"Nava" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 149.
-
PERSOEIRO
Rei de Navarra (1235-1270) e conde de Champagne (Teobaldo IV) e de Brie, fillo de Teobaldo I e de Margarida de Borbón. Accedeu ao trono navarro baixo a rexencia da súa nai, quen, en 1253, asinou o Tratado de Tudela co infante Afonso de Aragón, ratificado por Xaime I de Aragón en Monteagudo en 1254. Esta alianza permitiu a intervención de Xaime I para evitar a invasión castelá en Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do kraj de Trnava, Eslovaquia, situada na chaira do Váh, afluente do Danubio (69.681 h [2000]). Hai industria alimentaria, mecánica, de construcións ferroviarias e de camións. Destaca a catedral gótica do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj de Eslovaquia (4.148 km2; 551.003 h [2001]). A súa capital é Trnava.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica (doutrina da consciencia) do budismo mahāyāna, chamada tamén yogāchāra, que sostén que algo non existe fóra da consciencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán II de Aragón.
-
PERSOEIRO
Raíña de Navarra, condesa de Champaña e de Brie (1273-1304) e raíña de Francia, filla de Enrique I de Navarra e Branca de Artois. A súa nai foi a súa rexente ata 1284, ano en que casou co futuro rei de Francia Filipe IV (Filipe I de Navarra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1328-1349), filla do Rei Luís X de Francia e Margarida de Borgoña. Perdeu os condados de Champaña e de Brie I, que pasaron a Filipe VI de Francia. En 1317 casou co conde de Evreux, futuro Filipe III de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1555-1572) e condesa de Foix, de Bigorra e de Armagnac, vizcondesa de Bearn. En 1548 casou co duque de Vendôme (Antonio I de Navarra).
VER O DETALLE DO TERMO