"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘retrete’.
-
-
-
erter un líquido ou deixar caer aos poucos un grupo de cousas.
-
Estender algo que estaba xunto ou nun montón.
-
-
erterse un líquido ou caer ao chan un grupo de cousas.
-
-
-
Conxunto de desperdicios que se xuntan ao varrer.
-
Conxunto de cousas repartidas de forma desordenada. Ex: O vento fixo un ciscallo coas follas das árbores.
-
-
-
-
erter un líquido ou deixar caer aos poucos un grupo de cousas.
-
Estender algo que estaba xunto ou nun montón.
-
-
Manchar algo con algunha cousa.
-
erterse un líquido ou caer ao chan aos poucos un grupo de cousas.
-
Mancharse con algo. Ex: Ciscouse toda no xardín.
-
Cagarse unha persoa por ela. Ex: A pobre muller ciscouse porque colleu frío no estómago.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a parte da Caucasia situada ao N do Gran Cáucaso.
-
-
Conxunto de partículas ou restos miúdos que se desprenden dalgunha materia, como a feluxe ou os restos de palla ou leña.
-
Alteración da paz e da tranquilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Jiménez de Cisneros.
-
PERSOEIRO
Secretario de Carlos I. Membro da administración real desde os Reis Católicos, en 1517 foi nomeado secretario real por Chièvres e no 1518 encargouse da secretaría de Indias. Converteuse no principal administrador da Coroa de Castela en tempos de Carlos I. O rei concedeulle un dereito sobre a prata e o ouro extraídos das minas americanas, coñecido como o dereito de Cobos. En 1543 Carlos I nomeouno conselleiro do futuro Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arabista. Catedrático de Grego, Hebreo e Árabe en varias universidades. Considérase o fundador da moderna escola de arabistas hispánicos. Publicou varias monografías históricas na revista Estudios Cristianos de Historia Árabe-española e libros sobre numismática, como o Tratado de numismática arábigo-española (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. A partir de 1878 foi profesor de filoloxía románica comparada e de filoloxía portuguesa na Universidade de Lisboa. Está considerado como o introdutor da filoloxía científica en Portugal. Na súa primeira obra, A língua portuguesa: phonologia, etymologia, morphologia e syntaxe (1868), que marcou o inicio dos estudios filolóxicos en Portugal, realiza un estudo comparativo das linguas románicas. Publicou, ademais, Questões da língua portuguesa (1879), Os dialectos românicos ou neo-latinos na África, Ásia e América (1880) e O Ensino histórico filológico e filosófico em Portugal até 1858 (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Dereito e codirector do Teatro Español Universitario, colaborou na prensa (La Noche, Alba, La Voz de Galicia, El ideal gallego, etc) e cofundou as revistas Atlántida e Prosa y rima. Da súa produción destaca El dolor innumerable (1971), Poemas santiagueses (1971), Poemas del golf o cómo pasar el tiempo (1972), Retratos fieles de la nada (1972), Cuestiones retrospectivas (1974) e Tras esta luz escura (1992). Recibiu o primeiro premio nos Juegos Florales Hispanoamericanos da Coruña (1948) e nos Juegos Minervales Universitarios de Santiago (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Vicenzo Carduci, centrouse nos temas bíblicos ambientados en fondos paisaxísticos de influencia flamenga. Realizou obras de pequeno formato. Entre os seus lenzos destacan: A visión de Ezequiel (1630), Vista dunha cidade (1634) e San Onofre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor e impresor. Primeiramente adquiriu unha librería en Santiago de Compostela. En 1830 mercou a imprenta de Ramón Temes Gil e transformouna nunha das de máis produción e de mellor calidade do seu tempo. Nas cidades de Santiago de Compostela, Ourense e Vigo editáronse libros e traballos que foron eloxiados pola súa calidade tipográfica. Entre as obras impresas por Francisco Compañel figuran Observaciones al Código Penal (1834), de Bermúdez del Villar, e Estorbos que padece la agricultura, aínda que esta última vai firmada co selo Viuda e Hijos de Compañel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Doutor en Medicina e Radioloxía. Foi presidente do pavillón España da Facultad Universitaria de Ciencias Médicas do hospital Miguel Enríquez, antes coñecido como La Benéfica, pertencente ao centro galego de La Habana, secretario de propaganda da Federación de sociedades galegas de Cuba e presidente da comisión nacional de docencia de posgrao de radioloxía. Ademais, deseñou o novo plano de estudios de medicina de Cuba. É o fundador e editor das revistas Archivos del hospital Universitario Calixto García e Archivos de la nueva medicina La Benéfica. Realizou diversos estudios científicos sobre a saúde da comunidade galega en Cuba. É autor de Tumores de fibra muscular del estómago, Clínica y terapéutica quirúrgica del profesor Vicente Banet e Enseñanza problemática en medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, traballou nunha fábrica de curtidos en Inglaterra antes de regresar á súa vila natal para facerse cargo da empresa de curtumes do seu pai. O primeiro proxecto que acometeu foi a modernización da fábrica familiar e a creación dunha importante explotación gandeira de carácter industrial. Non obstante , a súa obra máis coñecida é a dotación de electricidade á cidade de Ourense para o que construíu a estación térmica do Campo dos Remedios, no Miño. Tamén foi o construtor dos saltos dos ríos Loña, Arnoia e Mao. Exerceu, ademais, como membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e como secretario da Comisión de Monumentos de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ferreiro. Realizou unhas reixas de ferro para o mosteiro de Vilanova de Lourenzá en 1650.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de obras. En 1825 proxectou e dirixiu a construción da fonte da praza das Praterías e realizou a escaleira da praza da Acibechería.
VER O DETALLE DO TERMO