"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito en Oviedo e foi cronista oficial de Viveiro. Director do xornal El Baluarte de Galicia, La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias, colaborou en Faro Asturiano, Galicia e Vida Gallega. Autor de pezas teatrais, poesías e obras en prosa, da súa produción destaca El alma de D. Pedro García, De balcón a balcón, La hoja de otoño e A muller de ferro. Postumamente editouse Fuego del alma! (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militou no Partido Conservador e no ano 1922 foi nomeado director xeral de prisións. Deputado desde 1914, representou o distrito do Carballiño entre 1918-1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Carpinteiro. De nome Luís Costa García, foi membro das Juventudes Libertarias. En xullo de 1937 foi detido e condenado a morte, pena conmutada por cadea perpetua. Liberado en 1943, colaborou na clandestinidade co Comité da CNT galaica e nos contactos co Partido Galeguista para conformar a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, ata a súa detención en 1946. Logo de pasar tres anos na cadea, conseguiu fugarse e pasar a Francia. A partir dos anos cincuenta residiu en Australia, Uruguay e nos EE UU. Das súas obras destacan Pola Liberdade: a loita antifranquista de Luís Costa (2001, primeira edición en castelán 1956); Bibliografía de la Guerra Civil española: 1936-1939 (1964) e La Guerra Civil española. Fuentes (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Constructor e director de teatro de monicreques, foi fundador das compañías Viravolta e Títeres Seisdedos de Lalín, nas que desenvolveu o seu traballo en espectáculos como As ventureiras fazañas de Don Florete de Rocamonte (1982), Contos para ratos mortos (1983), Un conto sin nome (1984), Jasón (1985), Kabaret (1986), Historias con demo (1988), As aventuras do doctor Sabañón (1989), Bosque Piramidón (1990), Historia negra (1991), As olivas (1992), Candil Marabilloso (1993), Guillermo Tell (1996), Barriga Verde (1997) e Hip-Hip Hurra! (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou Maxisterio e traballou como inspector de primeiro ensino. Foi deputado polo distritos de Xinzo (1865-1866 e 1872-1873), Bande (1871-1872) e Verín (1879-1881) e pola provincia de Ourense (1876-1877), e senador por esta provincia nas lexislaturas 1884-1888 e 1891-1893.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cineasta. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma universidade. A súa relación co cine comezou no sector da exhibición, xa que os seus pais tiñan un cine na súa vila natal, e levou a cabo unha serie de proxectos creativos como Ribadavia unha historia de pedra (1980) ou Laxeiro en Madrid (1980). Como investigador, colaborou na prensa diaria e en revistas especializadas en temas audiovisuais. Dirixiu a edición española da Historia Universal del Cine e escribiu Historia del cine en Galicia (1896-1984) (1985), Historia ilustrada del cine español (1985), El cine español: una propuesta didáctica (1992), El cine español contemporáneo (1992), Dicionario filmográfico de Galicia (1993), Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía (1995). Ademais, é coautor da primeira Enciclopedia del Cine español editada...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito e colaborou en varios xornais arxentinos. Escribiu as pezas teatrais La novia del hereje e Venganza de un alma.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveiro e escritor. Licenciado en Xeografía e Historia. Director do Arxiu Històric Municipal e responsable de patrimonio histórico do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Instalado en Barcelona, en 1972 creou IDGA (Irmandade Democrática Galega), na que creou a revista O Mallo. Foi vicepresidente da Asociación de Amigos de la ONU e en 1972 presentou un informe sobre a situación das nacionalidades de España. Foi autor dos ensaios Castelao i Catalunya (1979), Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental (1980), Castelao dende Catalunya (1988) e Os trobadores das terras de Chantada (2001). Publicou, entre outros libros de poesía, Do Faro ao Miño (1978), Memoria doutros corpos (1979), Aquarium: 1976-1981 (1982), Tempo precario (1972-1987) (1988), Paixón e rito (1993), Círculo de luz e xisto (1994), Rosto incompleto (1996), a obra teatral A proclama (1996)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito en Santiago de Compostela, fundou e dirixiu as publicacións La Pluma, La Semana e La Defensa de Galicia, e colaborou en O Tío Marcos da Portela e El Derecho. Da súa produción destacan Luchar por la patria, Gritos del alma, Volvoretas (1887), Chorimas (1890), Leenda de groria (1891) e Follas de papel (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico e fotógrafo. