"Oza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
PERSOEIRO
Nobre castelán, avó do marqués de Santillana. Fiel a Pedro I o Cruel, desde 1366 serviu a Enrique II de Castela e despois o seu sucesor Xoán I. Ao entrar este en Portugal en 1383 foi nomeado rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que forma parte do sistema montañoso da Cova da Serpe e está situado no límite das parroquias de Grixalba (Sobrado) e Curtis, no concello homónimo. O seu cumio acada os 572 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Rebordechau (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.536 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aristócrata e avó do marqués de Santillana, consérvanse dúas composicións en galego da súa autoría, recollidas no Cancioneiro de Baena: nunha reproduce a morte por amor e noutra dedícalle unhas palabras a unha doncela que decide ingresar nun convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
covachada.
-
CAPITAIS
Capital da República de Carelia, Rusia, e porto no lago Onega (282.000 h [1997]). Fundada en 1703, é un núcleo de industrias de construción mecánica e metalúrxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Xallas, que nace e desemboca na parroquia de Brandoñas (Zas).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pequeno buraco no terreo que contén auga acumulada.
-
Encoro pequeno onde se recolle auga para diversos usos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, tres bandas de goles perfiladas de ouro.
-
GALICIA
Político e médico. Obtivo o título de mestre e foi frofesor de debuxo en Pontevedra. Posteriormente licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou o Sanatoria Médico Quirúrgico Pozas (1902) e dirixiu o hospital de Pontevedra. Pertenceu ao Partido Republicano Radical Socialista e á Unión Republicana, da que foi presidente e pola que foi elixido deputado en 1936. Ao comezo da Guerra Civil foi detido e condeado a morte e, conmutada a pena, estivo catro anos no cárcere da illa de San Simón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Dirixiu Escuela Moderna de Pontevedra cara a finais do s XIX, centro de ensino de renovación pedagóxica baixo a influencia da ILE, que pretendía o ensino integral, teórico-práctico, baseado na educación moral e relixiosa, física, intelectual e estética. Dirixiu El Grito del Pueblo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Carballido (A Fonsagrada) e San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 884 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Castro de Cabras (Lalín). O seu cumio acada os 731 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira esquerda da ría de Camariñas, situada na parroquia de Leis de Nemancos (Muxía).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Lodoselo (Sarreaus). O seu cumio acada os 620 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Gundriz (Samos). O seu cumio acada os 1.443 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Barroso (Avión). O seu cumio acada os 812 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e xornalista. Foi director da Escuela Nueva de Pontevedra, centro de renovación pedagóxica adscrito ao radical-republicanismo, e tamén dirixiu a Escola Normal de Maxisterio de Pontevedra; ademais foi profesor da Escuela Normal de Maestros de Barcelona. Colaborou no Diario de Pontevedra. Despois exiliouse a EE UU onde ensinou castelán na Eastman School of Languages and Business (1940) e dirixiu o Poza Institute of Languages and Business (1941). En 1938 foi redactor-xefe de La Voz de Nova York. A partir de 1943 foi profesor do Brooklyn College en Nova York. Escribía baixo o pseudónimo de Xan Calqueira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político, sobriño de Celestino Poza Cobas. Foi director do diario La Libertad e gobernador civil de Ourense durante a Segunda República. Participou na asemblea de concellos de Galicia (1932) para aprobar a proposta do Estatuto de Autonomía. Defensor do republicanismo, ingresou en Acción Republicana (1933). Foi deputado pola Federación Republicana Gallega (FRG) en 1933.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Morillas (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 766 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO