"Aram" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 169.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polimorfismo dun mineral que consiste no feito de que o cambio da forma cristalina ten lugar sen destrución e coa orientación do novo cristal sobre o anterior.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Val do Dubra. Realizada en granito durante o s XIII, ten unha nave e ábsida rectangulares. Destaca a ventá da cabeceira, de estilo románico e enmarcada por un arco de medio punto, cunha arquivolta axadrezada, e dúas columnas con capiteis vexetais. A sancristía, pegada ao muro meridional, é da época da restauración da igrexa (1646).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica que fundou Adolph Zukor en Nova York en 1912. Denominada inicialmente Famous Players Film Company, non adoptou o nome de Paramount Pictures ata 1916, ano en que se fusionou coa Jesse L. Lasky Company e pasou a ser unha das cinco grandes compañías estadounidenses. A súa primeira produción de éxito foi o filme Wings (1928), que conseguiu o Oscar á mellor película nese ano. En 1966 foi absorbida pola Gulf and Western Industries e en 1994 pasou a formar parte, xunto coa súa división televisiva, do grupo Viacom Inc. Algúns dos seus filmes máis representativos foron The Ten Commandments (1956), Psycho (1960), a triloxía The Godfather (1972, 1974 e 1990), Braveheart (1995) e Titanic (1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno das facultades musicais que lle permite ao enfermo cantar, pero equivocándose nos tons e nos intervalos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (1.790 h [2001]). A actividade agrícola, principalmente de cereais, e pecuaria perderon forza en favor da industria, que se basea nos sectores papeleiro e téxtil, na fabricación de ladrillos e na madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Barbanza, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 42° 36’10” latitude N e 8° 56’ 00” lonxitude O. Limita ao N co concello de Porto do Son (comarca de Noia), ao L co de Boiro (comarca do Barbanza), ao S coa ría de Arousa, e ao O co de Ribeira (comarca do Barbanza). Abrangue unha superficie de 32,3 km2, en que acolle unha poboación de 9.923 h (2007) distribuída nas parroquias do Caramiñal, Lesón, Posmarcos, Santiago de Deán ou O Castelo e O Xobre ou O Maño. A capital está na vila da Pobra do Caramiñal, na parroquia do Caramiñal, localizada a 54 km de Santiago de Compostela e a 118 km da Coruña. Está adscrito á arquiarquidiocese de Santiago de Compostela e ao partido xudicial de Ribeira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A Pobra do Caramiñal sitúase entre a serra do Barbanza e a ría de Arousa, os dous accidentes orográficos que configuran o seu territorio. A primeira esténdese pola... -
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de .
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lesón (A Pobra do Caramiñal) sobre o río Pedras. Datada no s XVIII, foi construída en cantaría e conta con tres vans e arcos circulares, posteriormente ancheouse con bóveda de formigón. Atópase na C-550.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Karaman-Oghlu.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado entre os ríos Órbigo, ao O, e Esla, ao L (3.149 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario e ten industria metalúrxica e de materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crioulo de base inglesa e unha forte influencia portuguesa no léxico que se fala en Surinam.
-
DISTRITOS
Distrito de Surinam (3.636 km2; 12.320 h [estim 1992]). A capital é Groningen (2.300 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta erecta de flores tetrámeras amarelas, brancas ou violáceas, dispostas en acios, con froito estreito e cilíndrico, de tipo silicua. Florece entre marzo e xullo. As follas carecen de estípulas e estan lobadas e profundamente fendidas. Ten a raíz engrosada e un talo de ata 80 cm de altura. Habita en zonas de rochedos e areais, preto da costa, e distribúese por case todas as costas europeas, tamén nas galegas, onde é máis abondosa no N ca no S.
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista portugués. Militante do Partido Comunista portugués, foi perseguido durante a ditadura de Salazar. Continuador do neorrealismo, na súa obra manifesta influencias tanto da literatura popular como do vangardismo. En canto ao seu estilo non delimita os diálogos e utiliza parágrafos moi longos, sen apenas puntos, feito que non significa unha dificultade para o lector. Publicou Os Poemas Possíveis (1966), Deste mundo e do outro (1971), Viagem a Portugal (1981), Memorial do convento (1982), O ano da morte de Ricardo Reis (1982, Premio da Crítica e Premio Pen Club 1985), A segunda vida de Francisco de Assís (1987), Historia do cerco de Lisboa (1989), O Evangelio segun Jesucristo (1922), Ensaio sobre a Cegueira (1995), Todos os nomes (1997), A Caverna (2000), O homen duplicado (2002), Ensaio sobre a lucidez (2004), Don Giovanni ou O dissoluto absolvido...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
xarampón.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid situado na conca do Jarama (1.658 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é pouco formal e ten pouco siso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pau que se prende no colar ou no pé dos animais, especialmente dos cans para que non poidan saltar ou fuxir.