluente do Deza pola esquerda. Nace na vertente setentrional da serra do Candán, na parroquia de Graba, concello de Silleda. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena as parroquias de Fiestras, Escuadro, Margaride, Rellas, Negreiros, Chapa, Breixa, Manduas, Ansemil, Martixe e Pazos, e pouco antes da súa desembocadura forma unha fervenza despois dun percorrido de 13 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira meridional da ría de Arousa, situada no litoral oriental da parroquia e concello do Grove. Unida ao continente por unha ponte, é un destacado centro turístico, que conta entre os seus principais atractivos cun balneario de augas termais e un casino de xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre a ría de Arousa que une O Grove coa illa da Toxa. Construída no s XX, trátase dunha ponte de trinta e cinco vans construída seguindo a tipoloxía das pontes de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada na illa da Toxa (O Grove). Ten planta rectangular cunha soa nave. Presenta a particularidade de ter a fachada cuberta con cunchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abunda o toxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acumulación de toxinas no sangue e estado morboso consecutivo.

    2. Toxemia que está producida pola inxesta de alimentos contaminados.

    3. Alteración que se produce durante a xestación ou pouco despois de acabado o parto, que consiste na hipertensión arterial, edemas e proteinuria, e en casos graves convulsións e coma.

    4. Toxemia que está producida polo paso do líquido da cavidade hidatídica á corrente sanguínea, ben directamente ou a través do peritoneo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia análoga á albumina que ten a propiedade de provocar a produción de anticorpos capaces de neutralizar a súa toxicidade. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Gonzar (Portomarín) situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de tóxico.

    2. Actividade tóxica dunha substancia. O parámetro que máis se emprega para calificala é a dose letal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás substancias pezoñosas ou velenosas.

    2. Aplícase ao elemento ou ao composto químico que, en cantidades relativamente pequenas, pode provocar a morte ou enfermidades de órganos a causa das lesións estruturais ou funcionais que producen. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade da pel que é de orixe tóxica. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en toxicoloxía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia de aplicación sanitaria que estuda os velenos, as pezoñas ou os tóxicos. Estuda a procedencia e a natureza, as propiedades físicas, químicas e biolóxicas, as vías de penetración no organismo, o metabolismo, así coma a patoloxía das intoxicacións, o tratamento dos intoxicados, a loita contra as intoxicacións e as cuestións legais, xurídicas e sociolóxicas relacionadas cos tóxicos. O uso de pezoñas foi moi divulgado no Renacemento, o que deu lugar á aparición, no s XVII, da toxicoloxía legal, para asesorar os tribunais. O primeiro tratado científico Traité des poisons ou toxicologie générale (1814-1815) foi publicado por Mateu Orfila e Rotger, grazas ao que a toxicoloxía alcanzou o nivel de ciencia. A toxicoloxía non só é unha ciencia que se ocupa de envelenamentos agudos individuais, senón que é tamén unha ciencia de interese colectivo que trata de intoxicacións, moitas veces crónicas, que inclúen campos tan variados como a toxicoloxía bromatolóxica, a...

    2. Parte da bromatoloxía e da toxicoloxía que estuda os posibles efectos tóxicos dos alimentos. Os efectos tóxicos dos alimentos poden ser debidos a moitas causas: contaminación bacteriana, por compostos químicos engadidos, contaminación natural, alimentos que se descompuxeron, compoñentes que se forman en animais ou plantas estacionalmente ou por causas ambientais, compoñentes habituais de alimentos sans que son tóxicos para algúns individuos ou substancias naturais canceríxenas en alimentos. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á toxicoloxía. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • drogadición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade causada por substancias tóxicas esóxenas ou endóxenas.

    2. Inflamación do estómago e do intestino que adoita afectar a nenos coas defensas alteradas. OBS: Tamén se denomina gastroenterite infantil. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO