"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangsu (China), na rexión do Leste (805.695 h [1990]). Situada ao S do lago Weishan, no medio dunha rexión de montes, ten minas de ferro de Liugonyi ao N e minas de carbón que fixeron dela un centro industrial. Lugar estratéxico, foi escenario de numerosas batallas, entre as que destacan a de 1938, durante a Guerra Chino-xaponesa, e a de 1949, que foi decisiva entre comunistas e nacionalistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar xaponés. Foi un dos líderes da revolución de 1898 e tivo un papel fundamental no restablecemento imperial. Xefe do goberno na Guerra Ruso-xaponesa, foi ministro da Guerra en varias ocasións e presidiu o Consello Secreto do Estado (1905-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa xaponesa fundada en 1955 por Nippon Gakki, especializada na fabricación de motocicletas, motores foraborda, automóbiles para a neve, motores pequenos e barcos deportivos.
-
PERSOEIRO
Almirante xaponés. Viceministro da Mariña (1936) e comandante en xefe da frota (1939), atacou Pearl Harbor (1941) e dirixiu a ofensiva xaponesa no Pacífico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira da zona meridional da illa de Honshū, Xapón, no actual ken de Nara. Foi o centro do primeiro reino unificado de Xapón a mediados do s XIV e deu nome ao mesmo Xapón.
-
CIDADES
Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón (208.324 h [2000]). Situada no extremo oriental do altiplano de Sagamihara, é un centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á escola pictórica xaponesa do s XII e de comezos do s XIII, que corresponde ao último período Heian. Caracterizouse por unha técnica descritiva e elegante e por uns motivos seculares.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (1.949 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escritor. Realizou debuxos e paisaxes e os carteis promocionais dos Camiños de Santiago do Ano Santo Compostelán de 1993 e 1999. Cronista oficial de Monterroso, escribiu Os Xeitos Doxe (1977), Monterroso, pasado y presente (1987) e Pazos y señoríos da provincia de Lugo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Financeiro na Universidade de Santiago de Compostela, foi deputado por UCD (1977-1982), membro do Consello de Europa (1979), director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988) e maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1993). Vogal do Padroado do Museo do Pobo Galego, das súas obras destacan La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas (1971), Castelao e a facenda galega (1989), Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn (1991) e Constitución financiera española: veinticinco años (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do NO de EE UU, afluente do Missouri, con 1.080 km de percorrido. Nace nas vertentes da cima Yount dos montes Absaroka, ao NO do estado de Wyoming, penetra no Yellowstone Nacional Park e baixa en fervenzas cara ao Parque de Gardiner (Montana). Desemboca no Missouri, preto de Buford, en Dakota do Norte. Os seus principais tributarios son o Bighorn, o Tongue e o Powder.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro parque nacional de EE UU (1872) e do mundo, situado ao NO de Wyoming, ao S de Montana e ao L de Idaho (9.000 km2). Ten máis de 10.00 geyser. Hai grandes mamíferos como bisontes, búfalos americanos, alces, osos negros, cervos, lobos ou o oso gris e, ademais de diversos palmípedes, aguias brancas, cisnes trompeta e as grúas de area. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1978).
-
PERSOEIRO
Primeiro shōgun de Xapón (1185-1199), fillo de Yoshitomo (1123-1160). Tomou o título de shōgun e fundou en Kamakura un goberno militar (bakufu). Definiu as características políticas e institucionais do shogunado, que persistiron ata o s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar do estado de Virginia, EE UU, situado no esteiro do río York, na badía de Chesapeake. O 19 de outubro de 1781 tivo lugar alí a Capitulación de Yorktown, que significou o final da Guerra de Independencia.
-
PERSOEIRO
Emperador de Xapón (1912-1926), fillo e sucesor de Mutsuhito I. Coñecido tamén como Taishō Tennō, o seu reinado estivo marcado polo desenvolvemento económico, a reforma electoral (1918) e a participación de Xapón na Primeira Guerra Mundial. En 1921 deixou a rexencia ao seu fillo Shōwa Tennō (Hiro Hito I).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Dirixente da Unión Cívica Radical, foi presidente da república (1916-1922 e 1928-1930). Impulsou unha política conservadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. En 1530, xunto con Morigia e Ferrari, fundou a congregación dos clérigos regulares de San Paulo, chamados barnabitas. Canonizado en 1897, a súa festividade celébrase o 5 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘inverno’.
-
PERSOEIRO
Autor dramático. Seguidor de Calderón, a súa peza máis destacada é No hay plazo que no se cumpla ni deuda que no se pague, versión do Don Juan. As súas Comedias nuevas foron publicadas en 1722.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Dirixiu curtametraxes e diversos filmes, como Struktura krysztalu (A estrutura do cristal, 1969), Iluminacja (Iluminación, 1972), Bilans kwartalny (Balance matrimonial, 1974), Wege in der Nacht (Camiños na noite, 1979), Die Unerreichbare (Os inabarcables, 1982), Le pouvoir du mal (1985) e Persona non grata (2005).
VER O DETALLE DO TERMO