"APT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 162.

      1. Acción de raptar.

      2. Impedimento que dirime do matrimonio canónico mentres a contraínte raptada non recobre a liberdade.

      3. Subtracción dunha muller contra a súa vontade e con intencións deshonestas. Considerado tradicionalmente un delito, o código penal español de 1995 non o tipifica como tal.

    1. Axitación repentina causada por unha emoción violenta, que provoca a perda de control sobre os propios actos.

    2. Estado da alma en que o individuo se sente transportado fóra de si e unido á divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen rapta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • readaptable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser readaptado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de readaptar ou de readaptarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver(se) a adaptar algo a unha situación, circunstancia ou contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista de jazz. Coñecido como Django Reinhardt, en 1934 formou o grupo Quintet Hot Club de Francia. Desde 1946 formou parte da orquestra de Duke Ellington. Das súas composicións destacan Echoes of France (1946) e Blues por Ike (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista e cristalógrafo francés. Enunciou a lei da constancia dos ángulos, que xa fora descuberta anteriormente por Stenon e outros. Publicou Essai de cristallograhie (1772) e diversas obras de mineraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Definiu a economía política como unha simple exposición da forma de como se crean, se distribúen e se consumen as riquezas. O empresario compra os servizos produtivos (terra, traballo e capital) e distribúe entre eles o valor dos produtos, que xa non dependen só do traballo, senón tamén da utilidade. Formulou unha lei dos mercados. Publicou Traité d’économie politique (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sifonápteros.

    2. Insecto da orde dos sifonápteros.

    3. Orde de insectos holometábolos, da subclase dos pterigotos, que inclúe especies de tamaño pequeno, ápteras, corpo comprimido lateralmente e patas adaptadas ao salto. Son tipicamente ectoparasitos e hematófagos. Denomínanse xeralmente pulgas e son transmisores de importantes enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e poeta, vizconde de Almeida Garret. Influído por Filinto Elísio, Walter Scott e Lord Byron, renovou as estruturas artísticas e as orientacións temáticas e estéticas do teatro portugués. Líder estudantil na etapa revolucionaria (1820), exiliouse en Inglaterra (1822-1826) coa derrota do liberalismo. Foi inspector xeral de teatros (1936-1841) e promoveu a creación do Teatro Nacional Dona María Segunda. Das súas obras destaca o poema Retrato de Venus (1821), polo que foi procesado; a novela Viagens da Minha Terra (1846); a peza teatral Frei Luis de Sousa (1850); e a recompilación lírica Folhas Caídas (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura proteica que aparece durante a profase meiótica e que intervén no entrecruzamento dos cromosomas homólogos que interveñen na sinapse. A súa función é a de manter unidas as rexións homólogas dos cromosomas homólogos durante a profase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bolandista valón. Xesuíta en 1687, desde 1702 dedicouse á redacción dos Acta Sanctorum, obra da que chegou a ser editor en 1723. Da súa produción destacan os Acta beati Raymundi Lullii (1707) e o Martyrologium Usuardi monachi (1715-1717).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos podicipédidos, ao que pertence o somorgullo pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político francés. Como deputado e membro de diferentes organismos directivos, participou no proceso revolucionario francés. Foi un dos redactores da Constitución Civil do Clero (1790) e do Código de Napoleón (1800-1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da clase dos basiodiomicetos, que teñen o sombreiro pequeno, semicircular, coa cutícula pilosa e están unidos ao substrato lateralmente. En Galicia pódese atopar en zonas de coniferópsidos a especie T. abietinum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Le Romain, traballou na decoración dos xardíns de Versailles (Le char d’Apollon, Le Rhône, La Saône), fixo a tumba da nai de Le Brun na igrexa de Saint-Nicolas de Chardonet e colaborou con A. Coysevox nos monumentos funerarios de Colbert, na igrexa de Saint-Eustache de París, e de Mazzarino no Institute de France de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enciclopedista francés, barón de Clootz. Coñecido como Anacharsis Clootz, durante a Revolución Francesa destacou polo seu radicalismo xacobino. Inimigo de Robespierre, este involucrouno no proceso contra os hebertistas e condenouno á guillotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Villèle. Membro da sociedade secreta dos Cabaleiros da Fe (1813), foi ministro sen carteira (1820-1821) e de Facenda (1821) do goberno de Richelieu. Presidente do Consello de Ministros (1822), realizou unha política conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO