"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Compositor norteamericano. Realizou estudos na Eastman School, onde foi profesor dende 1937. As súas obras caracterízanse por un estilo dodecafónico libre. Destaca a súa peza Concerto para saxofón (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Representou escenas domésticas e interiores, sobre todo de rapaces. Amosou a súa obra, realizada entre 1856 e 1882, na Real Academia e na Real Sociedade de Artistas Británicos. As súas obras de temática española son Joven española e Joven con abanico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid e en Ciencias Empresariais e Administración de Empresas polo ICADE, e graduado pola Escola de Comercio de París (ESSEC). É membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Foi profesor de Economía Agraria no Instituto Nacional de Estudios Agrarios en Valladolid e de Estrutura Económica na Universidad de Madrid (1966-1970). Durante os últimos anos do franquismo foi avogado defensor en xuízos políticos perante o Tribunal de Orden Público e de traballadores no Tribunal Nacional del Trabajo. Foi deputado do Parlamento español polo PSOE (1977-1986) e ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións (1982-1985). Dende 1986 é membro do Parlamento Europeo. Foi presidente do Movemento Europeo Internacional (1987) e presidente do Parlamento Europeo (1989-1992). Na lexislatura 1994-1999 foi presidente do Comité de Asuntos Exteriores e Seguridade, e en 1999-2004, membro da Comisión de Asuntos Constitucionais. Publicou numerosos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e editor. A súa actividade como editor iniciouna na editorial Seix Barral de Barcelona, fundada no ano 1945; por causa de diferencias internas entre os seus editores, fundou no ano 1969 Barral Editores, dende onde promoveu a literatura en lingua española, sobre todo hispanoamericana, e a tradución de obras estranxeiras. Paralelamente a esta tarefa editora, publicou os libros: Las aguas reiteradas (1952), Metropolitano (1957), Diecinueve figuras de mi historia civil (1961), Usuras (1965), Figuración y fuga (1966), Informe personal sobre el alba (1970), Años de penitencia (1975), Los años sin excusa (1978), Catalunya des del mar (1982), Catalunya a vol d’ocell (Catalunya a voo de paxaro, 1985) e Los diarios (1993), que apareceu postumamente. Foi senador socialista entre os anos 1982 e 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e paleontólogo. Doutor en Ciencias, obtivo a cátedra de Xeoloxía e Mineraloxía na Universidade da súa cidade natal. Foi secretario do Congreso Internacional de Xeoloxía de 1900 e ingresou na Academia das Ciencias de Francia no 1904. Realizou viaxes de investigación por gran parte da Europa Atlántica, publicando memorias sobre as súas expedicións a Inglaterra e Irlanda (1876), As Ardenas (1878), Boulogne (1879), Bretaña (1886), Asturias (1879) e tamén Galicia, sobre a que editou en 1882 Recherche sur les terrains anciens des Asturies et de la Galice (Investigación sobre os terreos antigos de Asturias e de Galicia).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse no estudo das mentalidades e das identidades colectivas no mundo medieval, tema sobre o que realizou a súa tese de doutoramento Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña, favorables y contrarios (1989) e, posteriormente, elaborou numerosos traballos, entre os que cómpre salientar: A mentalidade xusticieira dos Irmandiños (1988), traducida ao español en 1990, ou Viva El-Rei!: ensaios medievais (1996). Tamén se preocupou polo Ascenso e caída do Mariscal de Pardo de Cela, traballo que foi galardoado co Premio de Investigación Antón Losada Diéguez en 1988. Así mesmo, traballou sobre a recuperación do suxeito social dende unha perspectiva historiográfica, especialidade sobre a que publicou o libro Historiografía fin de siglo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro. Foi tamén guionista, asistente de dirección e actor ocasional. Un dos seus filmes máis coñecidos é Osso, amor e papagaio, codirixido por César Memolo en 1956, unha sátira baseada na obra de Lima Barreto. Realizou tamén O mundo alegre de Helô (1966), Jerry, a gran parada (1967), As alegres vigaristas (1974) e Un marido contagiante (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Viaxou por Italia, Francia, Grecia, Turquía e Palestina. Realizou diversas igrexas en estilo neogótico. Proxectou o Real Instituto de Belas Artes de Manchester (1824) onde empregou as características da arte grega e introduciu o neorrenacemento en Inglaterra co Travellers’ Club (1829-1831), estilo que continuou no Reform Club (1837) e na Bridgewater House (1847). Xunto con Augusto Pugin iniciou a reconstrución en estilo neogótico do pazo de Westminster, destruído no 1834 por un incendio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo suízo da Igrexa Reformada. Foi mestre de dogmática en Göttingen, en Münster e en Bonn. O primeiro intento de sistematización do corpo mundial do Cristianismo foi Die christichle Dogmatik im Entwurf (Prolegómenos á dogmática cristiá, 1927). Con Fides quaerens intellectum (1931), desfíxose dos últimos detalles dos fundamentos filósoficos ou antropolóxicos da doutrina cristiá. Negoulle o xuramento de fidelidade a Hitler e perdeu a cátedra de Bonn (1935); dende entón foi mestre en Basilea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou como asistente de dirección de Wellman, para logo traballar con actores como Abbott e Costello en parodias do cine de terror e tamén filmes cheos de ironía e bo humor. Participou tamén na realización de televisión. Entre as súas películas destacan: Wagon wheels (As rodas do vagón, 1934), Rose bowl (A bola rosa, 1936), Island of doomed men (A illa dos homes con sorte, 1940), Shut my big mouth (Pecha a miña gran boca, 1942), The beautiful cheat (A marabillosa trampa, 1945), Abbott and Costello meet Frankenstein (Abbott e Costello coñecen a Frankenstein, 1948) e Swinging along (Movéndose ao longo, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Foi mestre de Filoloxía Románica e Xermánica na Universidade de Rostock, onde fundou o primeiro instituto de xermanística (1858), e máis tarde ensinou na Universidade de Heidelberg (1871). Publicou numerosas obras sobre literatura provenzal das que destaca Grundniss zur Geschichte der proveszalinchen Litteratur (Resumo de historia da literatura provenzal, 1872). Dirixiu a revista Xermania e publicou unha edición do Canto de Ramón de Ramón Llull.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico alemán autor dunha descrición clásica do bocio exoftálmico (1840) ou enfermidade de Basedow, caracterizada por un trastorno endocrino debido a un excesivo funcionamento da glándula tiroidea, o hipertiroidismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, animador teatral e director de escena. Desenvolve a súa actividade na comarca da Ferrolterra impulsando iniciativas moi diversas, desde a promoción de grupos de teatro no eido escolar e asociativo ata a participación en diversas propostas de formación teatral de ámbito municipal. Participou igualmente na creación de grupos tan significativos como o Teatro Círculo de Perlío ou a Agrupación Teatral Tagallo, coa que dirixiu pezas como A boda do latoeiro (1982), a partir dunha obra de John M. Synge. En 1995 formou parte do elenco no espectáculo A larva furiosa, dirixido por Manuel Lourenzo e realizado pola Compañía Luís Seoane, en coprodución co Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz francesa de cine e teatro coñecida popularmente por Arletty. A súa traxectoria artística vai ligada á de Marcel Carné, para quen realizou as mellores interpretacións en Le jour se lève (A xornada comeza, 1939), Les enfants du paradis (Os rapaces do paraíso, 1944) e Les visiteurs du soir (Os visitantes do anoitecer, 1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista italiano, catedrático de Lingüística Románica na Universidade de Florencia (1925-1952). Cultivou a toponimia, a etimoloxía e a dialectoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Cursou estudios en Lyon (1832-1836) e París (1836-1839). Despois dunha viaxe á India, motivada polo enfrontamento co seu padrasto, o coronel Aupick, estableceuse en París frecuentando os ambientes bohemios. En 1845 comezou a publicar poemas en revistas, artigos de crítica de arte en forma de artigos ou panfletos -foi un gran defensor de Delacroix-, un único conto La Fanfarlo (1847), e a partir de 1848, a longa serie de traducións de obras de Edgar Allan Poe. En 1857 apareceu a primeira edición de Les fleurs du mal (As flores do mal), libro que foi obxecto dun proceso e dunha sentenza condenatoria por ofender a moral pública e os bos costumes. Como consecuencia, obrigóuselle a retirar do libro seis poemas: “Les bijoux”, “Le Léthé”, “A celle qui est trop gaie”, “Lesbos”, “Femmes damnées” e “Les Metamorphoses du vampire”. Só a partir de 1911 apareceron edicións completas da obra e o proceso foi considerado nulo pola Corte Suprema en 1949. Na poesía francesa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e profesor de Ciencias Políticas norteamericano. É autor de An economic interpretation of the Constitution of the United States (Unha interpretación económica da Constitución de Estados Unidos, 1914), The rise of american civilization (O apoxeo da civilización americana, 1927), American foreign policy in the making (Cómo se fai a política exterior americana, 1932-1940) e President Roosevelt and the coming of the war (O presidente Roosevelt e a chegada da guerra, 1941), onde acusaba o presidente norteamericano de ter conducido ao país á guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarín, mestre de ballet e coreógrafo francés. Durante vinte anos foi o mestre de baile de Luís XIV e asumiu a dirección da escola da Académie Royal de Dance. Fixou as regras tradicionais da danza francesa nobre, estruturou a técnica da danza clásica e definiu as cinco posicións clásicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e axente secreto, coñecido co sobrenome de Cabaleiro de Eon. Pola súa constitución física afeminada foi encargado por Luís XV para realizar unha misión secreta en Rusia no ano 1756, facéndose pasar por muller, logrou enganar a Emperatriz Isabel I e conseguiu unha mellora das relacións franco-rusas. Loitou durante a Guerra dos Sete Anos (1756-1763) e foi secretario da embaixada francesa en San Petersburgo e Londres (1762-1777). Escribiu Loisirs du chevalier d’Eon (Distraccións do cabaleiro de Eon, 1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista francés. Foi un dos máis prestixiosos organistas do momento; exerceu en Lyon no Hospice de la Charité, na Académie des Beaux Arts, dende 1763 e en Notre-Dame, dende 1783. Na súa produción destacan numerosas pezas para órgano e as sonatas para teclado e violín.
VER O DETALLE DO TERMO