"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Segunda proba, especialmente a que fan os impresores e gravadores para verificar a primeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conduce a unha consecuencia contraria á que se intenta probar ou a un resultado contrario ao que se persegue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estratexia televisiva que consiste en non facer pública a programación prevista. Deste xeito, pódese cambiar para ofrecer mellores propostas ca as das outras cadeas e así restarlles audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proposta que se fai en oposición a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto que se fai en oposición a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de coiro que se lle coloca á zoca polo bordo do xabre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de contrapuntear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer o contrapunto dunha melodía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músico que executa ou domina o contrapunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao contrapunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina musical que consiste na superposición de varias liñas melódicas e que ten como base o concepto de intervalo. O termo provén do latín contrapunctus (‘contra nota’), ou sexa, ‘nota contra nota ’ e, por extensión, ‘melodía contra melodía’. Oposto á harmonía, historicamente máis recente e que ten como principio básico o acorde, utiliza as liñas melódicas simultáneas sen prescindir das conxuncións verticais e os sons considéranse en función das súas distancias recíprocas. Estilo polifónico dos compositores flamengos e italianos do Renacemento (Ockeghem, Palestrina), chegou á súa expresión máis perfecta durante o s XVI. No momento en que apareceu a escritura harmónica, gozou dun gran florecemento grazas a J. S. Bach. Segundo o carácter rítmico dado ás partes que fan o contrapunto do canto dado, existen cinco tipos de contrapunto, que poden constar de 2 a 8 voces: no primeiro, as partes do contrapunto están formadas polos mesmos valores que os do canto dado (contrapunto ‘nota...

    2. Procedemento literario derivado da técnica musical coñecida co mesmo nome baseado na combinación simultánea de varios elementos antitéticos unidos harmonicamente, pero que manteñen a súa independencia. Acadou un maior desenvolvemento no eido da narrativa, onde se manifesta mediante a unión de distintos núcleos ou argumentos a través de puntos de enlace. Iniciado por James Joyce en Ulysses (1922), John Dos Passos ensaiou en Manhattan transfer (1925) un modelo de construción fragmentaria que implicaba a alternancia paralela de varios núcleos narrativos: cada capítulo incluía varias escenas que reflectían unha sucesión de vidas no marco común de Nova York. O procedemento asentouse con Point counter point (Contrapunto, 1928), de Aldoux Huxley. Posteriormente, empregárono autores como William Faulkner, Jean Paul Sartre ou Camilo José Cela. No teatro, consiste na presentación dunha serie de intrigas paralelas que se suceden contrastando unhas con outras; e en poesía prodúcese cando se superpoñen...

    3. Elemento secundario que complementa e contrasta con outro principal nunha situación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de contrapunzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcar co contrapunzón sobre unha peza metálica os puntos polos que furar ou tallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punzón empregado para sinalar, nas pezas metálicas, os puntos nos que se ten que furar e que serven tamén de guía para a broca no momento no que comeza a tradear.

    2. Punzón para golpear ou remachar nun lugar no que non pode entrar o martelo.

    3. Ferramenta, en forma de punzón, que ten gravadas en relevo as partes interiores dunha letra ou dun motivo, empregada para marcar o punzón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que recibe dende 1998 a segunda competición oficial do baloncesto masculino europeo organizada pola International Basketball Federation, denominada anteriormente Recopa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornelis Cornelissen van den Steen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Recibiu leccións de Achille-Etna Michallon, quen o introduciu no naturalismo inxenuo. Ao morrer este, ingresou no obradoiro de Victor Bertin, que o instruíu na doutrina pictórica da paisaxe histórica. Esta mestura de idealismo e clasicismo recibiu unha corrente de liberdade cos ensaios do pintor ao aire libre, feito que fixo da súa pintura, especialmente das paisaxes, un preimpresionismo. A súa técnica, baixo unha aparencia tradicional, creou unha atmosfera de luz e claridade. Na súa primeira viaxe a Italia (1825-1828), sen negar a validez da paisaxe histórica, penetrou na paisaxe realista. Nesta primeira estancia realizou, entre outras obras, Le Pont de Narni (A ponte de Narni, 1827) e Forum (Foro, 1826). De regreso a Francia, durante os meses de primavera e verán debuxaba bosquexos ao óleo tomados do natural que logo pintaba no seu estudo no inverno. En 1834 realizou a segunda viaxe a Italia, a onde regresou en 1843. Percorreu Francia e viaxou a Suíza (1842),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Santa Cruz de Viana (Chantada). Acolle os restos de frei Miguel González, coñecido como o corpo santo. Nun libro de 1720 recóllese a lenda dun suceso acontecido a comezos do s XIII. Disque frei Miguel González marchou en peregrinación a Santiago de Compostela con frei Pedro dos Moriños e san Pedro González Telmo. Ao chegaren á lagoa do Cepo, en Santa Cruz, pousaron o seu báculo na terra e este converteuse nunha pereira. Despois de coroar o monte do Faro, frei Miguel pediulles aos seus compañeiros que se morría o soterrasen na primeira igrexa onde escoitasen soar unhas campás. Trala súa morte, a igrexa de Santa Cruz foi a que primeiro fixo soar as campás e os seus compañeiros, cumprindo a súa derradeira vontade, enterrárono alí. Desde entón comezaron a sucederse os milagres neste templo e os veciños converteron o sepulcro orixinario nunha capela cun altar no que se esculpiu unha imaxe en pedra do freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio empregado en pastelería cun fío liso ou con diferentes tipos de estriado que recorta as pastas coa forma desexada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO