"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Forma particular de fonema ascendente polo que se caracteriza un bo número de construcións interrogativas absolutas en moitas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición das cabezas das igrexas Siríaca Católica (residente en Beirut), Melquita Católica e Maronita (residentes en Bekoš, no Líbano), Melquita Bizantina (residente en Damasco) e Siríaca Xacobita (da que depende o katholikós de Malancar, India). A primeira comunidade cristiá de Antioquía foi confiada ao apóstolo Bernabeu, quen no ano 42 ou 43 chamou a san Paulo para a misión apostólica. Segundo os Feitos dos Apóstolos, foi alá onde os discípulos de Cristo se denominaron por primeira vez “cristiáns”, e a procedencia pagá da maior parte deles enfrontounos á tendencia xudaizante dos procedentes do pobo xudeu. Consecuencia desta situación foi o Concilio de Xerusalén e o enfrontamento dos apóstolos Pedro e Paulo nesta cidade, provocado pola actitude compracente de Pedro cara aos ritos e ás prácticas dos xudaizantes. A tradición considera o apóstolo Pedro como iniciador do episcopado na cidade, o que conferiu aos seus bispos a hexemonía relixiosa sobre toda a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Foi cedido como condado de Aosta na primeira metade do s XI polo Rei Rodolfo III de Borgoña ao conde Humberto I Brancamán de Savoia. No ano 1238, o Emperador Federico II erixiu o condado de Aosta en ducado a prol de Amadeo IV, conde de Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aparcamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Home de negocios, funcionario real e xeógrafo. Serviu a Carlos II (1688-1700) como axudante do tesoureiro e ocupouse da organización e abastecemento do exército. Foi cuarto conselleiro de Barcelona (1699), serviu logo á causa da dinastía borbónica e interveu no donativo das Cortes ao Principado (1701 e 1706). Propugnou a mellora da organización financeira de Catalunya, a creación dun porto franco en Barcelona e a industrialización do país catalán. Tras viaxar por toda Catalunya elaborou un mapa que dedicou a Filipe V (1720) no que se describían xa as fronteiras dos correxementos sobre as demarcacións das veguerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza delgada que se engancha nunha superficie para mellorar algunhas calidades do elemento que lle fai de soporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aplicar.

    2. Que amosa aplicación no estudio.

    3. Dise dos órganos vexetais como pelos, follas, etc, que se achegan á superficie sobre a a que son inseridos, sen chegar, sen embargo, a se soldar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio que se utiliza para aplicar cousas ou produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de apoucar.

    2. Facerse menor, tanto en aspecto cualitativo coma cuantitativo.

    3. Persoa falta de carácter ou de enerxía para desenvolver todo tipo de proxectos ou para enfrontarse a dificultades ou perigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou fileira de arcos.

    2. Abertura pechada con arco, xeralmente de grandes dimensións, que adoita servir de paso.

    3. Arco de gran tamaño sobre un van.

    4. Biombo ou protección provisional de madeira que se coloca en sentido lonxitudinal nas adegas dos barcos que teñen que transportar gran sen embalaxe.

    5. Golpe de arco.

    6. Contorno da fiada de dentes.

    7. Serie de arcos que a comunican coa nave lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción das vías dixestivas altas, que se acompaña de náuseas e precede a miúdo aos vómitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da academia literaria de Roma denominada Arcadia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Arcade, concello de Soutomaior, que se sitúa na marisma da enseada de Piñeiro, entre a punta do Puntal, ao S, e a punta Muxeira, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Soutomaior baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor flamengo. Foi mestre da Capela Xulia (1538) e cantor na Capela Pontificia en Roma (1539-1550). No 1551 trasladouse a Francia onde foi cantor da Capela Real (1557). Compuxo uns 250 madrigais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar de paisaxe grato, de vida idílica e feliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós do Peloponeso, Grecia (4.419 km2; 105.309 h [1991]). A capital é Trípoli (21.337 h [1981]). Habitada por pobos de base económica gandeira, mantívose á marxe da evolución urbana xeral en Grecia. Pasada a hexemonía macedónica, ingresou na Liga Aquea. Logo formou parte do Principado de Acaia (1204), ata que os bizantinos a anexionaron ao Despotado de Mistra (1320). Foi posesión turca (1458-1822) ata a independencia do Reino de Grecia. Esta rexión recibiu as loanzas dos poetas clásicos, como Teócrito e Virxilio. Mitificada como lugar habitado por pastores que levaban unha vida de pracidez e serenidade, pasou á literatura e á arte europeas a partir do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia fundada en Roma no 1690 por un grupo de escritores do Círculo de Cristina de Suecia coa finalidade de combater o “mal gusto” literario do s XVII, identificado co Manierismo. Os seus membros, que tomaban nomes pastorais, propugnaban unha volta á natureza e á simplicidade. Durante o s XVIII cultivaron unha poesía fácil, elegante e optimista. Estendida por toda Italia, sobreviviu ata finais do s XIX, logo transformouse na Accademia Letteraria Italiana (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Grecia meridional, ao longo da costa occidental do Peloponeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arcadia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Arcadia.

    3. Aplícase aos lugares ou momentos fermosos e agradables.

    4. Dialecto do grego antigo que se falaba en Arcadia e que pertencía ao grupo do aqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO