"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Dignatario eclesiástico, inmediatamente inferior ao bispo, que preside o cabido das catedrais e colexiatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume profesional aplicado na súa orixe a individuos que desempeñaban ese cargo eclesiástico. Documéntase no s XIII: “Pelagi Daiam” (doc ano 1202 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 385).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor norteamericano. Comezou a súa carreira artística con pequenos papeis en compañías de teatro. Logo estudiou interpretación con James Whitmore na California University. En 1952 debutou como actor de teatro en Broadway e continuou os seus estudios no Actor’s Studio. Entrou nos estudios Warner da man do director Elia Kazan, co que fixo East of Eden (Ó leste do Edén, 1955), filme que o lanzou como actor e o converteu en ídolo dunha xuventude inconformista. Tamén protagonizou Rebel Without a Cause (Rebelde sen causa, 1955) e Giant (Xigante, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Coreógrafa estadounidense. Representante da danza minimalista, realizou entre outras coreografías, Dance (Danza, 1978), Music (Música, 1980) e Space (Espacio, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de quenllas, de ata 110 cm de lonxitude, co fociño moi longo e aplanado, ollos grandes de cor verde e corpo de cor cinsenta ou castaña, co ventre máis claro, co bordo posterior das aletas de cor violácea e as aletas dorsais provistas, na parte anterior, dunha espiña sobresaínte e grosa con sucos. Son ovovivíparos e paren entre 6 e 12 crías. A especie D. calceus desenvólvese no Océano Atlántico, dende Senegal ata as illas Feroe, preto do fondo entre os 70 e 1.500 m, onde se alimenta da fauna bentónica, especialmente de peixes e camaróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e de Educación da Universidade de Vigo, dá clases na facultade de Ciencias da Educación no campus ourensán. Vicepresidente da Asociación Española para la Educación Especial e membro de diversos comités de revistas científicas e anuarios, dirixe a revista Educación, Desarrollo y Diversidad. Desenvolve unha liña de investigación centrada nas dificultades da aprendizaxe matemática, sobre a que publicou Los conocimientos lógico matemáticos en la escuela infantil (1993), Dificultades de aprendizaje numéricas y matemáticas (1994), Desarrollo de operaciones lógico-matemáticas en sujetos con retraso ligero (1996), La discalculia (1998), Dificultades de aprendizaje del cálculo (1999) e Cómo prevenir las dificultades del cálculo (2000). Tamén desenvolve outra liña de investigación centrada na deficiencia mental, sobre a que publicou Modelos de orientación en educación especial (2001),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Foi profesor na Universidad de Oviedo e na Universidad Autónoma de Madrid. Estudiou o pensamento de Wittgenstein e Carroll. Membro do comité cultural de El País, colaborou coa Revista de Occidente e foi asesor da Editorial Alianza na súa colección Universitaria. Publicou El juego de la Lógica (1972), Introdución a la Lógica Formal (1975), Las concepciones de la Lógica (1980) e Escritos filosóficos (1984), que é un compendio das súas investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que un antropónimo chega a se converter en nome común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU (897.286 h [1990]). Formouse ao redor da fábrica Ford, establecida en 1920 na periferia de Detroit. É a sede do Instituto Tecnolóxico Edison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barco’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Formado como documentalista, realizou algúns filmes psicolóxicos, como The Blue Lamp (A lámpada azul, 1950), Vitim (Víctima, 1962) ou Woman of Straw (Muller de palla, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica arriba ou riba e mais a preposición de indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Pedro darriba” (doc ano 1368 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 520). Variantes deste apelido son Darriba, Darriva e Dearriva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Dearriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Val da Morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Calvados, na Baixa Normandie, Francia, situado no esteiro do río Sena (4.261 h [1998]). É un importante centro turístico con estación balnearia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro da misión de artistas franceses que promoveu Xoán VI, durante a súa estancia en Rio de Janeiro (1815-1831) contribuíu á creación da Academia de Belas-Artes e promoveu a primeira exposición de arte en Brasil en 1829. As súas obras reflectiron a sociedade brasileira. Ao regresar a París editou o libro de gravados Voyage pittoresque et historique au Brésil, ou Séjour d’un artiste français au Brésil (Viaxe pintoresca e histórica a Brasil, ou estancia dun artista francés en Brasil, 1834-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor de mimo francés. Comezou a traballar en París, no Boulevard du Crime e no Théâtre des Funambules, e fixo unha destacada recreación de Pierrot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale a dez áreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de superficie que equivale á décima parte dunha área.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Decreto-Lei 7/1978, polo que se aproba o réxime de preautonomía para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO