"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Escritor e historiador. Foi soldado voluntario ata que decidiu abandonar o corpo en 1850. Introduciuse nos círculos literarios provincialistas a través das súas colaboracións sobre historia galega na prensa, como en El Recreo Compostelano (1842-1843), Crónica de Occidente, El Diario e Revista Galaica. Foi director de El Clamor de Galicia (1854-1856). Influído por Walter Scott, a súa obra agrúpase en 50 volumes e divídese en novelas históricas, cabaleirescas, sociais ou costumistas, como El caballero verde (1844), Los hidalgos de Monforte (1851), en que conta o enfrontamento entre o conde de Lemos e os irmandiños, mandados polo mariscal Pardo de Cela; Magdalena (1861) e El cazador de fantasmas (1877). Tamén escribiu Los reyes suevos de Galicia (1860), La baronesa de Frije (1874) e Historia de Galicia (1865-1873), unha obra dividida en sete tomos, onde amosa a súa faceta como historiador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa-                  -museo de Víctor M. R. Corral Castro situada en Baamonde (Begonte). Toda a colección, así como as construcións que alberga, a casa, o pombal e a capela, foron realizadas polo artista. Acolle obras realizadas en madeira, pedra ou marfil, de tamaño e temática variables, que se achegan ao misticismo e invitan á reflexión relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Víctor Manuel San José Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico, pertencente administrativamente ao Territorio do Noroeste, Canadá (212.198 km2). Está separada do continente polo golfo da Coronación ao S, da illa de Banks polo estreito do Príncipe de Gales ao O, e da illa do Príncipe de Gales polo canal Mac Clintock a o L. Descubriuna Thomas Simpson (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Hong Kong (590.771 h [1980]). Está situada na costa setentrional da illa, ao redor da abadía de Kowloon, coa cal tende a formar unha conurbación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Colombia Británica, na illa de Vancouver, Canadá (74.125 h [2001]). Situada no extremo suroeste da illa, no fondo do estreito de Juan de Fuca, é o porto máis importante da costa do Pacífico canadense. Ten industria naval e derivada da madeira. Fundada en 1843, conserva o aspecto de cidade colonial e é un centro importante de estiba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do SL de Australia (227.600 km2; 4.644.950 h [2001]). A capital é Melbourne. Consta dun litoral chan interrompido por ondulacións, unha zona montañosa (1.000-2.000 m), no S da Great Dividing Range, e no N o val de Murray. Ten un clima temperado, húmido no litoral e máis seco no interior. Cultívase trigo e orxo e destaca como produtor de froita en conserva e de tabaco. Ten industria diversificada. En 1835 uns colonos de Tasmania fundaron Melbourne, e o territorio formou parte da colonia de Nova Gales do Sur. Autónoma desde 1851, en 1901 entrou a formar parte da Commonwealth de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en Londres en 1852 co nome de Museum of Ornamental Art ata que en 1899 tomou o seu nome actual. Está formado tamén polo Museum of Childhood e o Theatre Museum. Contén unha rica colección de arte aplicada e decorativa de todas as épocas e estilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na vertente N do Teide, no val de La Orotava (7.920 h [2001]). Destaca a agricultura de plátanos e da cana de azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Victoria de los Ángeles López García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saltos de auga situados na fronteira entre Zimbawe e Zambia, onde o Zambeze se precipita nunha gran fisura de 122 m de altura. Son as terceiras do mundo polo seu volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asta extensión desértica do centro-sur de Australia, situada entre a serra de Musgrave, ao N, e a chaira de Nullarbor, ao S (325.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miguel Fernández Félix.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situada ao SO da cidade de Córdoba (1.758 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de África Oriental, o meirande do continente (300 km de lonxitude, 200-350 km de ancho e 2.200 de perímetro; 68.100 km2). Pertence aos estados de Uganda, Kenya e Tanzania. Ocupa o fondo dunha vasta cubeta, e está situado a 1.134 m de altitude. Está alimentado por numerosas correntes, entre as que destaca o Kagera, considerada a orixe do Nilo. O principal emisario é o que conduce as augas ao lago Kyoga e despois ao lago Mobutu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Antártida Oriental que limita ao L co mar de Ross, ao O coa Terra de Wilkes e ao S coa barreira de Ross. Está constituída pola costa elevada coa que acaba o inlandsis e que colle a forma dunha serra escarpada duns 2.000 km de largo, con altitudes que a miúdo sobrepasan os 3.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi discípulo de J. van Kerle e de Palestrina en Roma. En1569 foi nomeado organista e mestre de capela da igrexa de Montserrat, en Roma, e a partir de 1573 dirixiu a capela do seminario romano, cargo no que sucedeu a Palestrina, e dirixiu tamén a capela de Sant Apollinare (1575). Das súas obras destacan o Officium Hebdomadae Sanctae (1585), de 4 a 8 voces, e o seu Officium Defunctorum (1605), a 6 voces. Publicou Motecta (1572), en 4 e 8 voces, o Liber primus qui Missas, Psalmos, un Magnificat (1576), Cantica B. Virginis vulgo Magnificat, a 4 voces, antífonas, himnos e outras misas e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo, director e actor. Promotor do teatro independente galego, en 1974 cofundou Teatro Antroido, co que representou moitas das súas propias obras, como Antroido na rúa I e II (1978). Membro do Grupo Abrente, foi un dos máis destacados renovadores do teatro galego contemporáneo. Nos seus textos predomina o simbolismo, a combinación de elementos da tradición popular galega e a modernidade, e a crítica en ton de burla da realidade, que moitas veces se amosa amarga e mísera co ser humano. Comprometido co país e coa lingua, os seus textos amosan trazos comúns á escrita de Otero Pedrayo e Valle-Inclán. Da súa obra dramática destacan Laudamuco señor de ningures (1977, Premio Abrente 1976), Ladaíñas pola morte do meco (1977), Memorias de mortes e de ausentes (mención honorífica no Premio Abrente 1978), Ruada das papas e do unto (Premio O Facho 1979), Saxo tenor (Premio Álvaro Cunqueiro 1991), Bailadela da morte ditosa (1992,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Evolucionou desde o informalismo cara ao surrealismo e á abstracción. O seu lirismo mesturou compoñentes mitolóxicos, oníricos e populares. Estivo moi influído pola pintura brasileira, especialmente no que respecta ao emprego de cores cálidas e puras e á carga de exotismo que manifestou nalgunhas pinturas con ambientes tumultuosos, que transluciron un fondo de denuncia social. Destacan En Rosa (1975) ou a serie Crucificados (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Foi secretario da Axencia Europea para a Cultura e conselleiro da UNESCO en París, ademais de director xeral de Educación, Ciencia e Cultura do Consello de Europa (1985-1991). Publicou España a debate (1993) e La ventana global. Ciberespacio, esfera pública mundial y universo mediático (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO