"Oss" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 183.

  • TERRITORIOS

    Territorio da Antártida que constitúe unha dependencia de Nova Zelanda desde 1923. Esténdese entre os meridianos 160° L e o 150° O, ao S do paralelo 60° S nunha superficie de 414.400 km2 e 330.000 km2 de xeo permanente. Comprende o mar de Ross, parte de Terra Vitoria e o sector próximo ao polo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, explorador e mariño da armada británica. Precursor na exploración de terras polares., tomou parte en diversas expedicións cara ao Ártico, onde localizou a illa de Somerset e o polo magnético, e cara ao Antártico, onde descubriu Terra Vitoria e o mar e a barreira de Ross. O seu tío, John Ross (1777-1856), foi tamén explorador e descubriu con el a illa do Rei Guillerme (1829).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Antártico que se estende entre o cabo Adare, Terra Vitoria ao O e o cabo Colbeck e a península de Edward VII ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico británico. Foi médico militar no Indian Medical Service. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1902) polos seus estudos sobre a orixe da malaria que permitiron a profilaxe desta enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeofísico. Naturalizado estadounidense, realizou importantes investigacións en meteoroloxía e en oceanografía. Investigou as correntes atmosféricas, as súas ondas, que se denominan ondas longas, e estableceu o número que leva o seu nome, que representa a razón entre a forza inercial e a de Coriolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ondulacións de gran lonxitude que se forman na troposfera media e alta, a causa da distribución das presións. En ocasións o número de ondas en altura pode variar de tres a seis, pero na atmosfera tende a adoptar a configuración de catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz, filla de Roberto Rossellini e de Ingrid Bergman. Comezou a súa carreira en Roma como modelo e en 1972 trasladouse a Nova York. Naturalizada estadounidense, dos seus filmes destacan White Nights (1985), Blue Velvet (1986), Death Becomes Her (1992), Fearless (1994), Inmortal Beloved (1994) e Heights (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina, actriz e investigadora teatral, filla de Roberto Rossellini. Participou nas montaxes do Istituto di Ricerca Antropologica sull’Attore di Roma (1978-1981), no chamado teatro del rimosso, do que xorde o subsconsciente. É autora de La liquidazione del corpo (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, irmán de Roberto Rossellini. Relacionado directamente co teatro, dedicou a parte principal da súa produción ao ballet, á ópera e ao oratorio. Escribiu a música de diversos filmes, entre eles, Roma, città aperta (1945) e Stromboli (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico, pai de Isabella e Raffaella Rossellini e irmán de Renzo Rossellini. Principal inspirador do movemento neorrealista, dirixiu Roma, città aperta (1945), Paisà (1947) e Germania anno zero (1948). Posteriormente, realizou un tipo de filmes máis idealistas, en que analizaba os conceptos de soidade e incomunicación. Separado da súa dona, Ingrid Bergman, quen protagonizou moitos dos seus filmes, volveu novamente ao neorrealismo con Il generale della Rovere (1959), Era notte a Roma (1960) e Vanina Vanini (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (1.902 h [2001]). Predomina a agricultura de regadío que se complementa coa gandaría. A industria está representada polos sectores papeleiro e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa, irmá de Dante Gabriele e William Michael Rossetti. Colaborou na revista The Germ (1850), manifesto dos prerrafaelitas. Escribiu Goblin Market (1862), The prince’s progress (1866) e New Poems (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta, irmán de Christina G. e William M. Rossetti. Foi un dos fundadores da Pre-Raphaelite Brotherhood. Desde 1845 a 1858, pintou sobre todo acuarelas con temas de Dante, Shakespeare, Bowning e do círculo do Rei Artur. En 1859 volveu á pintura ao óleo e axiña se apartou do prerrafaelismo, aínda que conservou os temas medievais. A súa preocupación esencial foi a figura feminina. Destacan os retratos da súa esposa, Elisabeth Siddal (1855), Beata Beatrix (1863), e o da súa modelo, Jane Morris, esposa de W. Morris, de quen se namorou, titulado Proserpina (1874). O seu estilo, botticeliano e lineal, converteuse en máis libre e as composicións perderon simplicidade para facerse máis complicadas como Astaré Siríaca (1877). Influíu moito no simbolismo e o modernismo. Destacado membro do prerrafaelismo literario, fundou co seu irmán a revista The Germ e publicou Poems (1870), Ballad and Sonets (1881) e The Early Italian...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico, irmán de Christina G. e Dante Gabriele Rossetti. Foi un dos iniciadores do prerrafaelismo e dirixiu a revista The Germ. Foi autor de recompilacións e estudos de poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Foi profesor en Milán, Venecia, Zúric e EE UU e realizou a ampliación do cemiterio de Modena (1971), dun edificio residencial no barrio Gallaratese de Milán, do Teatro do Mundo de Venecia e do proxecto para a casa de estudantes de Trieste. Durante a década de 1980 centrouse no deseño e realización de obxectos e o seu recoñecemento internacional consolidouse. Como teórico de arquitectura publicou L’archittetura della città (1966) e A Scientific Autobiography (1981). Recibiu o Premio Pritzker (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista italiano. Urbanizou Peterburgo, cidade onde construíu o Palacio Mikhajlovskij (1819-1823), o hemiciclo do Estado Maior, diante do Palacio de Inverno, o Teatro Aleksandrinskij (1832) e a praza dos Decembristas, cos edificios do Senado e do Sínodo, unidos por un arco de triunfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Cecchino Salviati, formouse con Andrea del Sarto e con Perin del Vaga. Foi un dos introdutores en Venecia da corrente manierista de tradición florentina e romana. Recibiu a influencia de Michelangelo. Destacan os seus frescos da igrexa de Santa Maria dell’Anima de Roma (1541-1544), do Palazzo Vecchino de Florencia (1544) e do Palazzo Farnesede Roma (1555). En 1554 foi a Francia, onde participou na decoración do palacio de Fontainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estableceuse en Roma, onde foi organista e intérprete de laúde. Foi autor da ópera Orfeo (1647), do oratorio Giuseppe, figlio di Giacobbe (1640?) e doutras composicións vocais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista italiano. Debutou no campionato do mundo en 1996, e gañou ese mesmo ano a súa primeira carreira, o Gran Premio de República Checa. Proclamouse campión nas categorías de 125 cc (1997), 250 cc (1999) e 500 cc (denominada Moto GP desde 2002) entre os anos 2001 e 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Especializado en filmes de montaxe, traballou sobre a ocupación de Varsovia, como en Le temps du ghetto (1961); a Guerra Civil Española, como Mourir à Madrid (1962); a Revolución Rusa, en La Revolution d’Octobre (1967); e o mundo dos animais en La fête sauvage (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO