"Ulla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 174.

  • Construción situada en Salceda de Caselas. Ten forma de U con dous andares, que se comunican por unha escaleira cunha solaina con balaustrada. Destaca a porta de entrada ao predio, flanqueada por dous cubos, con cruces sobre remates semiesféricos, e o escudo de armas dos Correa. Nos arredores conta cun hórreo e unha capela de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas).Ten planta en forma de U e dúas alturas; á principal accédese por unha dobre escalinata con solaina, sostida por columnas e cunha balaustrada. O recinto completouse cun hórreo e unha capela exenta de grandes proporcións e planta rectangular, e está rodeado dunha muralla cun gran portal de acceso que leva o escudo de armas dos Correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director de La Voz de Galicia (1968-1977), onde publicaba a sección “Cabos sueltos”. Traballou en Radio Coruña e outros xornais nacionais e estranxeiros, e colaborou en diversas publicacións, como a Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vedra. Construíuse ou reedificouse no s VIII por orde de Odoario, bispo de Lugo. De estilo románico, ten planta rectangular cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No muro sur engadiuse unha capela con bóveda oxival de cinco claves, posiblemente do s XVI. No interior destacan os frescos do s XVI do arco central que representan a Anunciación. No exterior destaca a espadana con remate triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pinza para soster as agullas que se empregan na realización de suturas cirúrxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Príncipe encantado que vive no río Ulla entre Padrón e Pontecesures, que provoca enchentes ao botar auga pola boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palabras que se dirixen a alguén para criticalo ou como burla.

    2. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘fonte’.

    3. Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político, fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Membro do PSdeG-PSOE, foi alcalde de Ferrol (1979-1987). Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, e correspondente das academias de medicina de Murcia, Santa Cruz de Tenerife, Oviedo e Madrid. Colaborador de La Voz de Galicia, escribiu El complejo mundo del suicida (1994). Recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a cruz ao Mérito Naval e a cruz da Orden Civil de Sanidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue 31 parrroquias dos concellos de Touro, Boqueixón, Vedra e Silleda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e xurista. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, ingresou no corpo xurídico militar, foi auditor xeral do exército, fiscal do Consello Superior de Guerra e Mariña e gobernador civil de Huelva e Valladolid. Colaborador de diversos periódicos, foi autor da tradución Historias conmovedoras (1881) e escribiu, xunto a Fausto Manzaneque Montes, Comentarios a la ley de enjuiciamiento militar y formularios completos arreglados a la misma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e dramaturgo. Coñecido como Corcón, colaborou en xornais, como El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia; e emisoras radiofónicas, como Radiocadena Española, Radio 4 (RNE) e Radio Galega. Produtor de programas culturais da TVG (1987-1989), foi axudante de produción na longametraxe El bosque animado (1986) e director de produción nas curtametraxes Memorias dun parado (1991), Estela do Río (1991) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Autor e actor da obra teatral Festa Rachada (1985), estreou e dirixiu as obras teatrais Furga garabela! (2001) e Salitre (2003); ademais foi guionista dos programas Nós, os consumidores (1992-1993), Galicia enteira (1994) e Galeguidade (1995-1996), e das series de televisión Mareas Vivas (2000) e Pratos Combinados (1996-1999), onde tamén participou como actor (2001-2003). No apartado literario publicou Igor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Henrique Rivadulla Conde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pazo de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos II en 1681, co vizcondado previo de San Julián, a Andrés Ibáñez de Mondragón, Ozores de Sotomayor (Santiago de Compostela 19.8.1645-26.10.1709), rexedor de Santiago de Compostela e señor das casas de Mondragón e Ortigueira. Sucedeuno a súa sobriña Isabel Salgado de Mondragón , II marquesa de Santa Cruz de Rivadulla, á que sucederon os seus fillos Ignacio Antonio de Armada e Mondragón , III marqués de Santa Cruz de Rivadulla. Os seus sucesores foron Juan Antonio de Armada e Mondragón , IV marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Juan Ignacio de Armada Ibáñez (1757-?), V marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Juan Antonio de Armada e Guerra (1796-?), VI marqués de Santa Cruz de Rivadulla e fillo do anterior; Iván de Armada e Fernández de Córdoba , VII marqués de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Piura, Perú, situada na beira dereita do Chira (147.361 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO