"Orro" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 157.
-
PERSOEIRO
Barítono, pai da cantante Marta Sánchez López. Coñecido como Antonio Campó, iniciou os seus estudos musicais en 1942 e formouse con Ángeles Otein. En 1945 debutou como baixo en Bilbao nas óperas La Bohème, Ben-Hur e Rigoletto. Cantou ópera con destacados intérpretes, como Bemianino Gigli, Alfredo Kraus e Victoria de los Ángeles, e asistiu á coroación da Raíña Isabel de Inglaterra. Considerado un dos máis destacados intérpretes da lírica española da segunda metade do s XX, deixou gravacións de cantigas galegas de Baldomir, Montes, Canuto Berea e Chané.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (9.336 h [2001]). Ten cultivos de secaño, millo e tubérculos, e actividade industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dermatose caracterizada por elementos pitiriásicos escamentos ou escamo-granulosos, que aparece principalmente nas peles seborreicas.
-
-
Acción de socorrer.
-
Aquilo con que se socorre.
-
Imposto que, na Idade Media, se pagaba a un señor a cambio da herdanza do seu feudo.
-
Exclamación con que se pide auxilio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do latín sucurro, composto de sub ‘baixo, debaixo’ e curro ‘correr‘, ‘correr en auxilio, socorrer’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu nos países occidentais á organización soviética Medždunarodnaja Organizacija Pomožči Tvorcam Revol’ucii (Organización Internacional de Axuda aos Artífices da Revolución, MOPR). Creada en 1922, tiña por finalidade dar axuda material e xurídica e apoio moral aos presos e emigrados políticos, e ás familias dos revolucionarios mortos na loita. En España deu axuda aos perseguidos polos feitos de outubro de 1934 e traballou activamente a favor dos damnificados pola guerra na zona republicana. O seu órgano de expresión era a revista MOPR e, desde 1936, Edinstvo. Á fin de 1937, a dirección pasou a París e durante a Segunda Guerra Mundial cesou toda actividade, agás na URSS, onde se mantivo ata 1947.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Advocación mariana que lembra a Virxe como dispensadora de grazas e favores. Houbo unha primeira devoción ao Socorro ; (s XVI) e unha moderna (ss XIX e XX) ao coidado dos redentoristas, baixo a advocación do Perpetuo Socorro, venerada nunha igrexa de Roma. Represéntase cun pau para mallar nas costas dun demo que ten baixo os pés, ao tempo que o Neno Xesús abre os brazos para auxiliar ao infante que se atopa en perigo. A súa festividade celébrase o 8 de setembro. A Virxe do Perpetuo Socorro represéntase co neno Xesús sentado no brazo esquerdo que coa man dereita colle as mans do infante. A súa festividade celébrase o 27 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao período do Imperio Romano comprendido, aproximadamente, entre o s III e o s V, ambos inclusive.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Corín Tellado, é unha das autoras máis representativas da novela sentimental en España. Publicou máis de 4.000 títulos, dos que destacan Atrevida (1946), a fotonovela Eres una aventurera (1966) e Fin de semana (2005). Recibiu a Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo (1998) e a Medalla de Plata de Asturias (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya (8.244 h [2001]). Destacan os cultivos de cereais, árbores froiteiras, hortalizas, trigo, millo, oliveiras, vide e arroz. As principais actividades industriais son as derivadas da agricultura, a de maquinaria agrícola, e a de construción. A tradicional actividade pesqueira perdeu importancia diante do turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e arquitecto, fillo de Eduardo Torroja Caballé. Profesor na Escuela de Ingenieros de Madrid desde 1939, especializouse en estruturas de formigón. Creou novos tipos de cubertas para o Hipódromo de La Zarzuela (Madrid, 1935), con C. Arniches e M. Domínguez, e para o Camp de les Corts (Barcelona, 1943), de forma asimétrica. Construíu e calculou unha gran cantidade de pontes e acuedutos, das que destaca a ponte do ferrocarril de Tortosa. Publicou Teoría de la elasticidad (1945) e Filosofía de las estruturas (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Anaco de terra cuberto de herba que se levanta coa legoña ou co arado.
-
Masa de terra compacta e maciza.
-
Masa de certa substancia formada por grans miúdos, como o azucre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tarrantés.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na Costa del Sol (11.426 h [2001]). É un núcleo turístico en que tamén ten importancia a agricultura e a industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Voz onomatopeica que imita o son do tambor.
-
Persoa que amosa unha actitude irreflexiva e irresponsable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
zumarento