"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • GALICIA

    Compositor e editor de música. Director de Arte Tripharia, foi fundador e presidente das Juventudes Musicales de Vigo, e fundador do grupo Letrinae Música. Publicou o proxecto Escuela Internacional de Música Nuevo Baztan e as obras Borobó (1999) e Tálamo e túmulo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Introduciu o daguerrotipo en Alemaña, xunto co seu socio Hermann Biow (1810-1850). En 1842 retrataron as ruínas do distrito de Alster (Hamburgo) despois dun incendio de tres días, o que supuxo a primeira reportaxe fotográfica da historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mariño, marqués de Suanzes. Pertenceu ao Corpo de Enxeñeiros da Armada desde 1917. Foi director da Sociedad Española de Construción de Cartagena (1921) e dos estaleiros de construción e da factoría de Ferrol (1927-1934). Foi ministro de Industria e Comercio (1938-1939, 1945-1951) e creou o INI en 1941, do que foi o seu primeiro director durante dúas décadas. Escribiu La Industrialización de España en 1949 (1949). Recibiu o premio de enxeñaría na modalidade de aplicacións técnicas e industriais da Fundación March (1961) e a Medalla de Oro de Madrid (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Vallellano. Alcalde de Madrid (1924-1927), redactou o manifesto de Afonso XIII do 23 de xaneiro de 1932. Vicepresidente de Renovación Española (1933), foi deputado entre 1933 e 1935 e en 1936. Conselleiro permanente do Consello de Estado desde 1941, en 1958 accedeu á súa presidencia. Foi ministro de Obras Públicas (1951-1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi autor de La llaga (1948), Calle de Echegaray (1950), O acomodador e outras narracións (1969), El agua y el vino (1988), Dios está lejos (1988) e Allariz (1991). En 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e realizador cinematográfico. Estudou dereito en Salamanca e fixo exposicións en Madrid e París. Representante universal da fotografía galega, publicou en Mundo Gráfico, La Nación, Life ou U.S Camera. Correspondente en Xapón (1953) e Galicia (1960), fixo series fotográficas sobre a cultura tradicional e interesouse polo teatro Noh. Como director de fotografía participou en Los Carunchos de Florida (1938), Oro entre barro (1939) ou Malabo (1942). Como director rodou Mariñeiros (1936), documental que non se conserva, e La mujer y el jockey (1939). Publicou 50 fotos de Salamanca (1932), con prólogo de Miguel de Unamuno, Nieve en la Cordillera (1942) e The Life and Death of the Fightin Bull (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto grao da escala diatónica, situado entre a mediante e a dominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que subordina.

    2. Aplícase ao elemento gramatical que subordina outro, como a oración principal nunha composta subordinada, ou que expresa formalmente a relación en subordinación, como algunhas conxuncións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade pola que un organismo heterocigoto, para un carácter determinado, mostra unha expresión do xene máis forte que a de calquera dos homocigotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sexta nota na escala diatónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cronista de Vigo, colaborou nos principais xornais vigueses e galegos, e escribiu poesía e obras históricas e biográficas. Publicou as odas A la Guerra de la Independencia (1862), A D. Pedro Calderón de la Barca (1881), Al trabajo (1882), Albores. Poesías premiadas e inéditas (1883), e a lenda La corona de fuego (1893); ademais das obras históricas La reconquista de Vigo (1880), El combate del Callao. Descripción del bombardeo y biografía del almirante Méndez Núñez (1884), Biografía del ilustre marino, hijo de Vigo, D. Casto Méndez Núñez (1890), Los héroes de la reconquista de Vigo (1891) e Estudio biográfico-político del Excmo. Señor Don José Elduayen, Marqués del Pazo de la Merced (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado. Xudeu converso, ingresou nos xerónimos en 1466 e foi prior de Valladolid entre 1470 e 1485. Bispo de Ávila (1485-1493) e confesor de Isabel I, coñeceu a C. Colón, a quen axudou economicamente. Conquistada Granada en 1492, foi o seu primeiro arcebispo (1493-1507). O cardeal Cisneros opúxose á súa política de asimilación pacífica dos musulmáns e en 1507 a Inquisición acusouno de xudaizante. Fundou un colexio episcopal do que xurdiron un bo número de bispos reformadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lanzador de xavelina. Director do complexo deportivo de Monterrei, dos seus galardóns destacan a medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo en Tunes (1967), o Gran Premio Ciudad de La Coruña (1970) e a Copa Latina de Atletismo (1975). Conseguiu o Campionato de España en seis ocasións (1968-1971, 1974-1975) e a mellor marca nacional en 1968 e 1971. Internacional absoluto en 24 ocasións, participou nos Xogos de Montréal (1976) e foi nomeado mellor deportista nacional (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Madagascar e da provincia homónima, situada no altiplano de Imerina (1.052.835 h [1993]). Ten industrias alimentarias, téxtiles e mecánicas. Posúe unha universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Madagascar (58.283 km2; 3.483.236 [1993]). A súa capital é Tananarive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Foi un innovador no campo das operacións, da difusión das novas metodoloxías biomédicas e da divulgación médica. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1893-1896 e 1898-1900), militou no Partido Liberal e foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela (1886-1899). Foi membro e presidente (1870-1871) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu La terapéutica que se impone (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das figuras de anxos ou homes que suxeitan un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfúrico de arsénico e cobre, de fórmula Cu12As4S13. Cristaliza no sistema cúbico, en cristais en forma tetraédrica e tamén en masas ou gránulos. A dureza é de 4,5 e a densidade, de 4,6-5,1. A súa cor está entre o gris e o negro, e presenta un brillo metálico. Forma unha solución sólida coa tetraedrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que termina.

    2. Que non se pode discutir ou dubidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi docente da Escola Normal de Santiago de Compostela, onde contribuíu tanto á renovación como á galeguización do profesorado mozo que formaba, e foi un dos creadores de Vanguardia Pedagógica. Publicou Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia (1935), en que se fai unha análise da situación escolar galega, adiantando orientacións de reforma cara á construción dunha escola galega.

    VER O DETALLE DO TERMO