"Anu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1145.

  • PERSOEIRO

    Político chileno. No ano 1864, cando abandonou a carreira eclesiástica para dedicarse á política, afiliouse ao partido liberal. A partir do ano 1870 foi deputado en diferentes ocasións e, dende 1882 ata 1886, ocupou o cargo de ministro no gabinete do Presidente Domingo Santa María. Cando asumiu a Presidencia do país, no ano 1886, promoveu a educación pública e realizou numerosas obras públicas. En 1891, logo de oito meses de guerra civil, abandonou o cargo e suicidouse pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciou estudios de Arquitectura que abandonou debido a unha doenza física. No Brasil comezou a súa produción literaria en xornais e foi profesor de literatura hispanoamericana na Faculdade Nacional de Filosofia. Considerado como o pai da poesía modernista brasileira, entre as súas obras poéticas destacan: A cinza das horas (1917), Carnaval (1919), Libertinagem (1930), Estrela da tarde (1962); como prosista escribiu Crônicas da província do Brasil (1937) e Apresentação da poesia brasileira (1946), entre outras. As súas investigacións levárono a mergullarse nos cancioneiros medievais galego-portugueses, dando como froito o poema “Cossonte”, onde emula a famosa cantiga “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e doutor en Historia, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela de Lingua e Literatura latinas. Nos anos vinte escribiu varios artigos para a revista franciscana Archivo Ibero-Americano sobre temas relixiosos. O seu traballo Los Arzobispos de Santiago y la Universidad Compostelana (1926) recibiu o Premio da Federación de Estudiantes Católicos de Santiago de Compostela no ano 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Exerceu de notario en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e na Coruña. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Editou artigos en diversas publicacións galegas, principalmente na Revista Gallega. Entre os seus traballos destacan A prol do estatuto (1933), o ensaio O bilingüismo e o discurso que pronunciou con motivo do cincuentenario da fundación da Academia, recollidos ambos no Boletín da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz árabe, plural apocopado da voz árabe ibn ‘fillo’. Utilízase na formación de numerosos antropónimos: Banū Birzal, Banū Ǧ ahwar, Banū Ġāniya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia árabe cordobesa (1031-1068). Abū-l- Ḥ azm ibn Ǧ ahwar, que deu nome á liñaxe, destronou o último Califa de Córdoba, Hišām III, aboliu o Califato e estableceu unha república municipal no termo de Córdoba. No 1068 os abbaditas tomaron Córdoba rematando coa dinastía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber, Un dos seus membros, Mu ḥ ammad ibn ‘Abd Allāh, foi o creador da Taifa de Carmona (1013). O abbadita al-Mu’tadid incorporouna aos dominios sevillanos (1067).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber que se independizou nas Illes Balears e en Ifrīqiya durante época almohade. Alī ibn Yūsuf, lugartenente do almorábide Yūsuf ibn Tašfīn, casou cunha parenta deste, Ġāniya (de quen tomou nome a dinastía), e tivo dous fillos: Ya ḥ yà e Mu ḥ ammad, gobernador de Mallorca seguramente dende 1126. Durante a conquista almohade do Al-Andalus, Mu ḥ ammad ibn Ġāniya conseguiu a autonomía das Illes Balears. Dos seus fillos, semella que Mu ḥ ammad ibn I ṣ hāq ibn Ġāniya permaneceu no goberno das Balears, namentres que ‘Alī ibn Is ḥ āq ibn Ġāniya levou a rebelión antialmohade a terras norteafricanas. A actuación dos Banū Ġāniya precipitou a decadencia almohade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que os árabes deron aos descendentes de Gómez Díaz, conde de Saldaña. Serviron sucesivamente ao Califato Omeia e ao Rei de Castela, e opuxéronse á actuación do Cid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia árabe de orixe baladí que gobernou a Taifa de Zaragoza dende o 1039 ata o 1110. O fundador foi Sulaymān ibn Mu ḥ ammad ibn Hūd, chamado al-Musta’īn, que antes de morrer dividiu o reino entre os seus fillos, deixando Zaragoza a Abū Ǧ afar A ḥ mad al-Muqtadir, Lleida a Yūsuf al-Mu ẓ affar, Calatayud a Sulaymān e Tudela a Mum ḥ ammad. Al-Muqtadir (1046-1081) desposuíu sucesivamente os seus irmáns e anexionou Tortosa (1059) e Dénia (1076), facendo do seu goberno o momento de máxima expansión do Reino. Foi vasalo de Fernando I de Castela e aliado de Sancho García de Navarra contra Sancho Ramírez de Aragón. Acolleu o Cid no seu desterro. Ao morrer repartiu os seus territorios entre os seus fillos, outorgando Zaragoza e Tortosa ao seu fillo Yūsuf al-Mutamin (1081-1085), e Lleida e Dénia a Mun ḏ irImād al-Dawla (1081-1090); estes iniciaron unha época de continuadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber orixinaria de Santaver (Cuenca). Os seus membros instauraron unha Taifa en Toledo (1036-1085) cando desapareceu o Califato de Córdoba. Este reino, sometido a presións considerables pola súa privilexiada situación xeográfica, tivo como derradeiro soberano a Yahya al-Qādir, que abandonou a cidade en mans de Afonso VI (1085).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber que, despois da conquista do N de África polos musulmáns, obtivo a soberanía en Tilimsen (750?) e adoptou o credo kharigita. Unha rama desta dinastía sostivo a Taifa de Ronda (1039-1059).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber, coñecida xeralmente co nome de dinastía benimerina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia muladí orixinaria da rexión navarra do Ebro. Descende do conde visigodo Cassius, que renegou do Cristianismo co gallo de conservar as súas propiedades ante a irrupción de Mūsà ibn Nu ṣ ayr na Península Ibérica. Unhas veces aliada dos emires de Córdoba e outras en revolta contra eles, conseguiu formar un reino propio (ss VIII-X) coa alianza frecuente dos reinos veciños. Un dos seus membros, Mūsà ibn Fortun chegou a gobernar sobre un territorio que abranguía Tudela, Huesca e Zaragoza. Enfrontado co veciño Reino Ástur, foi derrotado por Ordoño I (859) na fortaleza de Albelda (Logroño), orixe da lendaria Batalla de Clavijo, e o seu poder foi minguando ata a súa morte (862). Os derradeiros anos do s IX foron de loita continuada. Así, a comezos do s X, tralas repetidas batallas cos reis navarros, o territorio dos Banū Qasī quedou reducido a Tudela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia granadina que interveu repetidamente nas liortas internas do Reino Nazarita de Granada (s XV). Unha lenda atribúelle a Boabdil o asasinato de 36 membros desta familia na chamada sala de los Abencerrajes da Alhambra granadina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia árabe coñecida en Occidente por omeia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia musulmá da rama caisita asentada na cidade de València nos primeiros momentos da invasión musulmá da Península Ibérica. A finais do s XI colaborou xunto cos almorábides para impedir a conquista da cidade por parte do Cid Campeador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribo bérber da rama sanhaja. Os seus membros contribuíron a salvar o Imperio Fatimita da revolta de Abū Yazīd no 944 e foron recompensados (973) co goberno do Magreb oriental, que mantiveron ata o 1050. Unha rama da familia dos ziris pasaron no s X ao Al-Andalus e deuse a coñecer loitando contra Almanzor (al-Man ṣ ūr). Máis tarde Zawī ibn Zīrī (1012-1019) ocupou Granada e estableceu unha Taifa independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. De familia de militares, alcanzou o cargo de xeneral. Combateu contra os araucanos (1862) e tivo o mando das tropas chilenas na guerra con Perú. Renunciou ao cargo de Presidente da República ofrecido polo partido conservador. Neutral durante a Guerra Civil (1891), ocupou a presidencia de Chile durante uns días trala renuncia de José Manuel Balmaceda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborador en distintos xornais da época (El Correo Gallego, Diario Ferrolano, El Noroeste, La Voz de Galicia, etc), foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1918) e no certame da Casa de Galicia da Coruña (1919 e 1920). Publicou De mi viejo solar (1911), Libro de poesías (1912) e El retorno (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO