"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PERSOEIRO
Político e xurista francés. Deputado (1887), ministro de Educación (1895), vicepresidente da cámara e senador (1903), foi un destacado representante da dereita republicana. Foi ministro de Facenda (1906), xefe do goberno en cinco ocasións entre 1912 e 1929, e presidente da República Francesa (1913-1920). Antagonista de Alemaña e defensor da Tripla Alianza, a súa actitude precipitou a situación cara á Primeira Guerra Mundial. Ao volver ser presidente do consello (1921-1924) ocupou o Ruhr, e novamente no cargo de xefe do goberno (1926-1929), saneou as finanzas e estabilizou o franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia (25.810 km2; 1.640.068 h [1999]). Abrangue os departamentos de Charente, Charente-Maritime, Deux-Sè-vres e Vienne. A súa capital é Poitiers.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor checo. De orixe xudía, despois de loitar no exército colaborou en diversos diarios e revistas e coñeceu os irmáns Čapek, que lle ofreceron a posibilidade de traballar nun semanario satírico. Na súa obra describiu cun humor vivo e humano a vida da pequena burguesía checa, que reflectiu nos contos Povíkdy israelského vyznání (Contos de confesións israelitas, 1926) e na novela Dum na předměstí (A casa do suburbio, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Barrio de Cascallá (Rubiá). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extremo dunha atadura que se une ou ata ao extremo contrario.
-
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Expoñente da corrente cosmopolita do movemento literario do seu país, foi o teórico e o impulsor do Movemento dos 80, que acentuaba o individualismo, o esteticismo e o sensorialismo. Publicou Poessie (1880), Loreley (1882), Idyllen (1882) e Iris (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia que ocupou o poder real en Tahiti nos ss XVIII e XIX. Pomaré I (? -1780), Pomaré II (1780-1821) e Pomaré III (1821-1827) mantiveron unha política probritánica, ata que a Raíña Pomaré IV (1827-1877) foi obrigada a aceptar o protectorado dos franceses e expulsar os ingleses. Tras a abdicación de Pomaré V (1877-1880) o goberno francés asumiu o control de Tahiti.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudou en Milán e alí produciu a súa primeira ópera, I promessi sposi (1856), baseada na novela de Alessandro Manzoni. Foi mestre de capela de Santa Maria Maggiore de Bérgamo (1881) e estivo á marxe das loitas entre os partidarios de Verdi e Wagner. A súa obra mestra, a ópera La Gioconda (1876), sitúao entre a ópera verdiana e o verismo. É tamén autor do ballet Clarina (1873) e das óperas I lituani (1874) e Marion Delorme (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Ponteareas ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ponteareas.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Miguel que dá nome ao concello de Ponteareas, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Condado, situado na provincia de Pontevedra no límite sudoccidental da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 10’ 25” de latitude N e 9° 29’ 50” de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario (ambos na comarca do Condado) e Pazos de Borbén (comarca de Vigo); ao L con Mondariz e As Neves (comarca do Condado); ao S con Salvaterra de Miño, As Neves (ambos na comarca do Condado) e Salceda de Caselas (comarca de Vigo), e ao O con Porriño e Mos (ambos da comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 125,6 km 2 , en que acolle unha poboación de 22.411 h (2007), distribuída nas parroquias de Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea, San Lourenzo de Oliveira, San Mateo de Oliveira e Xinzo. A capital está no lugar de Ponteareas, na parroquia do mesmo nome, a 105 km de Santiago de Compostela...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Tui-Vigo, que abrangue 20 parroquias dos concellos de Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Comprende 17 parroquias principais e tres anexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.
-
GALICIA
Empresario e político. A súa actividade empresarial centrouse no sector conserveiro pois creou unha fábrica de conservas en Portugal e estivo vinculado á Unión de Fabricantes de Conservas. En Vigo foi xefe local de Falange Española durante a Guerra Civil e o primeiro delegado do Estado da Zona Franca en 1947. Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi alcalde da cidade (1964-1970). Foi procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra, en representación dos municipios (1965-1967) e das familias (1967-1971), e foi deputado por Coalición Democrática (1979-1982) e por Alianza Popular (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1914 en Madrid coa tese El sistema parlamentario en España y sus relaciones con el caciquismo. Foi catedrático na Universidade de Santiago de Compostela e concelleiro agrarista e presidente da Irmandade da Fala desta cidade. En 1917 formou parte da representación galeguista que organizou en Barcelona unha semana galeguista organizada pola Lliga Regionalista. Pódese afirmar que foi un dos creadores do nacionalismo na súa vertente política, así como un acérrimo defensor da lingua galega, pero non esqueceu a europeización da cultura e rexeitou o separatismo. Considerou a Galicia e a España como dous entes diferenciados pero cunha estreita interrelación. Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo temático: definiu a España cono unha organización defectuosa que se fundou na oligarquía e no caciquismo e responsabilizou os galegos e os factores endóxenos de Galicia do seus propios problemas....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xornalista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1889) e instalouse en Pontevedra, onde foi redactor do Diario de Pontevedra, xuíz municipal e decano do Colexio de Avogados (1898). En 1899 ingresou no corpo de rexistradores da propiedade e instalouse en Madrid. Entrou na política da man de Montero Ríos e foi deputado polo Partido Liberal polo distrito da Fonsagrada (1905-1923). Afastouse do seu protector e relacionouse con Basilio Álvarez, entre outros, ata chegar a ser un dos cofundadores da Liga Agrario-Redencionista (1910), que presidiu. Xosé Canalejas Méndez nomeouno gobernador civil de Barcelona (1910-1911), onde reprimiu con dureza as axitacións obreiras, e fiscal do Tribunal Supremo (1912). En 1923 foi ministro de Fomento. Participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego (1924), no que colaboraban republicanos e nacionalistas. En 1930 foi un dos promotores do Pacto de Barrantes. Coa chegada da Segunda República Española...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico e político. Doutor en Artes pola Universidade de Santiago de Compostela (1807), estudou no Colegio Imperial da Compañía de Xesús de Madrid (1820-1822) e astronomía no Museo de las Ciencias de Madrid (1822-1823). Regresou a Santiago en 1824 e foi nomeado profesor substituto de Física Experimental e Química ao tempo que cursaba leis. En 1830 acadou a cátedra de Física na universidade compostelá. Foi deputado liberal pola provincia da Coruña (1836-1842). Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1839-1843), tentou adecuar os novos planos de estudos de leis e medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Emigrou moi novo xunto cos seus pais a Montevideo, onde traballou de camareiro e frecuentou a comezos da década de 1920 os ambientes libertarios. Representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos no consello federal da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), contribuíu á súa reorganización a partir de 1926. Desterrado en 1933 pola Ditadura de Gabriel Terra, retornou a Galicia e ingresou na Coruña no Sindicato de Camareros Terrestres adherido á CNT. Formou parte do Comité da Confederación Regional Galaica-CNT nos últimos tempos da Segunda República Española e participou en numerosos actos de propaganda por toda Galicia. Co triunfo do golpe militar de 1936, foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión por actividades clandestinas. Desde 1945 exerceu de enlace entre o comité da Confederación Regional Galaica na clandestinidade e o comité nacional da CNT, e formou parte do comité local da CNT coruñesa. Desfeito o organigrama cenetista logo das detencións...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Serbia, Serbia e Montenegro, situada a 60 km ao SL de Belgrado e a 12 km do Danubio (45.597 h [2000]). É o centro dunha rica comarca agrícola e mercado de produtos do campo e de viños. Nela asinouse o tratado coñecido co nome alemán de Tratado de Passarowitz.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Liñares e O Cebreiro, no concello de Pedrafita do Cebreiro. O seu cumio acada os 1.402 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO