"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Máquina que servía para ascender e descender dende o aire a deuses e heroes no teatro grecorromano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Instalouse en París coa súa familia en 1782 e foi discípulo de J. L. David. Foi un pintor ecléctico no que respecta á súa obra, tanto neoclásica, entre outras L’amour et psyché (1798), como romántica, entre outras Corinne au Cap Misène (1819), e en canto á súa clientela, pois traballou tanto para a Convención, axudando a David, como para o Consulado e o Imperio, entre outras obras na decoración da Malmaison, e para a Restauración, pois foi pintor de cámara de Luís XVIII. Dos seus retratos destacan Mme Récamier (1802), A comtesse Regnault e Mme Visconti (1810). Cultivou tamén a pintura histórica en Vitoire d’Austerliz (1810) e Entrée de Herni IV à Paris (1817).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e debuxante francés. Coñecido como Grandville, os surrealistas considerárono o seu precursor. Dos seus debuxos satíricos destacan Les plaisirs de tout âge (1827), Métamorphoses du jour (1829), Un autre monde (1844) e Les fleurs animées (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Estudiou arte dramática e na década dos setenta participou na montaxe do musical Grease en Broadway. Gracias a iso comezou a facer pequenos papeis secundarios en películas como Days of Heaven (1976) ou Yanks (1979), ata que protagonizou American Gigolo (1980), coa que obtivo moito éxito. Outros filmes destacados da súa carreira son An Officer and a Gentleman (1981), Cotton Club (1984), Pretty Woman (1989), Final Analysis (1991), Mr. Jones (1992), Sommersby (1993), Fist Knight (1995), The Jackal (1997) e Runaway Bride (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Magnate do petróleo e coleccionista de arte estadounidense. Dirixiu diversas compañías petrolíferas ata que se converteu no presidente e director xeral da Minnehoma Financial Corpo (1942-1961). Dende 1948 foi presidente e principal propietario da Getty Oil Company e dende 1956 presidente do Mission Corp. Reuniu unha importante colección de arte coa que formou o J. Paul Getty Museum, inaugurado na súa residencia de Malibu en 1954. En 1974 foi trasladado a un edificio e en 1997 ao Getty Center de Los Angeles. En 1953 creou a J. Paul Getty Foundation para a difusión das artes e do saber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista tenor de jazz norteamericano. Coñecido como Stan Getz, pertenceu á escola cool. Entre 1947 e 1949 obtivo un grande éxito ao formar parte do cuarteto de saxofonistas Four Brothers. Nos anos sesenta foi un dos principais introdutores da bossa nova e gravou con João Gilberto e Antonio Carlos Jobim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo belga. Foi premiado en Roma (1847) coa cantata flamenga België. Dirixiu a Opera de París (1867-1870) e, dende 1871, o conservatorio de Bruxelas. Escribiu Histoire et théorie de la musique de l’antiquité (1875-1881) e Traité d’harmonie (1905-1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de concertos de Leipzig, creada en 1781 e instalada na sala do mesmo nome, que no s XIX se converteu nunha das máis importantes de Alemaña. Nela foron directores, entre outros, F. Mendelssohn, Niels Gade, A. Nikisch, W. Furtwängler e Bruno Walter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental situado entre a Costa de Marfil ao O, Burkina Faso ao N, Togo ao L e o Golfo de Guinea ao S (238.533 km2; 20.212.000 h [estim 2000]). Esténdese entre os 11° 5° de latitude N e os 3° O 1° L de lonxitude. A capital é Accra.
    Xeografía física

    Relevo, hidrografía e climatoloxía
    O relevo é pouco elevado, a altitude media non supera os 150 m. O S está dominado por unha chaira drenada por numerosos ríos. Ao NL hai unha ampla chaira ocupada polo val do río Volta e os seus afluentes. Ao L está o lago Volta, un dos maiores do mundo. O clima é tropical, pero existen grandes variacións en temperatura e precipitacións. As chuvias prodúcense de abril a xuño e de setembro a novembro. As precipitacións anuais oscilan entre os 1.015 mm no N e os 2.030 mm no SL. O harmattan, vento seco do deserto, sopra de decembro a marzo, o que fai descender a humidade e dá lugar a días cálidos e noites frescas. No S os efectos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Antigo reino africano que se constituíu na rexión esteparia entre Senegal e o curso alto do Níxer, entre os ss III e XIII. Posiblemente foi fundado por unha dinastía de orixe bérber, pero no s VIII impúxose unha nova dinastía que estendeu os seus territorios e da que xurdiu o Imperio de Ghana. O seu poder baseábase no control da produción aurífera do Sudán occidental, que a poboación extraía de xacementos aluviais na estación seca, e das rutas de caravanas que unían esta rexión co Magreb. No s X o Imperio de Ghana acadou o seu apoxeo e despois de derrotar a confederación bérber (990) estendeuse ata Tombouctou polo L e Bamako polo S. O soberano exercía o poder político e relixioso, pero nas denominadas provincias imperiais delegaba o seu poder nos representantes dos principais clans territoriais. Nos territorios conquistados a administración local estaba nas mans dos gobernadores que rendían contas ao monarca. A economía articúlase ao redor da agricultura, a gandería e o comercio transahariano,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Gujarāt, India, situada nas marxes do río Sabarmati, ao N da antiga capital de Ahmadābād (123.359 h [1991]). Foi construída en 1966 para substituír a antiga capital do estado, Ahmadābād.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pucha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ghana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ghana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o pintor Domenico Bigordi. As súas primeiras obras recibiron a influencia de Andrea del Castagno e de Domenico Veneziano; entre outras destacan os frescos da Storie di Santa Fina da colexiata de San Gimignano (1475). Nunha segunda etapa, é notorio o contacto coa obra de A. Verrochio, a influencia de Leonardo da Vinci e o coñecemento da pintura flamenga de Van der Goes en Cenacolo no claustro da igrexa de Ognissanti (1480). Colaborou na Capela Sixtina. En Florencia en 1485 comezou o fresco coa Storie della Virgine e di San Giovanni na capela maior de Santa Maria Novella. Realizou tamén retratos femininos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Coñecido como Giuliano da Sangallo, foi un dos principais continuadores da linguaxe arquitectónica de Brunelleschi. Das súas obras destacan a igrexa de Santa Maria delle Carceri en Prato (1485-1492), primeiro exemplo renacentista de planta central onde tamén son patentes as fórmulas de Alberti, a Villa Medici de Poggio en Caiano (1480-1485), onde construíu un pórtico preludio de Palladio, a sancristía da igrexa do Santo Spirito en Florencia (1489-1492) e o Palazzo Gondi en Florencia (1490-1494), derradeiro expoñente da tradición brunelleschiana. En Roma proxectou o claustro de San Pietro in Vincoli e a igrexa de Santa Maria dell’Anima, e foi nomeado arquitecto de San Pedro do Vaticano xunto con Raffaello e Fra Giocondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e tenente de navío. Enxeñeiro da Real Armada, foi o autor da remodelación da torre de Hércules (1791). Traballou tamén en proxectos urbanísticos no vicerreinado de Río da Prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físicoquímico canadense. Desenvolveu o método do arrefriamento magnético, coñecido como “desmagnetización adiabática”, para tentar obter temperaturas próximas ao cero absoluto e poder determinar, dese xeito, calores específicas en baixas temperaturas; e descubriu, por métodos espectroscópicos, os isótopos 17 e 18 do osíxeno. En 1949 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións en crioxenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ǧ ubrān Khalīl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Licenciado en Psicoloxía e Socioloxía pola Universidade de Hull, dirixiu desde 1997 a London School of Economics and Political Science. Autor entre outros títulos de The class struture of the advanced societies (1973) e Capitalism and modern social theory (1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO