"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Cantautor. Cofundador de MIA (Músicos Independientes Asociados) en 1976, na década de 1980 formou parte do grupo musical El Trío. En 1990 fundou o Lito Vitale Cuarteto e en 2003 o Lito Vitale Quinteto. Da súa discografía destacan Sobre miedos, creencias y supersticiones (1981), Kuarahy (1991), Juntando almas (1993) e Un solo destino (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica ao cultivo da vide.

    2. Persoa versada en viticultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Vitus, de vita ‘vida’, co significado de ‘vivo, vital’. Ademais tamén é a transcrición latina do nome xermánico Wido ou Wito (Guido).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Evanxelizou Lucania, onde morreu coa súa ama santa Crescencia e o home desta, san Modesto, mergullados nun caldeiro con chumbo fundido. Represéntase como un rapaciño vestido con traxe de nobre medieval e levando un caldeiro. A súa festividade celébrase o 15 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal latino Victorius, relacionado popularmente con Vítor pero procedente dun nome persoal máis antigo Vitorius, Viturius, de orixe etrusca. A forma feminina é unha advocación da Virxe María, eco dun culto romano anterior. Presenta as variantes Vitorio/Vitoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida reguladora que serve como padrón.

    2. Banda en forma de anel, xeralmente cun deseño gráfico, que rodea os cigarros puros e que as fábricas lles colocan como distintivo.

    3. Cada un dos modelos de cigarros puros que se distinguen pola lonxitude, grosor e configuración.

    4. Ancho dunha peza de madeira.

    5. Esquema para calibrar as balas de canón ou de fusil.

    6. Aparencia dunha persoa que orixina unha determinada impresión sobre ela. OBS: Ás veces tamén se pode referir ao aspecto dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cartel onde se eloxia a alguén por unha fazaña.

    2. Berro de ánimo co que se aclama a alguén. OBS: ;Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Victor, só testemuñado en época cristiá, como un de tantos nomes augurais; é o participio presente de vinco, vincere, e significa ‘vencedor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (Vítor Amadeu II, 1675-1730) e rei de Sicilia (Vítor Amadeu I, 1713-1718) e de Sardeña (1720-1730). Formou parte da Liga de Augsburgo contra Francia (1689) e opúxose a Francia na Guerra de Sucesión Española. Como consecuencia das paces de Utrecht (1713) e de Rastatt (1714) obtivo o reino de Sicilia, que cambiou en 1720 polo de Sardeña. Reformou a administración e as finanzas dos seus estados. En 1730 abdicou en favor do seu fillo Carlos Manuel III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1630-1637), fillo de Carlos Manuel I. En 1603 foi enviado a Madrid como pretendente á sucesión da coroa, pero o plan fracasou. Asinou os tratados de Cherasco (1631) e de Rivoli (1635), que confirmaron a presión francesa sobre Piemonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1773-1796) e duque de Savoia (Vítor Amadeo III: 1773-1792), fillo e sucesor de Carlos Manuel III. Durante a Revolución Francesa cortou as relacións con Francia, que ocupou Savoia e o condado de Niza (1792). Vencido por Napoleón (1796), renunciou ao reino polo Tratado de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Amadeo I de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vítor Amadeo II de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (189-199). Interveu na cuestión litúrxica da data de celebración da Pascua, condenando a varios bispos de Asia Menor que a celebraban o día 14 de nīsan, en lugar do domingo seguinte. Estendeu o uso do latín na Igrexa en lugar do grego. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1055-1057). De nome Gebhard, foi conde de Dollnstein-Hirschberg e bispo de Eichstätt. Foi nomeado papa polo Emperador Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1086-1087). De nome Desiderio di Benevento, foi abade de Montecassino, abadía que reedificou, e cardeal. Mediou entre o Papa Gregorio VII e os normandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa. De nome Gregorio Conti, foi elixido papa (1138) polos Pierleoni, partidarios do defunto antipapa Anacleto II; pero tras consultar con san Bernaldo de Clavaral, someteuse ao papa lexítimo, Inocencio II, poñendo fin ao cisma de Anacleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa. De nome Ottaviano de Monticelli, foi elixido sucesor (1159) de Adrián IV co apoio de Barbarrubia, que reuniu un sínodo en Pavia (1160) onde o impuxo fronte a Alexandre III. Non obstante, perdeu a confianza dos príncipes europeos, que recoñeceron a Alexandre III no sínodo de Beauvais (1160).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sardeña (1802-1821), fillo de Vítor Amadeo II, portou o título de duque de Aosta. Accedeu ao trono tras a abdicación do seu irmán Carlos Manuel IV. Opúxose a Napoleón e retirouse a Cagliari. En 1815 recuperou os estados peninsulares. O seu intento de restaurar o absolutismo provocou un motín dos carbonarios e abdicou en favor do seu irmán Carlos Félix I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei de Sardeña (1849-1861) e primeiro rei de Italia (1861-1878), duque de Savoia, fillo e sucesor de Carlos Alberte I de Sardeña. Secundou a política de Cavour como a finalización do acordo de Plombières (1858), a anexión de Italia central (1859) ou a expedición de Garibaldi na conquista de Sicilia e Nápoles (1860). Proclamado rei de Italia, anexionou Venecia (1866) e ocupou Roma (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO