"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Mística alemana. Pertenceu á orde dominicana e despois á cisterciense, recluíndose no mosteiro de Helfta, onde morreu. Tende a confundirse con Matilde de Helfta. A súa obra Das fliessende Licht der Gottheit (A luz que flúe da divindade), influíu na mística xermana medieval ao ser a primeira escrita nesa lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, irmá xemelga de santa Bríxida de Irlanda. Viaxou a Roma coa súa irmá na procura do seu irmán e seguiron a peregrinación a Xerusalén. Á volta desembarcaron en Marsella e foron asasinadas por uns salteadores de camiños. As súas reliquias quedaron no actual Nogent porque as vacas que as transportaban pararon no lugar de forma súbita. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Foi un dos fundadores da socioloxía do traballo estadounidense, de grande influencia na psicoloxía industrial. Encontrou a relación entre a satisfacción do traballador e a súa produtividade e realizou os estudios sobre o comportamento humano no traballo, nos que descubriu a importancia das relacións informais dentro da planta de traballo e que o traballo é unha actividade grupal. Escribiu The Human Problems of an Industrial Civilization (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en Tierra de Campos (1.771 h [2001]). A base da ecomonía é a agricultura, de secaño e regadío, e a gandería, e posúe industria derivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para facer mazorgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. Caracterizou á súa filosofía como un “behaviorismo social”, que tentou explicar a relación do individuo e a sociedade. Escribiu The Philosophy of the Present (1932) e Mind, Self and Society (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnóloga estadounidense. Foi discípula de F. Boas e de R. Benedict, realizou numerosos traballos de campo en Samoa, Nova Guinea e Bali e tamén estudiou os indios de EE UU. Escribiu New Lives for Old: Cultural Transformation (1928-1953), Coming of Age in Samoa (1928), Sex and Temperament in Three Primitive Societies (1935) e Male and Female (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Alemaña, entre as costas do Mar Báltico e Pomerania, ao N, e Brandenburgo, ao S. Ocupa unha parte da gran chaira de orixe glaciaria da Alemaña setentrional. O principal centro é Rostock. Os primitivos poboadores xermánicos foron desprazados cara a 660 polos eslavos vendos, que serían sometidos no s XII por Enrique XII de Baviera. En 1170 o xefe vendo Pribislav foi nomeado príncipe do imperio, e os seus descendentes reinaron en Mecklenburg ata 1918. Incorporada á República Democrática Alemana, a rexión foi dividida en tres distritos: Rostock, Schwerin e Neubranderburg. Ao producirse a reunificación de Alemaña (1990) integrouse no novo land de Mecklenburg-Pomerania Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do Mar Báltico, situado nas costas de Alemaña, na entrada dos estreitos de Sund e do Gran Belt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña, situado entre Slesvig-Holstein, Baixa Saxonia, Brandenburgo, Polonia e o Mar Báltico (23.172 km2; 1.776.000 h [estim 2001]). A súa capital é Schwerin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo alemán. Estudou a innervación vexetativa do intestino (plexo submucoso de Meissner) e dos riles, así como a composición química da urina. Das súas obras destaca Untersuchungen über die elektrische Ozonerzeugung (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Baseou a súa obra, chea de fantasía, na utilización de trucos cinematográficos. Realizou máis de 4.000 filmes, dunha duración de entre 1 e 15 minutos, onde presentaba historias imaxinativas e fantásticas. Entre os seus filmes destacan La voiture du potier (1896), Le voyage dans la lune (1902), A la conquête du Pôle (1912) e Le voyage de la familie Bourrichon (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo ruso. Coñecido como George Balanchine, cada unha das súas coreografías realizábase harmoniosamente en estreita relación coa música. Actuou no Ballet de D’aghilev e no Ballet Ruso de Montecarlo, e en 1934 instalouse en Nova York. Fundou a School of American Ballet e o New York City Ballet (1948). Das súas coreografías, de estilo neoclásico, destacan The Nutcracker (1954) e Don Quixote (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista inglés. Escritor dunha gran penetración psicolóxica e unha visión moi subxectiva da vida, iniciouse na poesía coa compilación Poems (1851), á que seguiron Modern Love (1862) e Ballads and Poems of Tragic Life (1887). Das novelas destacan The Ordeal of Richard Feverel (1859), Vittoria (1867) e Egoist (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico ruso. Foi o autor do manifesto do simbolismo ruso e escribiu tamén novelas históricas, como a triloxía Khristos i Antikhrist (Cristo e Anticristo, 1894-1904), que relatan os acontecementos cunha visión místico-relixiosa, e obras de crítica literaria, como Tolstoj i Dostojevskj (1901), onde define os dous escritores como os profetas da carne e do espírito, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador. Doutor en Historia (1920), en 1926 foi nomeado catedrático de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Universidad de Valladolid, da que foi reitor en 1939, e en 1952 catedrático de Historia da Arte na Universidad de Murcia. Dirixiu numerosas escavacións entre as que destacan as dos xacementos de Domaio (Cangas), Altamira en Taboexa (As Neves) e o castro Santa Tegra (1928-1933). Colaborador do Boletín del Seminario del Arte y Arqueología de Valladolid, das súas obras destacan Notas sobre arqueología gallega: Las mámoas de Chan da Pedra do Couto e San Colmado (1936) e El seudo asturiense en La Guardia-Pontevedra (1945). Foi membro da Real Academia de Historia, da Sociedad Española de Numismática, do Instituto Alemán, da Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla) e da Real Academia de Alfonso X de Murcia. Recibiu, entre outras condecoracións, a Gran Cruz con Plata de Alfonso X el Sabio

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor alemán. Reloxeiro de oficio, emigrou moi novo a EE UU, onde puxo en práctica, en 1884, unha máquina que compoñía liñas enteiras para a impresión. O linotipo de Mergenthaler, sucesivamente perfeccionado, foi utilizado nas imprentas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión inglesa que significa ‘fusións e adquisicións’, dedicada á actividade de asesoramento e execución de operacións de fusión ou absorción de empresas, que se realiza por sociedades profesionais, os merchant banks, e entidades financeiras que faciliten o financiamento. O proceso esixe unha información e unha avaliación empresarial completa, tomas de contacto no mercado, negociacións e execucións.

    VER O DETALLE DO TERMO