"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Físico e matemático francés autodidacta. Interesouse por todas as ramas do coñecemento. Desde o ano 1801 foi profesor de Física e Química na École Centrale de Bourg-en-Bresse, onde escribiu a súa primeira memoria científica, sobre a teoría do xogo (1802). Napoleón nomeouno inspector xeral de instrución pública (1808). En 1814 ensinou Filosofía na Facultade de Letras e Física na Facultade de Ciencias da Académie des Sciencies (na que entrou como membro numerario na sección de Matemáticas) e, dende 1824, no Collège de France. Dende 1807 ata 1815 traballou sobre Química: distinguiu entre átomos e moléculas e chegou ás mesmas conclusións ca as expostas na lei de Avogadro, independentemente deste un ano despois. A partir das experiencias de Oersted sobre a desviación de agullas imantadas por unha corrente eléctrica, interesouse polos fenómenos electromagnéticos e elaborou a teoría da orixe electrodinámica das accións magnéticas (1820). Estudiou a acción mutua entre imáns e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da literatura e crítico francés, fillo do científico André-Marie Ampère. Foi un dos primeiros que se trasladou ás fontes da orixe como método para establecer unha literatura comparada. É o autor, entre outros libros, de: Historia romana en Roma (1858), obra na que estableceu o seu método analítico baseado no emprego de fontes orixinais, rexeitando as versións modernas, medievais ou aquelas chegadas pola transmisión e reprodución de textos, para fixar os textos que servirían de base aos estudios de literatura comparada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Símbolo gráfico inglés & que representa a conxunción ou unión dun substantivo ou dunha locución a outra.
-
PERSOEIRO
Pintor holandés, de obra aínda pouco estudiada. Pode ser considerado un precursor do paisaxismo de Breughel debido ás súas paisaxes con figuras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ía de navegación que une a cidade de Amsterdam co río Waal, afluente do Rhin (72 km). Inaugurouse en 1952, e constitúe o canal máis importante da Europa Occidental.
-
PERSOEIRO
Príncipe mongol da rama Khoyit dos Ölöt. Neto de Tsewangrabtan, xefe dos Oinat, rebelouse contra o descendente lexítimo, Tsewangdorxi. Axudado polos chineses, que o puxeron no trono (1755), rebelouse contra a soberanía manchú, motivo polo que os mesmos chineses o derrocaron e mataron.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Vietnam (3.424 km 2; 1.933.800 [1993]). A capital é Long Xuyen.
-
PERSOEIRO
Xeneral de orixe non chinesa ao servizo do Emperador Xuanzong. Rexeitou os K´i-tan e no 755 sublevouse no NL para proclamarse Emperador. Conquistou Louyang e Chang´an, expulsando ao Emperador a Sichuan. Foi derrotado polo fillo de Xuanzong e morreu a mans do seu propio fillo. A súa rebelión marca a fin do período máis brillante da dinastía Tang.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe parto que se fixo monxe budista. Dirixiu contra o ano 150 d C a primeira tradución ao chinés de Amitayus Sutra, de tendencia amidista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea Nacional-Popular Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do hebreo Hannah ‘Deus axudou ou Deus tivo misericordia’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe cartaxinés da Eneida de Virxilio. Irmá de Dido, a fundadora de Cartago que se namora do troiano Eneas. No relato grego, Ana anima constantemente a súa irmá viúva a deixarse levar polo amor de Eneas, malia acabar ao final en fatalidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller de Elcana quen, despois de pregar a Deus para que lle concedese un fillo, pariu a Samuel, o profeta. En acción de grazas entoa un cántico, modelo do Magnificat de María.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nai de Tobías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Profetisa da tribo de Aser descendente de Fanuel. Aos oitenta e catro anos foi testemuña da presentación de Xesús no templo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nai de Tobit.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado nas zonas pertencentes ou limítrofes á bisbarra de Mondariz e Ponteareas, amais doutros lugares de Galicia, para referirse ás cantigas, cancións populares e coplas, con distintos ritmos e letras, empregadas durante a época das sachadas do millo. As añas ou sachadeiras son cantadas polos xornaleiros que rematan antes o seu labor coa intención de provocar desafío ou retesía cos que aínda non deron fin ao axeitado da leira na que se realiza a tarefa, ou mentres se espera a merenda. Normalmente estas cantigas acompáñanse polo ritmo do son producido cuns croios batendo na pa dos legóns e apeiros de traballo, onde o seu pulso musical e itus métrico veñen determinados pola regularidade dos movementos implicados no correspondente labor. Está composta por catro versos de oito sílabas que riman en consoante os pares. A súa temática é moi diversa, destacando principalmente os diversos aspectos que implican as tarefas de sachar. Así, por exemplo, existen desafíos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María del Pilar Cuesta.