"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. A súa obra representa unha evolución na paisaxe de fondo tratada de forma naturalista. Doutras obras destaca o tríptico A crucifixión, realizado para o mosteiro dos Irmáns de San Xoán de Haarlem e do que se conservan as táboas A lamentación de Cristo e A cremación dos ósos de San Xoán Bautista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto canadense. Naceu co nome de Ephraim Goldberg e en 1947 trasladouse a Los Angeles, onde estudiou arquitectura. Realizou estudios de urbanismo e en 1962 abriu o seu propio estudio. As súas primeiras obras recibiron a influencia de Le Corbusier pero dende a década dos setenta experimentou coa xustaposición de materiais e as composicións xeométricas. Realizou, entre outras obras, o California Aerospace Museum (Los Angeles, 1982-1984), o Vitra Design Museum en Weil-am-Rhein, Alemaña (1987-1989), o Walt Disney Concert Hall en Los Angeles (1989), o complexo de Disneyland París (1990) e o Experience Music Project de Seattle (1999-2000). En España traballou na Villa Olímpica de Barcelona e realizou o Guggenheim Museoa de Bilbao (1990) e a sede social das adegas Marqués de Riscal en Araba. Recibiu o Premio Pritzker en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia dos Países Baixos (5.144 km2; 1.906.800 h [estim 1999]). A capital é Arnhem. Está limitada ao SL por Alemaña, ao S por Brabante Setentrional, ao O por Utrecht e Holanda Meridional, ao N por Ijssel e ao NL por Overijssel. Está drenada polo Rin, o Ijssel e o Mosa. Son frecuentes as granxas mixtas de explotación agrícola e gandeira. A actividade industrial concéntrase en Arnhem. O condado de Zutphen quedou unido a Gelderland no 1190, baixo o goberno do conde Odón I e transformouse en ducado con Reinaldo II (1339). Trala morte sen herdeiros de Reinaldo IV (1434) os cidadáns e os nobres do ducado elixiron sucesor a Arnaldo I, que foi derrotado e capturado polo seu fillo Adolfo I (1465). Carlos I de Borgoña liberouno (1471) e conseguiu o ducado a cambio (1473), pero o pobo rexeitouno (1477) e outorgoulle o poder a Catarina, filla de Arnaldo I, que actuou como rexente do seu sobriño Carlos II ata a súa maioría de idade (1492). Os enfrontamentos co Emperador Carlos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e biólogo ucraíno. Os seus traballos sobre espacios lineais normais foron o fundamento das aplicacións na análise funcional de diversas especialidades matemáticas. Profesor na universidade do estado de Moscú, recibiu o Premio Stalin e o Wolf de matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. A partir de 1952 investigou na Universidade de Chicago. En 1955, no California Institute of Technology, traballou sobre as partículas elementais e a táboa periódica dos elementos e deu a coñecer a teoría dos quarks. En 1969 recibiu o Premio Nobel de Física. Publicou The eightfold way (1964), en colaboración con Ne’eman, e o libro de divulgación científico-filosófica The quark and the jaguar (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista italiano. Estudiou con Corelli e A. Scarlatti en Roma. En 1714 viaxou por Inglaterra, onde conseguiu éxitos como violinista e publicou un dos primeiros métodos de violín. Residiu en París, onde estreou o ballet La forêt enchantée (1754). Deixou sonatas para violín e clave e concerti grossi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa norteamericana fundada en 1882 da fusión da Edison General Electric Company e da Thomson-Houston Company, dedicada á produción de electricidade e aparatos eléctricos. Tras dominar o mercado dos aparatos eléctricos, diversificou os seus intereses, polo que desde 1955 produciu diamantes sintéticos e desde 1960 entrou no campo da electrónica coa participación maioritaria na Compagnie des Machines Bull. É un grande imperio financeiro e industrial dedicado a diversos sectores, como a industria aeroespacial, os electrodoméstico­s e o material eléctrónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, que forma parte da aglomeración do Gran Bos Aires (407.506 h [1991]). Industria química, de cemento, de maquinaria téxtil, de papel e alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Illa de Mindanao, Filipinas, situada no centro da baía de Sarangani, ao S da illa (327.173 h [1995]). Porto pesqueiro e centro industrial. Ata 1954 denominábase Buayan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de autogoberno da Comunitat Valenciana, integrada polas Corts Valencianes, o presidente e o Govern Valencià ou Consell. Creada polo Estatut d’Autonomia del País Valencià de 1982, a potestade lexislativa corresponde ás Corts Valencianes e o Consell é o órgano con funcións executivas e administrativas. O presidente da Generalitat dirixe a acción do goberno e ostenta a máis alta representación da comunidade autónoma; é elixido polas cortes entre os seus membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo. Aos dezaseis anos entrou na Lexión Francesa, da que desertou, polo que pasou diversas tempadas en reformatorios e cárceres. A súa obra literaria está moi influenciada pola súa vida persoal. Tentou reflectir a vida dos sectores máis marxinais da sociedade, desde as criadas ata a xente de cor, sen esquecer as prostitutas e os homosexuais. Entre as súas obras hai que destacar Les Bonnes (1947), Les Négres (1956), Le balcon (O balcón, 1960) ou Les paravents (1961). En 1966 presentou o volume Lettres à Roger Blim, un conxunto de textos nos que analiza a función social e política do teatro como instrumento de acción e liberación. Situada a medio camiño entre o teatro da crueldade de Artaud e o teatro do absurdo, a súa obra foi obxecto de varias escenificacións en Galicia, entre as que destaca As criadas, realizada pola Compañía Luís Seoane en 1980 con dirección de Manuel Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo. Investigador titular da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) dende 1956, foi vicepresidente da Academia da Investigación Científica (1963-1964). Participou nas expedicións Ra I e II (1969-1970) e no 1973 organizou e dirixiu a expedición Acalli. Centrou as súas investigacións nos estudios de xénero e na análise da violencia e do racismo. Das súas obras destacan: El hombre entre la guerra y la paz (1968), Comportamiento y violencia (1976) e La Violencia en el país Vasco y sus relaciones con España (1986). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio de Investigación de la Academia Mexicana de Ciencias (1961), o Premio Internacional da Paz (1968). Membro, entre outras, da American Anthropological Association, da Royal Anthropological Institute of Great Britain and Ireland e da Societé d’Anthropologie de Paris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi membro do Grupo Parpalló (1956) cos que expuxo en numerosas ocasións. Despois dunha etapa informalista, abordou un neofigurativismo, onde compaxinaba o interese pola denuncia social co desexo de conseguir unha beleza plástica. A súa temática básica son as multitudes humanas, enfrontadas a unha descoñecida forza fatídica. Nas súas obras emprega, baixo a influencia da arte pop, roupas e outros obxectos pegados ao lenzo. Utiliza os procedementos narrativos e os primeiros planos, derivados das técnicas cinematográficas. Obtivo o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e filósofo italiano. Catedrático de Metafísica da Università de Napoli (1738-1753), foi acusado de herexe polas súas ideas empiristas. Ocupou en 1754 a primeira cátedra europea de Economía Política, desde a que recomendou a expropiación dos bens eclesiásticos, a abolición dos dereitos feudais e estableceu un precedente da teoría subxectiva do valor. Das súas obras destacan Disciplinarum metaphysicarum elementa (1743-1752) e Delle lezione commercio (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Membro do Partido Liberal Demócrata, que presidiu entre 1971-1985, foi ministro de Interior (1969-1974) e de Asuntos Exteriores (1974-1992), cargo desde o que se encargou do proceso de reunificación alemana. En 1990 foille concedido o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor da imprenta de tipos móbiles. Coñecido como Johann Gutenberg. En 1450 asociouse con Johann Fust, quen achegou 800 gulden para facer libros, ata que en 1455 este último esixiu a devolución do capital e mais os intereses. Como Gutenberg non podía devolver o diñeiro, por orde xudicial tanto o obradoiro, como a maquinaria e os materiais pasaron a mans de Fust, entre os que probablemente se encontraba o primeiro libro impreso con tipos móbiles, a Biblia Latina, de 42 liñas e dúas columnas editada por Fust en 1456. O mesmo aconteceu con outra obra coñecida, o Salterio. Non hai ningunha obra que teña o nome de Gutenberg como impresor e só os testemuños contemporáneos permitiron poder atribuírlle esta invención e primeira edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Gentile da Fabriano, a súa obra, dentro do gótico internacional, incorporou na derradeira etapa elementos renacentistas. En 1408 estivo en Venecia, onde pintou o fresco da Battaglia navale tra i veneciani e Ottone III, na sala do consello maior do Palazzo Ducale. En 1422 instalouse en Florencia, onde pintou Adorazione dei Magi para a igrexa da Santa Trinità, e en 1427 comezou o ciclo da Vita di san Giovanni Battista en San Giovanni in Laterano en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da gentry. Durante a Idade Media equivalía a nobre. A partir da última metade do s XIX converteuse en sinónimo de home e pasou a ser empregado en lugares públicos para distinguir os individuos do sexo masculino ou para designar a aqueles homes que destacan tanto pola súa distinción de maneiras e de aspecto, como pola rectitude do seu comportamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Carter Brown, publicou máis de duascentas novelas policíacas, en gran parte protagonizadas polo detective Rick Holman, que gozaron de ampla popularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. En París frecuentou os ambientes simbolistas. Regresou a Alemaña e uniuse ao grupo antinaturista formado ao redor de Hofmannsthal. As súas primeiras obras están influídas polo simbolismo (Hymnen, 1890); posteriormente humanizouse en Das Jahr der Seele (O ano da alma, 1897), Der siebente Ring (O sétimo anel, 1907) e Der Stern des Bundes (A estrela da alianza, 1914).

    VER O DETALLE DO TERMO