"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador francés. Comezou pintando obras de tema histórico, como o Corésus et Callirrhoé (1756), que deixou polo tema galante, que acometeu con pincelada solta e vibrante en L’escarpolette (A randeeira), Le chemise enlevée (A camisa levantada) e Les baigneuses (Bañistas). Cultivou tamén a paisaxe en La fête a Saint-Cloud (Festa a Saint-Cloud, 1775), o retrato en L’abbé de Saint-Non (O abade de Saint-Non,1769), escenas familiares e antigas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Olor que resulta suave e agradable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que exhala fragrancia.
-
PERSOEIRO
Humorista coñecido polo pseudónimo de Forges. Estudiou telecomunicacións e ciencias sociais. Publicou o seu primeiro debuxo en 1964, cando traballaba como mesturador de imaxes en TVE. Os seus debuxos reflicten con ironía a España que viviu a transición e a consolidación da democracia. Colaborou en diversos medios como La Codorniz, Pueblo, Ya, Hermano Lobo, Por favor, Arriba, Informaciones, Interviú, Lecturas, El Jueves e Jano. Iniciou a súa viñeta diaria en El País en 1995. Como realizador dirixiu os filmes País SA (1975) e El bengador gusticiero y su pastelera madre (1976), e as series televisivas Vivir es lo que importa e 24 horas aquí. Como debuxante publicou El libro de Forges (1972), Historia de aquí (1980), En un país de Romerales (1986), No me fume (1996) e Doce de Babilonia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo. En 1918 evitou marchar coa súa familia a Brasil ao ingresar nunha escola establecida en Famelga na parroquia de Aguasantas. O seu mestre convenceu aos pais para que continuase cos seus estudios e en 1919 aprobou por libre o ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra, onde realizou o bacharelato e onde tivo como mestres, entre outros, a Ramón Sobrino Buhigas, Antón Losada Diéguez e Castelao. En 1923 fundou xunto con outros compañeiros de estudios, entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa do galego e a elaboración dun dicionario. Ese mesmo ano interveu por primeira vez nun mitín no que defendeu a Manuel Portela Valladares. En 1924 trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Filosofía e Letras. Axiña comezou a colaborar no Seminario de Estudos Galegos e, a proposta de Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala. En 1926 escribiu o seu primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, mariño mercante e deseñador gráfico. Dende 1982 alterna a pintura co deseño de produtos e de imaxe corporativa de empresas galegas. Realizou exposicións en Ferrol, A Coruña, Narón, Pontedeume, Pontevedra e Barcelona. A súa obra atópase en coleccións de Galicia, Bilbao, Madrid, Setúbal e Singapur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Porto (Cabanas). Ten planta en forma de L formada por dous corpos rectangulares coa escaleira exterior adaptada ao ángulo. Reformouse en 1945 e engadíuselle unha galería acristalada erixida sobre un pórtico de formigón. O escudo trasladouse ao Arsenal de Ferrol.
-
GALICIA
Profesor. En 1881 entrou na Escola Normal de Lugo, onde formou parte do grupo de galegos que acudiu ao Congreso Nacional Pedagógico (1882). En 1890, foi nomeado profesor numerario en propiedade da Escuela Normal de Maestros de Cuba e presidiu, durante sete anos, a Sección de Instrución do Centro Gallego de La Habana. Foi redactor xefe do semanario El Profesorado, dedicado á defensa do maxisterio e do ensino, e director de Criterio Escolar, órgano do Centro del Magisterio de Cuba. Repatriado a España (1898), foi nomeado profesor da Escola Normal Superior de Santiago de Compostela (1899-1919), centro que dirixiu en 1901 e a partir de 1905. Tamén foi catedrático auxiliar interino da facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Implicado na vida social e cultural compostelá, foi vicesecretario da Sociedad Económica de Amigos del País e impulsou iniciativas congresuais, como o Certamen Pedagógico de Santiago de Compostela (1906) ou o Congreso de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e sindicalista. Estudiou na Escola Normal de Santiago de Compostela e exerceu o seu maxisterio nas escolas de Val Miñor, Vilaza, Ponte Caldelas e Vigo (Coia), entre outras. Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Fundou o xornal El Heraldo de Puente Caldelas e colaborou en xornais e revistas como Escuela Vivida, órgano de expresión da Casa do Mestre de Pontevedra, na que dirixía a sección dedicada á actividade societaria, ATEO de Ourense e El pueblo gallego. Coa Guerra Civil tivo que fuxir ao monte, pero foi encarcerado e fusilado no Castro (Vigo). Publicou Manual del turista. Guía de Vigo (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Janet Patherson.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o pintor que realizou as pinturas murais das igrexas de San Pedro de Frameán (Monterroso) e San Miguel de Moreira (A Estrada). Nas dúas igrexas representou o Lavatorio e a Oración no horto. A falta de dominio do debuxo provocou que as pinturas se caracterizen pola frontalidade. Nos fondos combinou o paisaxístico con formas que imitan os brocados. As figuras caracterízanse pola falta de expresividade dos corpos e pola falta de corporidade das vestimentas.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída no s XII, ten planta dunha soa nave rectangular e ábsida recta. O arco triunfal é posterior. No interior destacan as pinturas murais do testeiro da ábsida, obra do denominado mestre de Frameán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza ordinaria que ocupa a mesma superficie do primeiro cuarto dun escudo.
-
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil (232.656 h [1991]). Centro brasileiro de calzado, ten unha das refinerías de azucre máis importantes do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e crítico da arte portugués. Nos seus escritos defendeu o surrealismo. Dende 1970 dirixiu a revista Colóquio/ Artes da Fundação Calouste Gulbenkian. Das súas obras destaca A arte em Portugal no século XX (1974), pola que recibiu o Prémio José de Figueiredo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de arpón rematado en catro puntas que se utiliza para pescar varios tipos de peixes.
-
PERSOEIRO
Historiador e crítico da arte. En 1948 creou en París a primeira cátedra de Socioloxía da Arte na École Pratique des Hautes Études. Entre as súas obras destacan Peinture et société (1950), Histoire de la peinture française (1955) e Pour une sociologie de l’art: méthode et problématique (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Chieti, nos Abruzos, Italia, situada na costa do Mar Adriático, ao SL de Pescara (23.733 h [2001]). É un centro pesqueiro e turístico que conta cunha estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destacan os restos do núcleo medieval e o convento dominicano, recontruído en 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
François-Anatole Thibault.