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1988), cursou estudios na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo. Profesor de fotografía na Escuela de Arte de Huesca. A súa pintura encádrase no informalismo de grandes superficies monocromas. Participou, entre outras mostras, na Bienal de Fotografía de Tenerife (1997). Recibiu entre outros galardóns, o Primeiro Premio de Gravado no II Certame Galego de Artes Plásticas (1985) e o Primeiro Premio no Certame de Artes Plásticas Díaz Pardo (1989) e, no eido da fotografía, o Primeiro Premio de Fotografía no Certame Fotográfico Internacional sobre o Camiño de Santiago e o Segundo Premio no Canon World Cup USA 94.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafa. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo individualmente na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (1993) e, colectivamente, en Fotógrafos Galegos, en Viana do Castelo (1991), Novos Valores de Pontevedra (1991 e 1993), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1993) e na II e III Bienal de Artistas Galegas de Vigo (1990 e 1994). Obtivo o segundo premio no certame “Vigo: arquitectura y espacios urbanos” (1989) e o primeiro premio na campaña “Somos diferentes-somos iguais”, organizada pola Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Oficial da Armada partidario do liberalismo, participou no levantamento de Porlier (1815) e no de Ferrol (1820). Exiliado ao final do Trienio Liberal, retornou en 1832 e residiu en Vigo. Participou nos pronunciamentos liberais e progresistas, en 1840 e en 1843, nos que presidiu as Xuntas de Pontevedra. Representou a esta provincia na lexislatura 1836-1837.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Traballou como xefe de relacións exteriores de Unión Fenosa. Foi director da revista Fiestra, redactor xefe da revista Kilovatio e colaborou en Arriba. Tamén exerceu como correspondente do semanario financeiro Empresa 2.000. Escribiu Desde las últimas monteras (Premio Pérez Lugín, 1973), La barca amarilla (1966), Leyendas del kilowatio gallego, Farolas coruñesas e La fundación de los gallegos (Premio Pérez Lugin, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor. Coñecido como Alberto Cortez, en Bélxica gravou os seus primeiros discos e logo estableceuse en España. Interpretou cancións do folclore popular e outras baseadas en textos de grandes poetas, como Antonio Machado, o Marqués de Santillana ou Lope de Vega. Deu recitais por Europa, Latinoamérica e EE UU, e como compositor é autor de éxitos como El abuelo, Castillos en el aire, Mi árbol y yo, En un rincón del alma e Cuando un amigo se va. Da súa discografía destaca Mr. Sucu Sucu (1963), El compositor, el cantante (1969), Distancia (1970), Equipaje (1972), A mis amigos (1975), A partir de mañana (1979), Castillos en el Aire (1980), Sueños y quimeras (1986), Coincidencias (1990), Fe (1998), Cortezías y Cabralidades (1998), En un rincón del alma (2001) e Después del amor (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Titulado en Arte Dramática polo Instituto del Teatro de Xixón, iniciou a súa actividade como actor en Asturias, en diversos espectáculos dos grupos Teatro del Norte, Quiquilimón, ou Toaletta. En 1996 instalouse no Carballiño, onde creou a compañía Nove Dous, e participou como actor nos espectáculos Sobre o dano que fai o tabaco (1997), Crimes anónimos (1998) ou Rexurdimento (2000). Ao mesmo tempo, desenvolveu un amplo labor como animador e monitor teatral nos concellos do Carballiño, Boborás, Lalín e Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Afiliado ao Partido Republicano, foi alcalde da súa vila natal. Ao inicio da Guerra Civil trasladouse a Madrid, incorporouse ao Corpo Xurídico Militar e foi adscrito como fiscal a unha das Brigadas Internacionais. Pasou a Francia en 1939, onde foi recluído en campos de concentración ata que conseguiu embarcar cara a Santo Domingo, de onde se trasladou a Bos Aires a finais de 1940. Escribiu Alambradas: mis nueve meses por los campos de concentración (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cardeal. Coñecido como El Santo Gallego, pertenceu á orde dos dominicanos. Foi bispo de Badajoz (1853) e de Zaragoza (1858). Participou no Concilio Vaticano I e redactou a bula que definiu a infalibilidade do papa. O Papa Pío IX nomeouno cardeal da Orde dos Presbíteros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arabista. Discípulo de Asín Palacios e de J. Ribera, fundou a revista Al-Andalus en 1933. Especialista en literatura árabe, é autor dunha vasta obra dedicada principalmente á relación da poesía andalusí coas orixes da lírica peninsular. Publicou, entre outros títulos, Las jarchas romances de la serie árabe en su marco (1965), Todo Ben Quzmān (1972) e Foco de antigua luz sobre la Alhambra (1988). En 1992 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
VER O DETALLE DO TERMO