"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Rei de León (910-914), fillo de Afonso III o Magno. Tras destronar o seu pai (910), repartiuse cos seus irmáns os seus territorios e recibiu o Reino de León. Durante o seu reinado trasladou a capital do reino a León e repoboou a liña do Douro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de manexar os freos do tren.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gasosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gasoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido inflamable, incoloro ou lixeiramente amarelo, menos denso ca a auga, que se obtén na destilación do petróleo, entre 220°C e 360°C. Está formado por unha mestura de hidrocarburos de 14 a 20 átomos de carbono e emprégase como carburante nos motores diesel rápidos. A súa propiedade máis importante é a de autoinflamarse en presenza de aire cando se comprime no cilindro do motor.
-
ENTRADA LARGA
Teorema segundo o que, dado un campo vectorial A, para toda rexión do espazo de volume V que se limita por unha superficie S, cúmprese sempre que:
FORMULA
O primeiro termo da ecuación é o fluxo de A a través de S. Denomínase tamén teorema da diverxencia ou de Ostrogadskij.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés. De tendencia romántica, foi un dos fundadores do Petit Cénacle (1830) e un defensor da arte pola arte. Colaborou con Gérard de Nerval na revista Le Monde dramatique, onde iniciou unha longa traxectoria como crítico, que continuou en medios como La Presse ou Le Moniteur Universel, e participou activamente en diversas polémicas poéticas que tiveron lugar en Francia, particularmente a provocada en 1930 pola estrea do Hernani, de Víctor Hugo. Foi autor de varios libretos e escenografías para ópera, e formou parte do movemento poético parnasiano. Da súa produción destacan Les jeunes-France (1833), Mademoiselle de Maupin (1835), Émaux et camées (1852), Les Beux-Arts en Europe (1855), Capitaine Fracasse (1863) e Voyage en Russie (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista grego. Profesor de gramática en Ferrara e de filosofía en Roma, trasladouse en 1462 a San Giovanni a Piro, onde dirixiu a comunidade monástica da vila. Tradutor ao latín de numerosas obras clásicas, entre as súas obras destaca a Gramática grega (1495).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Caudillo israelita. Reuniu as tribos do centro e do N de Palestina para defendelos das incursións madianitas, pero non triunfou no intento de transformar a confederación nun estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e mercador. Interesado polo lulismo compuxo uns Canti, a imitación de Dante, nos que Ramón Llull acompañaba ao poeta. Dezaoito sonetos seus figuran no Cancionero General de Hernando del Castillo a partir da edición de 1520.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galés. Foi designado arcediano de Llandaff (1140) e consagrado bispo da sé galesa de Saint Asaph (1152), actual Flintshire. Desenvolveu o seu labor na corte dos monarcas anglonormandos Henrique I Beauclerc e Esteban I de Blois. Foi autor de tres obras que serviron para consolidar a celebridade da materia de Bretaña e do rei Artur por todo o Occidente europeo. Escribiu o opúsculo Prophetiae Merlini (1134?), a Historia regum Britanniae (1138?), crónica dos monarcas que gobernaron na illa de Bretaña ata a derrota dos celtas a mans do saxóns. Para a súa confección tomou como fontes a Xildas, Nennius, Beda, a historiógrafos latinos, así como todas as tradicións dispersas da tradición oral galesa. Ademais, o autor declarou ter empregado como fonte directa un antigo libro escrito en lingua británica, probablemente unha licenza literaria do autor na procura da autoritas. Entre as lendas narradas destaca especialmente a do Rei Artur que consituiría o xerme dos ciclos de novelas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Carter Brown, publicou máis de duascentas novelas policíacas, en gran parte protagonizadas polo detective Rick Holman, que gozaron de ampla popularidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo e paleontólogo francés. Foi profesor no Museo de Historia Natural de París, e creou o museo zoolóxico do Jardin des Plantes. Protexido por Napoleón, participou como científico nas expedicións a Exipto (1798) e Portugal (1808). Estudiou os organismos monstruosos e chegou a formular unha teoría completa sobre esta nova ciencia que denominou teratoloxía. Foi distinguido cunha cátedra na Sorbonne e dedicouse ao ensino, ás buscas paleontolóxicas, e á publicación de artigos e libros entre os que destacan Philosophie anatomique (1818-1822), Principes de philosophie zoologique (1830) e Études progressives d’un naturaliste (1835). Algunhas das súas observacións e doutrinas foron recollidas por Darwin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Axudou a consolidar a xeografía humana como unha materia á parte da física. Foi membro do Institut National d’Études Démographiques e da revista Annales de géographie. Interesouse polas estruturas socioeconómicas, rurais e urbanas, e polos estudios de xeografía da poboación, dos que foi vangardista. Publicou, entre outras, obras Introdution à l’étude géographique de la population du monde (1951), Les migrations internationales (1976), Introdution à une Géographie du travail (1978) e Fin de siècle en Occident, déclin ou metamorphose (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. En París frecuentou os ambientes simbolistas. Regresou a Alemaña e uniuse ao grupo antinaturista formado ao redor de Hofmannsthal. As súas primeiras obras están influídas polo simbolismo (Hymnen, 1890); posteriormente humanizouse en Das Jahr der Seele (O ano da alma, 1897), Der siebente Ring (O sétimo anel, 1907) e Der Stern des Bundes (A estrela da alianza, 1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da República de Guyana, no centro da costa litoral atlántica, sobre os pantanos da desembocadura do río Demerara (254.000 h [1995]). Foi o núcleo máis importante da antiga colonia británica. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint George (s XIX) e de Saint Andrew Kirk, a State House e o edificio da Law Court.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crespón de seda transparente realizado con fíos de torsión de crespón, tanto polo urdido como pola trama, que se emprega para veos, chales, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL dos EE UU (152.576 km2; 8.186.453 h [estim 2000]). A capital é Atlanta. O seu relevo presenta dous sectores ben diferenciados: o NO, montañoso, formado polos contrafortes dos Apalaches, e o resto do estado, ocupado pola chaira, que está formada por material arxiloso e calcario. O clima é subtropical. O sistema fluvial está determinado pola existencia do Blue Ridge, ao NO, que abre dúas vertentes, sobre o Atlántico e o golfo de México, respectivamente. As grandes extensións forestais determinan a existencia das industrias de papel para prensa. A agricultura dedícase ao algodón e ao tabaco. A gandería é sobre todo ovina, bovina e porcina. A poboación, concéntrase principalmente na área meteropolitana de Atlanta; a minoría de orixe afroamericana representa o 30%. Poboada polos cherokees e os creeks, cara ao 1660 instaláronse os misioneiros franciscanos españois. No 1732 constituíuse como colonia británica, froito dos esforzos de James Oglethorpe para proporcionar...
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Representante do artista romántico, formouse con Carle Vernet (1808) e con P. N. Guérin (1810) en París. No Salon de 1812 expuxo con éxito Officer de chasseurs de la garde impériale chargeant. En 1814 pintou Le Cuirassier blessé quitant le feu. Asistiu á Académie de France de Roma, onde pintou a Radeau de la Medusa (exposta no Salon de 1819), que retrata os superviventes dun naufraxio da época. Na súa estancia no Reino Unido (1820-1822) pintou Derby d’Epson (1821). Tamén pintou diversos retratos de enfermos mentais, como Monomane du jeu e Aliéné kleptomane.
VER O DETALLE DO TERMO