"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Sistema de fortificacións defensivas que se construíron en Francia (1929-1932) por iniciativa do ministro de Defensa, André Maginot, para asegurar a fronteira oriental contra un posible ataque alemán. Este produciuse igualmente en 1940, debido a que non cubría a fronteira belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro, músico e pedagogo. Preocupado pola música electrónica, en 1928 creou un novo instrumento musical, as ondas Martenot, que ensinou a manexar no conservatorio de París (1947-1970) e que suscitou un grande interese entre os compositores de vangarda. Estableceu o método Martenot (1952), baseado na práctica do canto e o xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento electrofónico en que cada un dos diferentes sons se produce ao bater dúas ondas de alta frecuencia (da orde de 300 kHz) xeradas por dous osciladores. Pódese modificar libremente a frecuencia dunha das dúas ondas, e variar así a do son resultante, como tamén a amplitude do sinal obtido e, por tanto, a intensidade sonora do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades por medios mecánicos, como masaxes, ou mediante aparatos que obrigan o enfermo a executar determinados movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos coleópteros, da familia dos elatéridos, de corpo alongado e pardo, que viven en bosques de coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona peptídica, sintetizada pola adenohipófise, que estimula a produción de melanina e a pigmentación cutánea. OBS: Tamén se denomina hormona estimulante dos melanocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Nacionalizado estadounidense, as súas óperas realistas representan unha exitosa combinación de situacións dramáticas coa forma tradicional das óperas italianas. Destacan as súas obras The medium (1946), The consul (1950), The Saint of Bleecker Street (1954), Labyrinth (1963) e Goya (1986). Recibiu o Premio Montblanc da Cultura para Europa (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Traballou no Hospital Xeral de Massachusetts, no hospital da   Harvard University e dirixiu o Laboratorio Thorndike do hospital de Boston. Das súas obras destacan Treatment of pernicious anemia by special diet e Pathological physiology and clinical description of anemias. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1934), xunto con Murphy e Whipe, polos seus estudos   sobre o tratamento da anemia perniciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro mítico de corpo humano e cabeza de touro, nacido da unión de Pasífae, muller de Minos, co touro que o deus Posidón, a instancias do rei, lle enviara. Horrorizado pola existencia da nova criatura, Minos fixo construír o labirinto para pechalo e ofreceulle cada ano sete doncelas e sete mozos atenienses, ata que Teseo, axudado por Ariadna, o matou. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Miño na zona portuguesa.

      1. Relativo ou pertencente ao río Miño ou á súa conca.

      2. Natural ou habitante da conca do río Miño.

      1. Relativo ou pertencente ao distrito portugués do Minho ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante do distrito portugués do Minho.

    2. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘galo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cuncha que presenta unha soa cavidade.

    2. Aplícase á flor que presenta un xineceo e unha polinización autogámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á antera que ten unha soa teca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de relixión que afirma que soamente hai un Deus. A variante máis estrita, na afirmación dun único Deus, nega explicitamente todos os outros deuses. Tal é o caso do xudaísmo, o zoroastrismo ou mazdeísmo, o cristianismo e o Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monoteísmo.

    2. Partidario do monoteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que defende unha única vontade en Xesús Cristo. Xurdiu no s VII do monoenerxismo, referido á unidade de enerxía, e representaba unha nova forma de monofisismo que tentaba compaxinar as doutrinas monofisitas coas afirmacións do Concilio de Calcedonia. Difundiuse coa Ekthesis, obra redactada polo patriarca de Constantinopla, Serxio. O monotelismo foi condenado polo Concilio III de Constantinopla (680-681).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao monotelismo.

    2. Seguidor do monotelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición que se fai cun monotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tipo.

      1. Que só ten un representante.

      2. xénero monotípico

        Xénero que ten unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO