"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Franciscano que desempeñou importantes cargos na súa orde. Orador distinguido, colaborou en El Eco Franciscano, do que chegou a ser subdirector. Entre as súas obras cabe citar Páginas espirituales de vida sobrenatural (1925), Leyenda de San Francisco de Asís escrita por tres de sus compañeros (1927) e Suma espiritual para las almas religiosas (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Enviado aos EE UU (1950), encabezou unha rede de espionaxe que se apoderou dos planos do primeiro cruceiro nuclear norteamericano. Foi detido en 1957 e cinco anos despois intercambiárono por dous espías norteamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Probablemente Bispo de Hierápole (Frixia). Foi coñecido grazas a unha inscrición sepulcral en versos gregos (epitafio de Abercio), na que se expresa de xeito simbólico a celebración da Eucaristía no Oriente e no Occidente. A festa celébrase o 22 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Macizo antigo, tipo penichaira e coroado con manifestacións volcánicas, de 3.994 m situado no flanco oriental do Rift Valley, en Kenia. Está declarado Parque Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza bovina de carne, de talle mediano e pelame negro. É orixinaria dos condados de Aberdeen e de Angus (NL de Escocia).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se desvía do tipo ordinario.

    2. Dise dun órgano cunha configuración anormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labor que consiste en facer sucos paralelos na terra co arado.

    2. Primeiro suco que se abre na terra ao comezar o traballo de labradío.

    3. Xugada ou parella de bois de labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida o 12 de outubro de 1990 e subtitulada “Revista galega da Expo´92”. Estivo dirixida por Xavier Navaza, os seus redactores-xefes foron: Alfonso Freire e Montse Castro. Entre as súas colaboracións están as de Marisol Vence, Elena Goyanes, Xavier Costa Clavell, Mariño Ferro, Carlos Villanueva e Luís Mariño. Os responsables da súa fotografía foron: Xurxo Lobato, Lalo Villar, Tono Arias e Alberto Novoa. G. Carro e Quesada tratan o humor. Nas diversas seccións como “Quinto Centenario”, “Xacobeo 93”, “Música”, “Moda” e “Letras” tratáronse novas sobre o Pavillón de Galicia na Expo de 1992 e o Ano Santo Compostelán 1993, promocionando a imaxe de Galicia. E mesmo se editou un exemplar-resumo da revista en inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Irlanda, que nace preto de Oileán Ciarraighe, no condado de Ciarraighe, pasa por Mala e Fir Maighe ata Eochaill, onde desemboca no Atlántico logo dun percorrido de 164 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe portuguesa. Os troncos desta familia foron os irmáns João e Santiago Abián que loitaron ao servizo do Rei don Paio. Os seus descendentes fundaron casas en Galicia, Castela, Andalucía e, especialmente, en Aragón onde acadaron gran sona. As súas armas presentan, en campo de prata, unha torre de goles sobre ondas de mar, de azur e prata. Algunhas variantes levan, escudo cuarteado, onde o primeiro e o cuarto representan, sobre campo de prata, unha árbore de sinople mentres que o segundo e terceiro traen, en campo de ouro, cinco estrelas de goles postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e mineraloxista alemán. Inventou un pequeno morteiro para pulverizar minerais chamado morteiro de Abich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (14.200 km2 ; 2.492.513 h [1988]). A capital é Abidjan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Abidjan, na Costa de Marfil (2.000.000 h [estim 1988]). Situada nunha península da albufeira de Ebrié, a apertura do canal de Vridi en 1950 converte a cidade nun porto de auga profunda. Centro industrial, administrativo e comercial. Posúe universidade e aeroporto internacional. Foi a capital da colonia francesa de Costa de Marfil (1934) e do estado ata o 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Coller coa boca e apertar entre os dentes algunha cousa.

      2. Comer dando mordedelas aos alimentos.

    1. Desacreditar a alguén mediante a palabra.

    2. Deixar de chover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor armenio romántico. Escribiu a novela histórica de exaltación patriótica Rany Armenii (As feridas de Armenia), primeira en lingua popular e publicada postumamente (1856). Tamén cultivou a poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia hebrea de Castela, asentada en Portugal despois das matanzas do ano 1391. Os seus membros establecéronse en Toledo e en Nápoles. Entre eles destacaron I haq Abrabanel , político e comentarista bíblico, e o seu fillo Yĕhudán, escritor coñecido polo seu alcume, León Hebreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sorprendente en grao superlativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO