"Ames" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 215.
-
PERSOEIRO
Político británico. Membro fundador do Labour Party, presidiu o partido en 1911 e gobernou nos primeiros gobernos laboristas (1923-1924 e 1929-1931). En 1931 presidiu un goberno nacional de concentración, con conservadores e liberais, e foi expulsado do partido. Dimitiu do cargo de primeiro ministro en 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico escocés. Dirixiu na Universidade de Toronto (Canadá) os estudios sobre a acción dos extractos pancreáticos que o levaron, xunto con F. G. Banting e C. Best, ao descubrimento da insulina (1921). Das súas obras destacan Practical Physiology (1902) e Physiology and Biochemistry in modern Medicine (1918). En 1923 recibiu, xunto con Banting, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da insulina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Membro da convención constitucional de Virginia, promoveu a Convención de Philadelphia (1787) e dirixiu a redacción da Constitución. Como deputado (1789-1799) foi un dos fundadores do Republican Party. Elixido presidente (1809-1817), declarou a guerra a Reino Unido (1812-1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como James Stewart, protagonizou papeis en filmes cómicos, dramáticos e western. Da súa produción destacan Can‘t Take it with You (1938), It’s a Wonderful Life (1946), Winchester 73 (1948), Broken Arrow (1950), Greatest Show on Earth (1952) e Rear Window (1954). Recibiu o Oscar ao mellor actor principal por Philadelphia Story (1940), foi premiado en San Sebastián por Vertigo (1958) e en Venecia por Anatomy of a Murder (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista escocés. Pronunciou unha teoría do valor baseada na utilidade e tratou o problema do exceso de oferta de bens. Escribiu Inquiry into the Nature and Origin of Public Wealth (1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Coñecido como Jimi Hendrix, formou parte da banda de Little Richard e tocou con Ike e Tina Turner. En 1966 trasladouse a Inglaterra, onde formou o grupo The Jimi Hendrix Experience, xunto con Mitch Mitchell e Noel Redding. Desenvolveu un estilo caracterizado pola fusión do blues cun pop-rock de vangarda. Dos seus discos destacan Are you experienced? (1967), Axis Bold as Love (1967), Electric Ladyland (1968) e Band of Gypsys (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Defensor da escravitude, na Guerra de Secesión (1861-1865) foi enviado a Reino Unido como delegado dos Estados Confederados de América (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou representando papeis dramáticos en pequenas producións británicas e posteriormente converteuse nun dos actores principais de Hollywood na década de 1950, triunfando en cine e televisión. Da súa filmografía destacan I met a murdered (1939), The Reckless Moments (1949), Five Fingers (1952), A Star is Born (1954), pola que foi nominado ao Oscar; Lolita (1961), Georgy Girl (1966),nominado ao Oscar; The Boys from Brazil (1978) e The Veredit (1984), que significou a súa terceira nominación ao Oscar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático escocés. Elaborou a teoría cinética dos gases, onde aplicou o cálculo de probabilidades, estableceu (1860) as bases da mecánica estatística, que desenvolveu con L. Boltzmann e J. W. Gibbs e que se coñece como estatística de Maxwell-Boltzmann; e formulou (1873) as ecuacións de Maxwell, fundamento teórico do electromagnetismo. Pode considerarse un precursor de Wiener e da cibernética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico inglés. Formou con John Lennon o grupo The Quarrymen, que foi a semente de The Beatles, para o que compuxo numerosos temas. Con este último editou varios discos e fixo varias películas, como Yellow Submarine (1969). En 1970 disolveuse The Beatles e continuou a súa carreira musical coa súa muller Linda Eastman, coa que formou o grupo Wings. Da súa discografía en solitario destacan Tugs of War (1982), Pipes of Peace (1983), All the best! (1987), Paul is live (1993) ou Back in the world (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e construtor aeronáutico. En 1928 fundou en Milwaukee a J. S. McDonell Jr and Association e, en 1939, creou a McDonnell Aircraft Corporation.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista británico. Seguidor da teoría neoclásica, especializouse en comercio internacional e en diversos aspectos de política económica. Das súas obras destacan: Economy Analysis and Policy (1936), The Theory of International Economic Policy (1951, 1955), The Controlled Economy. The Theory of Economic Externa Pities (1973) e The Just Economy (1976). En 1977 recibiu, xunto con Bertil G. Ohlin, o Premio Nobel de Economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Convertido ao catolicismo (1938), ingresou (1941) no mosteiro trapense de Gethsemani (Kentucky) e contribuíu a crear un clima de interese pola vida contemplativa e o orientalismo en EE UU. Escribiu o libro autobiográfico The Seven Storey Mountain (1948), Ascent to Truth (1951), Mystics and Zen Masters (1967) e a escolma póstuma Selected Poems (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Centrouse no traballo en ferro e estudou a forxa na Península Ibérica. En 1967 trasladouse a Santa Clara del Cobre (México) onde fundou con Ana Pellicer un taller-escola de cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, economista e filósofo escocés, pai de John S. Mill. Influíu na vida intelectual e política británica a través do xornalismo. Escribiu History of British India (1817), crítica da acción británica naquela colonia, Elements of Political Economy (1821), baseados na concepción económica de D. Ricardo, e Analisys of the Phenomena of the Human Mind (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Influído por Lope de Vega, pero con características propias de Góngora, escribiu diversos autos sacramentais, como El sol de medianoche; dramas relixiosos, como La mesonera del cielo e El esclavo del demonio (1612); comedias históricas, como El ejemplo mayor de la desdicha; de costumes, como La fénix de Salamanca e Lo que puede una sospecha; e bíblicas, como El clavo de Jael e Vida y muerte de san Lázaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista escocés. Estudou en Edimburgo e Cambridge e foi profesor en Oxford e Cambridge. Especializouse na análise dos incentivos no contexto da información asimetricamente distribuída, e demostrou que esta información podía ter importantes consecuencias en determinados sistemas económicos e mercados. Recibiu, xunto a W. Vickrey, o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Elixido deputado por Virginia (1782-1786), foi senador (1790), embaixador en París (1794-1796) e gobernador de Virginia (1799-1802). Secretario de Estado (1811-1817), candidato polos republicanos, foi elixido presidente de EE UU (1817-1821 e 1821-1825). Obtivo Florida da monarquía hispánica (1819). Preconizou a denominada doutrina Monroe, exposta no Congreso de EE UU o 2 de decembro de 1823, onde se recollen os principios da política exterior estadounidense que levou a cabo, sobre todo, en América Latina e proclamou o peche de América á colonización europea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Jim Morrison, formou en 1967, xunto a Ray Manzarek, Robbie Krieger e John Densmore, o grupo The Doors. Os seus continuos escándalos e problemas coa xustiza fixeron que abandonase Los Angeles e se establecese en París. Ademais de compoñer, escribiu diversos poemarios, dos que destacan An American Prayer (1970) e The Lords and The New Creatures (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e inventor inglés. Coñecido como Eadweard Muybridge, foi pioneiro no estudo da locomoción humana e animal e os seus estudos contribuíron á aparición da cinematografía. Viaxou a EE UU (1952), onde se iniciou na fotografía con Carleton E. Watkins, e traballou para o departamento de documentación durante a Guerra da Secesión, ademais de facer máis de 2.000 fotografías do Far West (1868-1973). Creou o zoopraxiscopio (1879), un aparato capaz de animar a imaxe, e as súas secuencias fotográficas de fases de movementos abriron o camiño á pintura dinámica futurista do s XX. Publicou Animal Locomotion (1887), con máis de 100.000 fotografías realizadas entre 1872 e 1885, e The Human Figure in Motion (1901).
VER O DETALLE DO TERMO