"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que instituíu a Commonwealth of Nations. Preparada pola conferencia imperial de 1927, foi aprobada polo Parliament británico o 11 de decembro de 1931.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro electricista británico. Especializouse en aparatos de medida eléctricos. En 1888 creou a Weston Electric Instrument Co, onde desenvolveu diversos aparatos, como unha pila patrón (1892) que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Desenvolveu un estilo pictorialista que logo virou cara á fotografía directa. Realizou series de nús femininos e de primeiros planos de obxectos, nunha fotografía case abstracta.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Avon, Inglaterra, Reino Unido (57.980 h [1981]). É un centro balneario e de veraneo á beira do canal de Bristol, na baía homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >De nome Edith Newbold Jones, das súas novelas destacan, Ethan Frame (1911) The Age of Innocence (1920) e The Bucaneers (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e inventor inglés. Fixo investigacións sobre acústica, pero despois dedicouse ás diversas aplicacións da electricidade. Ideou o calidófono, un sincronizador de reloxos (1840) e a ponte que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte formada por catro resistencias, dúas fixas e coñecidas, unha variable, e a que se quere medir. Está alimentada polos extremos dunha diagonal cunha tensión axeitada, e nos extremos da outra ten un galvanómetro para detectar a posición de equilibrio.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Iniciou a súa obra con poesía de carácter pietista, pero axiña se decantou cara a un estilo que lembra o da cultura francesa da Ilustración. Escribiu obras épicas en que plasmou o seu ideal do home, próximo ao clasicista, como en Geschichte des Agathon (Historia de Agatón, 1766).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. ; Recibiu o Premio Nobel de Química (1927) polos seus estudos de química orgánica e bioquímica (sales biliares, radicais, velenos, tóxicos, a oxidación biolóxica, etc). O seu fillo, Otto Heinrich Wieland (Múnic 1920), continuou os seus traballos sobre bioquímica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurofisiólogo sueco. Estudou con D. H. Hubel os mecanismos da análise da información na codia visual do cerebro, e as manipulacións precoces do sistema visual utilizadas como medio para descifrar as regras do seu desenvolvemento. Recibiu, xunto con R.W. Sperry, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra reflicte a vida cotiá. Destacou como dramaturgo con obras como Our Town (1938) e The Skin of Our Teeth (1942). Destacan as novelas The Cabala (1926), The Bridge of San Luis Rey (1927), The Eighth Day (1967) e Theofilus North (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Coñecido como Angus Wilson, destaca polo seu agudo sentido crítico e satírico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Publicou Anglo-Saxon Attitudes (1956), The Old Men at the Zoo (1961) e As if by Magic (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Observatorio astronómico situado en Mount Wilson (California). G. E. Hale comezou a súa construción en 1904. En 1908 foille instalado un telescopio reflector de 1,5 m de diámetro, e en 1918 un de 2,5 m, o máis grande do mundo. Desde 1948, xunto co observatorio Palomar, depende do Californian Institute of Technology, e desde 1970 ambos os dous son coñecidos como Observatorios Hale.
-
CIDADES
Cidade do estado de Carolina do Norte, EE UU (185.776 h [2000]). É un centro comercial e cultural situado nos contrafortes das Blue Ridge.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto excretor do páncreas que desauga no colédoco ou directamente no duodeno. Foi descuberto polo anatomista alemán Johann Georg Wirsung (1600-1643).
-
PERSOEIRO
Escritor. Na súa obra recolleu unha ampla visión do seu país, como Look Homeward, Angel (1929), The Web and the Rock (1939) ou You can’t go Home Again (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
tungstato.
-
PERSOEIRO
Explorador inglés. Participou na expedición ao macizo de Ruwenzori (África Oriental), organizada polo British Museum, e ascendeu o cume que leva o seu nome (4.659 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e físico inglés. Foi secretario da Royal Society (1806). Investigou as pilas voltaicas, os espectros e a refractividade. Descubriu o paladio (1803) e o rodio (1804). Estudou as liñas do espectro solar e ideou un goniómetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de calcio, de fórmula CaSiO3, que cristaliza no sistema triclínico. O seu hábito é fibroso e ás veces granular ou compacto. É de cor branca, cunha dureza de 5 e unha densidade de 2,9.