"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

    1. Acción ou efecto de allear.

    2. Calidade do que non ten sensibilidade ou que se mantén á marxe da realidade das cousas subtraéndose aos seus problemas e renunciando a criticala ou actuar sobre ela.

    3. Estado daquela persoa que sofre algún tipo de perturbación mental.

    4. Cesión que alguén fai de calquera tipo de ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que allea ou aliena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento ou persoa que se torna alleo.

    2. Perder a conciencia da realidade que nos rodea e subtraerse á súa influencia.

    3. Provocar algo que alguén perda o xuízo.

    4. Transferir de calqueira maneira (cesión, doazón, etc) un determinado ben a outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e tipógrafo francés. Participou na Comuna de París, feito polo que foi condenado no 1871 a traballos forzados en Nova Caledonia, para ser amnistiado en 1880. Militou no Partido Socialista Posibilista e promoveu a súa á esquerda, coñecida como allemanista, para provocar a escisión en 1890 e a fundación do Partido Socialista Revolucionario. Escribiu Mémoires d’un communard (Memorias dun comuneiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘respectar, considerar’.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘respectar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Huelva, Andalucía, na Sierra (2.507h [1996]). Hai minas. Ten un castelo (s XV) con restos dunha mesquita (ss XI-XII) e unha igrexa parroquial de estilo manuelino (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e investigador. Catedrático de Prehistoria e Etnoloxía da Facultade de Filosofía e Letras, logo da de Xeografía e Historia, da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais dos seus estudios sobre prehistoria e protohistoria, investigou unha ampla diversidade de temas, acadando sona de erudito en moitas disciplinas, dende a historia das relixións ata a etnoloxía. Froito destas investigacións son os seus escritos Realidad y leyenda de las amazonas (1967) ou Esperando a los bárbaros (1972). Unha constante na súa obra foi o intento de comprensión da prehistoria dende unha perspectiva sociolóxica, situándose na tradición que Gordon Childe e Leroi-Gourhan principiaran. As súas obras máis influentes foron Sociología Prehistórica y Protohistórica (1961) e Nueva Sociología de la Prehistoria (1976). Realizou diversos traballos sobre a cultura galega e de investigación arqueolóxica en diversos lugares de Galicia, dirixindo as escavacións do castro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e mestre canteiro. Realizou a fachada da capela da Misericordia de Tui (1575). En 1594 contratou, xunto ao tudense Gregorio Fernández, o apeo da igrexa do mosteiro de San Salvador de Barrantes (Tomiño). Co sepulcro do Bispo Diego de Torquemada (1598) e co monumento funerario do chantre Lope García Sarmiento (1610), ambos os dous na catedral de Tui, incorporou a tradición da escultura funeraria renacentista na diócese tudense. Como mestre de obras realizou a sancristía e os corredores do Pazo episcopal no conxunto da catedral tudense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na industria dos deterxentes sintéticos, denominación xenérica dos alquilbencesulfonatos facilmente biodegradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, historiador, pedagogo e polígrafo. Foi Catedrático de Historia de Dereito Español na Universidade de Oviedo (1897-1910), dende onde tentou achegar a cultura universitaria á masa obreira, e Catedrático de Historia na Universidade de Madrid (1914-1936). Foi director xeral de Ensino Primario (1911-1913), cargo dende o que creou as escolas ao aire libre. No exilio acadou un gran prestixio internacional pola súa teoría pedagóxica. Nomeado polo Consello da Sociedade de Nacións, interveu na redacción do Anteproxecto do Estatuto do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia, do que foi membro dende 1921 ata 1940. Director do xornal republicano La Justicia e da Revista crítica de historia y literaturas españolas, portuguesas e hispanoamericanas. A súa obra máis importante, como historiador, é a Historia de España y de la civilización española (1906-1911); como pedagogo escribiu, entre outras obras, Giner educador (1915), Pestalozzi y nosotros, Ideario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, (13.519 h[1996]). O turismo acadou relevancia pola irradiación de Benidorm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Eneo, Rei do Calidón e nai de Meleagro. Despois de causar a morte do seu fillo de xeito voluntario, aforcouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero herbáceas da familia das malváceas ao que pertence o malvarisco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘oliva’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. alumar.

    2. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘aceitar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicou artigos sobre temas relacionados coa música e a poesía en revistas como Grial, Galicia turística, Galicia en Madrid, entre os que se contan “Panorama da música galega. Aportación do mestre Rodrigo A. de Santiago”, “Noticia y glosa del Método completo de gaita” ou “Poesía de Miguel González Garcés. Nas faíscas do soño”. Achegouse tamén ao teatro coa publicación dos cadros líricos Romaxe a Teixido (1955), Cantiga (1956) e Era outra vez o muíño (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO