"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘escritura’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en grafoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do carácter dunha persoa a través da súa escritura. Baséase no principio de que certos movementos físicos do home se relacionan coas súas disposicións psíquicas. Todos os impulsos que proceden do cerebro dan unha resposta muscular que condiciona á man a uns trazos concretos. Pódese interpretar a escritura cun conxunto de trazos con interrelacións dinámicas. Considérase como o creador da grafoloxía o francés Jean-Hippolyte Michon (1806-1881), pero quen lle deu un impulso definitivo foi Jules Crépieux-Jamin (1859-1940), quen distinguiu sete xéneros gráficos fundamentais (velocidade, presión, dirección, dimensión, continuidade, forma e disposición) e unhas cento setenta e cinco especies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á grafoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necesidade irresistible ou manía incesante de escribir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten grafomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao grafómetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello empregado antigamente para medir ángulos nos levantamentos topográficos. Consta, esencialmente, dun limbo e doutro lente móbil que pode xirar arredor dun eixe perpendicular ao limbo e que pasa polo seu centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lupa de dimensións considerables que se emprega para examinar escritos.
-
-
Reeducación da escritura en nenos e adultos.
-
Reeducación que, en psicoterapia, ten o obxectivo de modificar o funcionamento afectivo do individuo a través dunha modificación da súa escritura.
-
-
PERSOEIRO
Artista plástico e visual estadounidense. Coñecido como Dan Graham, traballou as formas piramidais e empregou xeralmente o cristal e o aluminio. Empregou o granito por primeira vez en Pyramid (1988-1999), situada na Illa das Esculturas de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar escocés. Marqués de Montrose, defendeu os presbiterianos. Uniuse ao realistas e sobresaíu nas campañas contra os presbiterianos (1644-1645). Exiliouse trala derrota de Naseby (1645). Posteriormente, foi levado ante Carlos II de Inglaterra e regresou a Escocia (1649) pero foi aprisionado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editora. Sucedeu o seu marido Phil Graham á fronte do grupo editorial de The Washington Post e da revista Newsweek tralo seu suicidio. Foi presidenta do consello de administración do devandito grupo no período 1973-1993 e sacou a empresa da bancarrota. Foi unha das responsables da publicación do escándalo Watergate. Escribiu a súa autobiografía Historia persoal (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que establece que a velocidade de difusión dun gas v é inversamente proporcional á raíz cadrada da súa densidade d, segundo a ecuación v = k ?____1/d onde k é unha constante. Coñécese tamén como a lei de difusión de Graham.
-
PERSOEIRO
Bailarina e coreógrafa estadounidense. Renovadora da danza e da coreografía do s XX, fundou en 1927 a School of Contemporany Dance. Da súa obra destacan Lamentation (1930), Appalachian Spring (1944), Circe (1963), Adorations (1975) e Acts of Light (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Especializado na fotografía en cor, traballou no proxecto “New Europe”. A súa obra está exposta no Museum of Modern Art of New York, no Arts Council of Great Britain e no Victoria and Albert Museum. Participou na III Fotobienal celebrada en Vigo (1988). Publicou A1-Great North Road, Begond Caring e Troubled Land.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Península Antártica.
-
PERSOEIRO
Químico. Foi profesor nas universidades de Edimburgo e Londres. Como consecuencia dos seus estudios sobre a absorción de gases por líquidos, determinou a lei de difusión que porta o seu nome (lei de Graham). Pódese considerar o iniciador da química coloidal, ao fixar os conceptos de coloide, cristaloide e ósmose. Unha recompilación dos seus traballos está en Elements of Chemistry (1837).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral dunha cor negra relucente que constitúe unha variedade do asfalto.