"Díaz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 214.
-
PERSOEIRO
Sacerdote. De orixe galega, acompañou a expedición de Hernán Cortés en 1519 e foi o primeiro sacerdote que desempeñou o oficio de crego e pastor de almas en Nueva España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Edafólogo. Catedrático de Edafoloxía da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudios no Laboratoire des Sols de Versailles (1966) e traballou no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC de Santiago de Compostela ata 1970. Colaborou en diversas revistas especializadas e xornais (La Noche, El Correo Gallego, Cadernos do laboratorio xeolóxico de Laxe, Boletín das ciencias e Nova acta científica compostelana) con artigos como “Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana” (1971), “El clima y la agricultura (1982), “Ciencia e técnica na Galicia da Ilustración” (1995) ou “O cambio climático” (1999). Colaborou no Mapa Nacional de Suelos (1:200.000), nos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, no Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e no da zona húmida de España. Coordinador do volume As augas de Galicia (1996), publicou entre outras obras As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Artista plástica. Licenciouse na facultade de Belas Artes de Pontevedra (1997) nas especialidades de pintura, deseño e audiovisuais. Recibiu, entre outras, unha bolsa Erasmus e outra da Universidade de Kingston (Londres, 1995). Participou, entre outros, no III Taller Pablo Picasso de Unión Fenosa (A Coruña, 1997). As formas xeométricas (rectángulos, cadrados e trapecios) son unha constante nas súas composicións. A súa obra presenta un entrecruzamento plástico que se forma a partir da transparencia da mancha e de diversas liñas que percorren o lenzo dividindo o espazo e acoutando zonas. Malia a importancia da liña e do círculo, é a cor a que determina o maior poder de suxestión da obra na procura dunha expresividade en certo modo lírica que vai avaliada pola poética que suxiren os títulos. Entre outras obras, destacan Mancha de parto, As teas paridas, Un caserío de 1584. E dous marroquís, As miñas voces preferidas e No interior do meu corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Catedrático de Literatura Española no Institut Jaume Balmes de Barcelona e director do Institut del Teatre, formou parte do movemento vangardista catalán e colaborou no primeiro, e único, Full Groc (1929). Da súa produción cómpre destacar: El reverso de la belleza (1956), Discursos para sordos (1968), América vibra en mí (1969), El barroco literario (1970), El calendario inútil (1970), El ocio atento (1974), En torno a Azorín (1975) e Entre la vida y los libros (1984). Membro da Real Academia Española e da Real Acadèmia des Bones Lletres de Barcelona, recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático español. Coñecido co pseudónimo de El Misántropo, escribiu traballos de ortografía e gramática. É autor de Primera Gramática española razonada (1884), Tratado elemental de gramática española razonada (1885) e Nomenclatura de la gramática española (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Exerceu como avogado e procurador en Compostela, ademais de ser asesor da cámara de propiedade urbana. Decano do colexio de procuradores, desempeñou o cargo de xuíz municipal de Conxo. No ano 1924 fundou El Compostelano, xornal que dirixiu ata 1945, ano no que foi adquirido pola Editorial Compostela e que pasou a denominarse La Noche.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Benzodiazepina clorosubstituída moi empregada en medicina como tranquilizante, ansiolítico, sedante e relaxante muscular. Coñécese co nome comercial de valium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Azina que presenta dous átomos de nitróxeno no anel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical divalente de fórmula N=N=.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza dun substituínte diazo nunha molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto orgánico constituído por dous compostos de nitróxeno unidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasadizo que, na cávea dos teatros gregos e romanos e na dos anfiteatros e dos circos romanos, separaba en tres grupos as localidades (ima, media e summa cavea). As da parte inferior estaban destinadas á aristocracia e as outras dúas ás clases media e alta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gas de color amarela, tóxico e irritante. Emprégase na metilación de ácidos e fenois e nalgunhas reaccións de cicloadición. As súas disolucións concentradas son moi explosivas, sobre todo en presenza de impurezas e metais alcalinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ascidias, do subfilum dos tunicados, ao que pertence a especie colonial D. violacea. Está presente na costa atlántica europea, dende as Illas Británicas ao S da Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sales inestables que conteñen o ión diazonio. Fórmanse na reacción de diazotación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción química na que unha amina primaria, xeralmente aromática, se transforma nun sal de diazonio, pola acción do ácido nitroso a baixa temperatura (de 0 a 5°C), que se forma in situ a partir dun nitrito e un ácido. Foi descuberta no 1858 por P. Griess.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para reproducir documentos baseado na destrución selectiva de sales de diazonio por efecto de raios ultravioleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo capaz de sintetizar compostos orgánicos nitroxenados a partir do nitróxeno atmosférico.
-
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...
VER O DETALLE DO TERMO