"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

    1. Rinchar os dentes ao rozalos uns cos outros.

    2. Facer retrincos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco que sobra ao cortar unha cousa, especialmente tea.

    2. Fragmento pequeno de algo.

    3. Espazo breve de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Occidental, o maior desta rexión. Nace en Suíza, fai fronteira entre Austria, Alemaña e Francia, rega parte de Alemaña e, finalmente, atravesa os Países Baixos, onde desauga no mar do Norte. Ten 1.298 km de longo e 196.300 km2 de cunca. Nace no lago Toma, a 2.344 m de altitude, ao pé do monte Badus, preto do paso de Oberalp, co nome de Vorderrhein. Nos Alpes oriéntase cara ao NL e recibe o Hinterrhein, que vén dos Alpes Réticos. Diríxese despois ao N ata o lago de Constanza, e ao saír del atravesa as estruturas do Jura. En Waldshurt recibe o Aare, e a continuación chega a Basilea, xa cun caudal de 1.023 m3/s. Antes do Plioceno, continuaba cara a conca do Roine, pero nesta época completouse a chaira do Rin que lle abriu o camiño cara ao N. Ao longo da chaira do Rin, e durante máis de 300 km, desde Basilea ata Bingen, discorre tan plano que as frecuentes inundacións levaron, no s XIX, ao seu acondicionamento, completado despois pola canle de Kembs. Nesta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co signigicado de ‘nariz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de combates que, a finais da Segunda Guerra Mundial, e para atravesar o Rin e ocupar o O e o centro de Alemaña, libraron os exércitos aliados contra as forzas da Wehrmacht. Os aliados conquistaron a beira esquerda do Rin (febreiro de 1945), cruzaron o río en Remagen (7 de marzo), ocuparon o Ruhr e, avanzando cara ao L, chegaron ata máis alá do Elba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosa tectónica percorrida polo Rin entre Basilea e Bingen. Ten uns 300 km de longo por uns 45 de ancho, enmarcado entre o Jura ao S e o macizo xistoso Renano ao N. Á súa dereita e esquerda álzanse os restos hercinianos da Selva Negra e Odenwald, por unha banda, e os Vosgos e Hardt pola outra, entre os que tivo lugar o afundimento iniciado no Oligoceno. O fondo desta fosa é un sistema de terrazas sobre materiais terciarios fértiles, pero ademais é un antigo camiño de paso entre o mar do Norte e a cunca mediterránea. Isto explica a poderosa industria e a gran densidade humana instalada na chaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONFEDERACIONS

    Confederación do Rin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza constituída en 1658, a raíz da negociación de G. Mazzarino, cos electores de Maguncia, Colonia, Tréveris, Hessen-Kassel e con Suecia, para contrarrestar a influencia dos Habsburgo nos estados alemáns e manter os tratados de Westfalia. Uníronse a ela o elector de Brandenburgo (1664), Dinamarca, Saxonia e Mecklenburg. En 1667 desfíxose polos receos que inspiraron as pretensións francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Activo en Roma, viaxou a Rusia, onde foi nomeado (1756) arquitecto de corte do futuro Pedro III. Das súas obras destacan o palacio de mármore de Peterburgo (1768-1785), o palacio chinés de Oranienbaum (1762-1768) e o palacio de Gacina (1766-1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Foi un dos mellores expoñentes da escola siciliana, autor de doce cancións e un soneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor no nariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir a súa voz o cabalo.

    2. Producir un son estridente e desagradable ao rozaren dúas cousas.

    3. Facer ruído os dentes ao rozar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz emitida polo cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘feira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabala ou xarda macho.

    2. rifón.

    3. peto verdeal

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘bico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rincocéfalos.

    2. Réptil da orde dos rincocéfalos.

    3. Única orde sobrevivente de réptiles, da superorde dos lepidosauros, caracterizados por ter dúas fosas temporais completas, un ollo pineal ben desenvolvido e vértebras de tipo anficélico con intercentros. Só existe unha única especie vivente, o tuatara (Sphenodon punctatus), nalgúns illotes do N de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento do aparato da probóscide dos nemertinos, formado por un tubo cheo de líquido incomunicado co exterior e no que se aloxa a probóscide, que se evaxina cando, por contracción muscular, aumenta a presión do líquido no rincocele.

    VER O DETALLE DO TERMO