"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde Sforza. Fixo a carreira diplomática e foi elixido senador (1919). Ministro de Asuntos Estranxeiros (1920-1921), negociou o Tratado de Rapallo. En 1922 foi nomeado embaixador en Francia, pero dimitiu e exiliouse cando Mussolini chegou ao poder. Regresou a Italia en 1943 e foi ministro sen carteira (1944-1945), presidente da Asemblea Consultiva (1945-1946) e novamente Ministro de Asuntos Estranxeiros (1947-1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta xudeu. Dirixiu a revista Poetry (1950-1956) e cultivou a crítica (In Defence of Ignorance, 1960). Da súa obra poética destacan Poems (1935), Person, Place and Thing (1942), Poems of a Jew (1958) e White-Haired Lover (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. Foi director do Harvard College Observatory ata 1952. Destaca por determinar e calibrar (1916--1917) a lei período-luminosidade das variables cefeidas a partir da súa observación dentro dos cúmulos globulares, co que demostrou a súa enorme distancia e, así, as grandes dimensións do Universo. Determinou a dirección do centro da Galaxia (cara á constelación de Saxitario) e calculou a distancia. A comezos da década de1920 realizou, con Slipher e Hubble, as primeiras medidas de desprazamento das liñas espectrais cara ao vermello, que serviron máis tarde para demostrar a expansión do Universo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario creado por Arthur Conan Doyle. É un detective privado cunha gran perspicacia, protagonista, xunto co doutor Watson, dunha serie de novelas policiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo inglés. Estudou na University of Cambridge e na de Berlín. Profesor en Londres, Liverpool e Oxford, formulou a lei da inervación recíproca, introduciu termos técnicos e estableceu unha clasificación dos órganos sensoriais. Recibiu o Premio Nobel de Medicina (1932), compartido con E. D. Adrian, polos seus descubrimentos relacionados coas funcións das neuronas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico sueco. Estudou nas universidades de Lund, Gotinga e Múnic, e foi profesor das de Lund, Uppsala e Estocolmo, e director do Instituto Nobel de Estocolmo. Estudou as características físicas dos raios Röntgen, especialmente a súa refracción e o seu espectro. En 1924 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi conservador do Museo Etnolóxico de Ribadavia e posteriormente o seu director. Tamén dirixiu o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e foi subdirector xeral de Museos e Patrimonio Histórico e Documental. En setembro de 2005 foi nomeado delegado da Consellería de Cultura e Deportes en Ourense. Das súas obras destaca Sobre la tecnología del Bronce Final en los talleres del N.O. hispánico (1978) e, en colaboración, El depósito del bronce final de Samieira (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, astrónomo e cartógrafo, sobriño de Luis de Góngora y Argote. Membro da Compañía de Xesús, ensinou matemáticas e astroloxía na Universidad de México. Como cartógrafo real realizou, entre outros, un mapa xeral de Nueva España (1675). Como astrónomo mostrou familiaridade cos autores modernos como Copérnico, Galileo ou Kepler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e economista suízo. Defensor da intervención estatal nos asuntos económicos, foi precursor da política social en prol dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 1.6.1949) Historiador. Doutor en Historia de América (1990), foi profesor na Universidad Católica de Uruguay (1980, 1982) e desde 1991 exerce na Universidade de Vigo. Estudou, entre outros temas, a emigración galega cara a América. Foi presidente do consello asesor de RTVE en Galicia e secretario xeral técnico da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Coautor de diversos libros e publicacións, como Galicia & América. Five Centuries of History (1992), El Tercio de Voluntarios Gallegos en la defensa de Buenos Aires (1996), Consolidación republicana en América Latina (2000) e Asociacionismo galego no exterior (2001), das súas obras destacan San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural (1982), Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo (1987), El Brasil de Vargas (1998), A Emigración (1989) e Galeguidade e cultura no exterior...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor letón. Tomou parte activa no movemento nacional letón. Da súa obra destacan Cietumnieka sapni (O soño dun prisioneiro, 1903) e Mazās piezīmes (Pequenas observacións, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. É considerado pola revista Forbes como unha das persoas máis ricas do mundo. Estudou Enxeñería Civil na Universidade Nacional Autónoma de México ao tempo que impartía a cátedra de Álxebra e Programación Lineal. No ano 1966 constituíu a Inmobiliaria Carso. Dende a década dos 80 destacou como empresario con diversos proxectos inmobiliarios e comerciais e realizou numerosas inversións e adquisicións aproveitando unha época de crise para a economía mexicana. Entre as súas compras inclúense empresas de seguros, papel, finanzas e restauración. En 1990, adquire a compañía de telecomunicacións Telmex, en sociedade con SBC e France Telecom, e inicia unha nova etapa de desenvolvemento empresarial a nivel mundial. En 1997 adquire accións de Apple Computer, xusto antes do lanzamento do iMac, co que multiplica a súa fortuna. Nese mesmo ano chega a un acordo con Microsoft para lanzar un portal en castelán. Na actualidade realiza labores filantrópicas en Latinoamérica

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra ten un carácter realista e con fortes connotacións político-sociais. Destacan Italienska bilder (Imaxes italianas, 1865) e Svenska bilder (Imaxes suecas, 1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario polaco. Coñecido como Karl Bernhardovič Radek, ingresou na socialdemocracia polaca e de alí pasou á alemá e encabezou a súa á radical. Expulsado do partido, coa Revolución Rusa foi a Petrogrado e ingresou no partido bolxevique. Membro do Comité Central do partido bolxevique (1919), ocupou cargos importantes ata que pasou a formar parte da oposición, e en 1927 foi expulsado do partido. Volveu ao partido e aliouse con Stalin, de quen foi unha especie de secretario persoal, pero en 1937 foi condenado a dez anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi profesor de debuxo na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Realizou unha obra de carácter realista caracterizada polo debuxo firme e por unha paleta de cores en que abundan os carmíns, amarelos, verdes e azuis. A súa temática é galega con representacións de paisaxes, rurais e urbanas, e escenas da vida cotiá. En 1911 obtivo a terceira medalla na Exposición Internacional de Barcelona e a segunda na Exposición Universal de Panamá de 1916 por Calle de una ciudad gallega. Participou tamén nas exposicións rexionais da Coruña (1917 e 1923) e Santiago de Compostela (1926). Das súas obras destacan Tríptico marinero, Tríptico campestre, Mujer con gallina, Crucero, Romería, Aira campesina e Santa María desde A Caeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Discípulo de A. Rubinstein, formouse en Nova York e en 1898 instalouse en Londres, onde foi profesor da Royal Guild-Hall School of Music. Deu concertos con P. Sarasate e acompañou tamén ao violinista E. Ysaye. Participou no Cuarteto Español de Arbós e con este e Rubio formou un trío. Estreou Sinfonía sobre un canto montañés francés e Sinfonía Cénevole de V. D’Indy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Prusia e electora de Brandeburgo, filla de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Casou en 1684 co futuro Federico I de Prusia (Federico III de Brandeburgo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Dirixiu coa súa propia produtora unha serie de curtametraxes baixo o título xenérico de Contos de Alentraia. Destacan: O párroco embaucado (1993), Tornabón (1994) e O ferreiro de Paspallás (1996). Realizou documentais sobre os xardíns do Pasatiempo de Betanzos ou As bágoas de Fura (2000), sobre a extracción de esmeraldas en Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Alternou os estudos de pintura cos de arquitectura e traballou como delineante, pintor, muralista, retratista e miniaturista. Expresionista, tratou fundamentalmente o tema paisaxístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dedicouse á docencia e escribiu diversos dramas teatrais, como Las manos de Dios (1956) e Los falsos demonios (1966) e estudos de crítica literaria, como Novelas de Unamuno (1948), Teatro latinoamericano del siglo XX (1961) e El teatro hispanoamericano contemporáneo. Antología (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO