"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Seguidor de Miguel Anxo, foi mestre de Giambologna. Rematou a continuación do Palacio Pitti de Florencia (1560-1577) e construíu en Roma o Colexio dos Xesuítas (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador latino. Como militar loita contra os alamanos e os persas. Escribe a Rerum gestarum, a historia de Roma entre os anos 96-378, dos que só se conservan os 16 últimos dos 31 libros, que abranguen desde o Emperador Constantino ata Valentiniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e dourador de retablos. Creou e doou o altar maior de estilo churrigueresco da capela dos Remedios de Mondoñedo, na que traballou xunto a Francisco de Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Igrexa románica dunha nave e ábsida semicircular que tamén é coñecida como Santiago da Monxa. No interior destaca o arco triunfal de medio punto coa rosca menor sostida por columnas rematadas por capiteis cubertos de follas, entre as que aparecen facianas humanas e paxaros afrontados. Polo exterior, conserva no lado sur un pórtico lateral, sostido por trabes sobre pés dereitos, e baixo o beiril atópase unha colección de canzorros de proa, con rolos e con tacos en dameiro. A súa cronoloxía sitúaa na última década do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor da Costa de Marfil. É autor en lingua francesa de pezas de teatro dunha grande importancia para o desenvolvemento do teatro indíxena. Escribiu tamén ensaios socio-culturais sobre a África moderna (La mare aux crocodiles, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fixo estudios de Perito Mercantil na Coruña. Traballou como funcionario no Goberno Civil de Lugo desde 1897 ata 1907 e na Deputación da mesma cidade desde 1910 ata a súa morte. O seu labor como funcionario compaxinouno con colaboracións e cargos en distintos medios xornalísticos da época, así como coa creación literaria. A súa produción, en galego e en castelán, tocou a poesía, o relato, a biografía, a historia ou o teatro. Concorreu a numerosos certames literarios e está considerado como o autor galego con maior número de premios, tanto en Galicia como fóra dela. Ademais de académico fundador da Real Academia Galega, pertencía como correspondente á de Belas Artes de Barcelona, á de Belas Artes de San Fernando, á de Belas Artes e Ciencias de Toledo, ao Instituto Histórico do Minho, e, en calidade de socio honorario, á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Concedéuselle o título de comendador da Orde de Alfonso XII. A produción en lingua galega de Manuel Amor Meilán comprende poesía, narrativa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Dereito e en Teoloxía no Seminario Compostelán. Foi ordenado sacerdote en 1884. Desde o diario compostelán El Libredón combateu a democracia e o sistema parlamentario. Entre as súas obras podemos citar: Examen crítico de las nuevas escuelas de Derecho penal (1899), Naturaleza y origen histórico del Derecho de castigar (1902), que foi a súa tese de doutoramento, Las personas responsables de los delitos y faltas según la Legislación española (Santiago de Compostela, 1914) ou El impuesto municipal en los pueblos rurales (1919). En lingua galega presentou aos Xogos Florais de Betanzos o seu estudo Eisixenzas ferroviarias de Galicia y-a necesidade de resolver iste problema, que foi recollido nun volume titulado Xogos Frorais de Betanzos (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de pedagoxía das Escolas Normais da Coruña, León e Ourense. Durante o mandato do Xeneral Primo de Rivera, desempeñou o cargo de gobernador civil de Huesca e Murcia. Non publicou ningún libro, pero realizou varias colaboracións na prensa (“Hacia la uniformación de la ortografía gallega?”, en Galicia, 1930) e o epílogo do libro Del Orense antiguo de Xosé Adrio Menéndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo, teólogo, canonista e lingüista. Foi ordenado sacerdote o 19 de maio de 1894. Durante o curso 1895-1896 ampliou os seus estudios na Universidade Gregoriana de Roma. Con vinte e sete anos rexentou a cátedra de Teoloxía fundamental e de Linguas bíblicas no Seminario de Santiago; despois desempeñou a cátedra de Dereito Canónico e, durante algún tempo, tamén se ocupou da cátedra de Estudios Superiores de Linguas Orientais. Ademais foi cóengo da catedral, vicario xeral e gobernador eclesiástico. Pertenceu á Academia da Lingua e a de Ciencias Morais e Política. Foi nomeado académico de honor pola Academia Galega e membro da Sociedade Xermana de Filoloxía Oriental de Berlín e a Internacional de Intelectuais de Roma. En 1925 foi nomeado polo Papa para formar parte da comisión de teólogos encargados de estudar e expoñer ante a Santa Sé a doutrina patrística e teolóxica sobre a mediación da Virxe María. Sobre este traballo redactou dous volumes, conservados no Vaticano e editados por Compostellanum...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Personaxe coñecido nos ambientes republicanos desta cidade. En 1910 presidía a Sociedade de Librepensadores de Ourense. Publicou, en colaboración con Jorge Lorenzo Fernández, Blasós de Ourense (Archivo del Seminario de Estudios Gallegos, V, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘noiva’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘namoradeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de amorantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘namoramento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘amor’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da rexión de Bizkaia, Euskadi, á beira do río Ibaizabal (15.818 h [1991]). Creouse no ano 1951 pola fusión de Amorebieta e Etxano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía amoriana.

    2. Dinastía bizantina, chamada tamén frixia, que reinou entre os anos 820 e 867. Foron emperadores desta dinastía: Miguel II, Teófilo e Miguel III, que cedeu o paso á dinastía macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Hai que destacar na súa obra: Introdución á novela contemporánea (1966), Eugenio d’Ors, crítico literario (1971), Modernismo y Postmodernismo (1974) e Sub-literaturas (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e educador. En 1806 encargáronlle a creación do Real Instituto Pestalozziano de Madrid e en 1807 ascendérono a Coronel. Foi conselleiro de estado de Xosé I (1808), deputado de Baiona (1808), gobernador de Santander (1808), comisario do País Vasco (1809), ministro de policía para Andalucía (1810) e comisario real para o exército de Portugal (1811). Escribiu unha Representación a Fernando VII de grande interese para o coñecemento do pensamento dos afrancesados. En 1813 emigrou a París e adquiriu a nacionalidade francesa (1816). Interesado pola educación física, en 1818 fundou un ximnasio e formulou o “método francés” de ximnasia, polo que se considerou un dos fundadores da ximnasia moderna. É autor de Manual de educación física, ximnástica e moral (1830). Unha vez de volta na península, outorgáronlle o título de conde de Sotelo (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de lingua castelá coñecido polo pseudónimo de Silverio Lanza. Nas súas obras reflíctese a realidade política e social do momento, como en Noticias biográficas acerca del Excmo. Sr. Marqués de Mantillo, publicado no ano 1889, Ni en la vida ni en la muerte, de 1890, etc. Foi considerado un precedente da Xeración do 98.

    VER O DETALLE DO TERMO